A Estación, A Pobra do Brollón

A Estación, tamén chamada A Estación da Pobra do Brollón, é un núcleo e aldea do concello da Pobra do Brollón, que forma parte de tres parroquias: Abrence, Castroncelos e Cereixa.

A Estación está situada moi preto, a escasos 2 km, da capital municipal, ao norte da estrada N-120 e da vía de ferrocarril A Coruña-Palencia.

A Estación
Estación Pobra do Brollón
A estación de tren que dá nome ao núcleo.
ParroquiaAbrence, Castroncelos, Cereixa
ConcelloA Pobra do Brollón
Poboación155 hab. (2007)

Historia

O núcleo ten a súa orixe a finais do século XIX coa apertura da liña de ferrocarril A Coruña-Madrid en 1883 e a construción da estación do ferrocarril da localidade da Pobra do Brollón.

Demografía

Contaba en 2007 con 155 habitantes, 73 de Abrence, 66 de Castroncelos e 16 de Cereixa, sendo unha das aldeas máis poboadas do concello.

Festividades

San Isidro Labrador

As festas da aldea son cara o 15 de maio, na honra á San Isidro Labrador, patrono da aldea.

Feira

Tódolos meses, o día 2 celébrase a feira na Estación.

Lugares e parroquias

C-533

A C-533 era a denominación da antiga estrada que unía A Gudiña e Lalín, cun percorrido de 190 km. Atravesaba Viana do Bolo, A Rúa, Montefurado, Quiroga, A Estación (A Pobra do Brollón), Monforte de Lemos, Escairón, Chantada, o monte Faro, e Rodeiro. A denominación de C-533 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España.

Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos:

Provincia de OurenseOU-533: A Gudiña - A Rúa

OU-933: A Rúa - provincia de LugoProvincia de LugoLU-933: provincia de Lugo - Monforte de Lemos

LU-533: Monforte de Lemos - Chantada

LU-213/CG-2.1: Chantada - monte do FaroProvincia de PontevedraPO-533: monte do Faro - Lalín

LU-653

A LU-653 é unha estrada da rede secundaria que une os concellos lucenses da Pobra do Brollón e O Incio.

Na Estación enlaza coa estrada LU-933, que une Monforte de Lemos e A Rúa, e no Incio coa estrada LU-642, que une Ferrería do Incio co Oural, pasando pola Cruz do Incio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.