A Estrada

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés»[4] (forma oficial), estradense[5] (forma popular) ou estratense (forma culta)[6].

Coordenadas: 42°41′21″N 8°29′14″O / 42.68917, -8.48722

A Estrada
Bandeira de A Estrada
---
Escudo de A Estrada
A Estrada. Town Hall
Concello da Estrada.
Situacion A Estrada
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación20.661 hab. (2018)
Área281,8 km²
Densidade73,32 hab./km²
Entidades de poboación458
Capital do concelloA Estrada
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Carlos López Campos (PP)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 12
PSdeG-PSOE: 6
Outros: MÓVETE 2
Eleccións municipais na Estrada
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes66,42%
Na rede
aestrada.gal

Xeografía

Demografía

Censo total (2018) 20 661 habitantes
Menores de 15 anos 2455 (11.88 %)
Entre 15 e 64 anos 12 477 (60.39 %)
Maiores de 65 anos 5 729 (27.73 %)
Evolución da poboación da Estrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
23.916 26.623 28.169 25.719 22.217 21.828 21.759 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro. A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.

En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando que o nome do concello fose A Estrada, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.

O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.

O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o rei Afonso XII outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, o seu fillo Afonso XIII, o de Excelentísimo.

Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.

Cultura

Toponimia

O nome procede[6] do latín strata ("terra pisada por onde se anda; camiño")[7]. Neste lugar cruzábanse dous camiños: o que ía de sur a norte, desde a Terra de Montes, Ourense e Portugal, que seguían os arrieiros e peregrinos cara Santiago de Compostela, e de leste a oeste, desde o Deza, Trasdeza e o interior de Galiza, por onde arrieiros e, máis tarde, carrilanas, se dirixían á costa.

Como premisa dunha hipótese máis complexa, Cabeza Quiles [8] baséase na escaseza documental da voz estrada (fronte a strata) nos tombos de Sobrado dos Monxes, Samos ou Oseira observada por Pensado Tomé, así como a súa ausencia tamén de datos en Mondoñedo, Celanova, San Pedro de Ramirás ou San Pedro de Rocas e na antiga lexicografía do padre Sarmiento, do padre Sobreira, Xoán Manuel Pintos, Cornide e Cuveiro. A súa teoría supón a perda do uso común deste lexema para máis tarde recuperarse co significado actual de estrada, hipótese compartida por Benigno Fernández Salgado. Como topónimo da actual capital de concello, utilizábase inicialmente Tabeirolos (que deu Tabeirós) e logo contra 1600 San Paio de Figueroa, ata a época de Sarmiento que documenta A Estrada contra 1750. Polo tanto, e sempre segundo Cabeza Quiles, a data de aparición é demasiado serodia para que o topónimo proceda do latín (via) strata (participio do verbo sternere, "espallar, botar pedra por riba do chan; empedrar") e propón un étimo alternativo na participio do verbo popular galego estrar ("botar estrume nas corredoiras con lama, sobre todo en inverno").

Goberno e política

Artigo principal: Eleccións municipais na Estrada.
A Estrada 2005 GFDL25
Casa do Concello

Actualmente, o alcalde do concello da Estrada é José Carlos López Campos do PPdeG. O anterior alcalde foi José Antonio Dono López, do Partido Socialista Obrero Español, quen lle arrebatou a alcaldía ao popular Manuel de la Calle, sucesor do anterior alcalde Ramón Campos Durán, tralas eleccións de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do BNG, son o Partido Popular, cuxo portavoz no pleno foi Miguel Ramón de la Calle Amaro, o Bloque Nacionalista Galego con Xosé Magariños Maceiras e Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE) con María del Mar Blanco Casais.

O concello da Estrada estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.

A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente por 9 concelleiros do PPdG. A corporación municipal está formada por 21 membros, 11 do PPdeG, 8 do PSdeG-PSOE, 1 de Móvete e 1 do BNG.

Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[9]
Partido Votos % Concelleiros
PP 7.394 52,57 % 12
PSOE 3.469 24,67 % 5
BNG 2.820 20,05 % 4
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[10]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 6168 42,6 % 9
PP 4472 30,89 % 7
BNG 1901 13,13 % 3
CIDEGA 1390 9,6 % 2

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Estrada
A Estrada 030114 009

Praza da Farola

A Estrada 2005 GFDL26

Igrexa

Casa consistorial da Estrada

Casa Consistorial

A Estrada 2005 GFDL27

Palco de música á beira do concello

A Estrada 2005 GFDL28

Fonte e pombas

A Estrada 2005 GFDL30

Fiestras da igrexa

A Estrada 2005 GFDL36

Parque infantil

A estrada102eue

IES Manuel García Barros

Festividades

Son famosas a Festa do Salmón e a rapa das bestas de Sabucedo. As festas patronais son na honra a San Paio e celébranse o 26 de xuño.[11]

A Estrada na literatura popular

  • As nenas de Paradela/ elas son moi bailadoras,/ bailan na punta do pé/ como se foran señoras [12].
  • Canta, miña prima, canta./ ¡No adro de Paradela/ non entra mellor garganta [13].
  • O pandeiro toca ben,/ as ferreñas danlle o son,/ as meniñas que o tocan/ de Paradela elas son [14].

Lugares da Estrada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Estrada vexa: Lugares da Estrada.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, 2016, p. 48
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estradense.
  6. 6,0 6,1 Costas González, 2016, p. 19
  7. Cabeza Quiles, Fernando (2006). Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo (PDF). A estrada, Miscelánea histórica e cultural 9. p. 115.
  8. Fernando Cabeza Quiles (2008:257, 258, 260, 263) Toponimia de Galicia. Vigo:Editorial Galaxia
  9. Eleccións municipais de 2003
  10. Eleccións municipais de 2007
  11. aestraga.gal (ed.). "Festas". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
  12. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. Santa María de Paradela é unha parroquia do concello da Estrada.
  13. Fermín Bouza-Brey, en Nós 96, 15.12.1931, 236.
  14. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. No orixinal: danlle o són.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bouza-Brey, F (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", Nós.
  • Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7.
  • Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 66. ISBN 978-84-8158-706-7.
  • Varela Castro, Pedro (1923). La Estrada (en castelán). Tipografía de «El Eco de Santiago». p. 252.

Outros artigos

Ligazóns externas

A Estrada, A Estrada

San Paio da Estrada é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2009 tiña 9 196 habitantes (4 741 mulleres e 4 455 homes), distribuídos en 5 entidades, o que supón un aumento respecto de 1986 cando tiña 6 445 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 151 persoas. Nesta parroquia está a vila da Estrada, capital do concello.

Aguións, A Estrada

Santa María de Aguións é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (140 mulleres e 131 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 332 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 197 persoas.

Arnois, A Estrada

San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.

Berres, A Estrada

San Vicenzo de Berres é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Estrada. Segundo o IGE en 2010 tiña 431 habitantes (206 mulleres e 225 homes), distribuídos en 15 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 549 persoas.

Callobre, A Estrada

San Martiño de Callobre é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 426 habitantes (239 mulleres e 187 homes), distribuídos en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 667 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 372 persoas.

Codeseda, A Estrada

San Xurxo de Codeseda é unha parroquia do concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.

Guimarei, A Estrada

San Xiao de Guimarei é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 391 habitantes (196 mulleres e 195 homes), distribuídos en 19 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 589 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 417 persoas.

Matalobos, A Estrada

Santa Baia de Matalobos é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 302 habitantes (164 mulleres e 138 homes), distribuídos en 6 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 406 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 190 persoas.

Oca, A Estrada

Santo Estevo de Oca é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 242 habitantes (130 mulleres e 112 homes), distribuídos en 9 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 295 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 persoas.

Orazo, A Estrada

San Pedro de Orazo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 327 persoas (185 mulleres e 165 homes), distribuídos en 11 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 489 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 407 persoas.

Ribeira, A Estrada

Santa Mariña de Ribeira é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2013 tiña 298 habitantes (140 homes e 158 mulleres), distribuídos en 11 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 314 habitantes.

Rubín, A Estrada

Santa María de Rubín é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 404 habitantes (213 mulleres e 191 homes), distribuídos en 15 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 492 habitantes.

Sabucedo, A Estrada

San Lourenzo de Sabucedo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 60 habitantes (31 mulleres e 29 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes.

San Miguel de Castro, A Estrada

San Miguel de Castro é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 268 habitantes (138 mulleres e 130 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 319 habitantes.

San Pedro de Ancorados, A Estrada

San Pedro de Ancorados é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 279 habitantes (142 mulleres e 137 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.

San Xiao de Vea, A Estrada

San Xiao de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 215 habitantes (101 mulleres e 114 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 251 habitantes.

Santa Cristina de Vea, A Estrada

Santa Cristina de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 373 habitantes (182 mulleres e 191 homes), distribuídos en 19 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 382 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 393 persoas.

Santo André de Vea, A Estrada

Santo André de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 384 habitantes (215 mulleres e 169 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.

Tabeirós, A Estrada

Santiago de Tabeirós é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 344 habitantes (194 mulleres e 150 homes), distribuídos en 13 entidades, o que supón unha diminución respecto do ano 1986 cando tiña 603 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 561 persoas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.