A Fonsagrada

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fonsagradino», «buroego» [6] ou «brañego».

Coordenadas: 43°7′58.8″N 7°4′1.2″O / 43.133000, -7.067000

A Fonsagrada
Escudo de A Fonsagrada
Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol
Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol
Situacion A Fonsagrada
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Fonsagrada
Poboación3.589 hab. (2018)
Área438,4 km²
Densidade8,19 hab./km²
Entidades de poboación29 parroquias
Capital do concelloA Fonsagrada
Política (2019 [2][3])
AlcaldeCarlos López López (PSdeG-PSOE[4])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais na Fonsagrada
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes86,59%
Na rede
http://www.afonsagrada.org

Xeografía

Demografía

Censo total 3.589 (2018)
Menores de 15 anos 176 (4,90 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (54,81 %)
Maiores de 65 anos 1.446 (40,28 %)

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación da Fonsagrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
17 302 15 807 13 925 9 392 5 007 4 412 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbera poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Cultura

Toponimia

A Fonsagrada procede do latín fontem sacratam 'fonte sagrada' [7]).

A Fonsagrada na literatura popular

  • Adiós, nenas, que nos imos;/ adiós, nenas, que nos vamos;/ a Virgen da Fonsagrada/ mándavos muitos recados [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Fonsagrada.
Camiñante e Seimeira de Vilagocende

Nas proximidades da Fonsagrada, a seimeira de Vilagocende.

Cabozo (Moreira, A Fonsagrada)

Cabozo (parroquia de Lamas de Moreira).

Aros da Fonsagrada

Xoia típica: aros da Fonsagrada.

Casa do Concello da Fonsagrada, Lugo

Antiga casa do concello da Fonsagrada.

Concello Fonsagrada

Casa do concello da Fonsagrada.

Paisaxe A Fonsagrada

Vista das montañas do concello.

Lugares da Fonsagrada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. El PSOE recurre a su número dos en A Fonsagrada (Lugo) al mantener el BNG su veto sobre el que fue alcalde 12 años
  4. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Fonsagrada". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx 107. ISBN 978-84-9865-892-1
  8. Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932): Vocabulario del bable de occidente.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Allonca, A Fonsagrada

Santa María da Allonca é unha parroquia do concello da Fonsagrada. Segundo o IGE, en 2015 tiña 21 habitantes (10 homes e 11 mulleres), repartidos en 11 entidades de poboación. A súa poboación está en regresión xa que en 1991 tiña 65 habitantes. Limita ao norte coa parroquia de Lamas de Campos; ao sur con Fonfría e Monteseiro; ao leste con Asturias e ao oeste coa Bastida.

A Bastida, A Fonsagrada

San Miguel da Bastida é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007 cando tiña 56 habitantes.

A Fonsagrada, A Fonsagrada

Santa María de A Fonsagrada é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 1 126 habitantes (544 homes e 582 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007, cando tiña 1 202 habitantes. Aínda así, segue a ser a parroquia máis poboada do concello.

A Trapa, A Fonsagrada

San Cibrán da Trapa é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 89 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 48 homes e 41 mulleres. O que supón unha diminución de 35 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 124 habitantes (67 homes e 57 mulleres).

Bruicedo, A Fonsagrada

Santiago de Bruicedo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 35 habitantes, deles 20 eran homes e 15 eran mulleres.

Carballido, A Fonsagrada

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.

Cereixido, A Fonsagrada

Santiago de Cereixido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 79 habitantes (44 homes e 35 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 119.

Comarca da Fonsagrada

A comarca da Fonsagrada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada. A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. No ano 2014 tiña 5.563 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,6 quilómetros cadrados. O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca.

Cuíñas, A Fonsagrada

San Cristovo de Cuíñas é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 104 habitantes (61 homes e 43 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 140.

Freixo, A Fonsagrada

San Xulián de Freixo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 132 habitantes (76 homes e 56 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 178.

Lamas de Campos, A Fonsagrada

San Roque de Lamas de Campos é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 142 habitantes (74 homes e 68 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 163.

Lamas de Moreira, A Fonsagrada

Santa María de Lamas de Moreira é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 241 habitantes (130 homes e 111 mulleres).

Monteseiro, A Fonsagrada

San Bartolo de Monteseiro é unha parroquia do concello lucense da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 43 habitantes (19 homes e 24 mulleres).

O Trobo, A Fonsagrada

Santa María do Trobo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 133 habitantes (80 homes e 53 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 175.

Pacios, A Fonsagrada

Santa María de Pacios é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 67 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 36 homes e 31 mulleres. O que supón unha diminución de 22 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 89 habitantes (50 homes e 39 mulleres).

Piñeira, A Fonsagrada

Santa María de Piñeira é unha parroquia do concello lugués da Fonsagrada na comarca da Fonsagrada. Tiña 98 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 61 homes e 37 mulleres distribuídos en 14 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 42 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 140 habitantes (84 homes e 56 mulleres) e 83 menos que en 2000.

San Pedro de Neiro, A Fonsagrada

San Pedro de Neiro é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 89 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 44 homes e 45 mulleres. O que supón unha diminución de 22 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 111 habitantes (55 homes e 56 mulleres).

Santo André de Logares, A Fonsagrada

Santo André de Logares é unha parroquia do concello de Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 156 habitantes, deles 81 eran homes e 75 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 213 habitantes.

Vieiro, A Fonsagrada

Santo Antonio de Vieiro é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 92 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 50 homes e 42 mulleres distribuídos en 11 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 8 habitantes respecto ao ano 2015 cando tiña 100 habitantes (52 homes e 48 mulleres) e 40 menos que en 2007.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.