A Escravitude, Cruces, Padrón

A Escravitude é un lugar da parroquia de Cruces, do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 89 habitantes (47 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2006, cando tiña 101 habitantes.

Polo lugar pasa a vía portuguesa do Camiño Xacobeo e mais a liña de ferrocarril que une A Coruña e Vigo, existindo a Estación da Escravitude. O elemento máis característico é o Santuario da Escravitude, do século XVIII.

Coordenadas: 42°47′01″N 08°39′01″O / 42.78361, -8.65028

A Escravitude
Fachada da igrexa de A Escravitude (tríptico)
Fachada do santuario da Escravitude
ParroquiaCruces
ConcelloPadrón
Poboación89 hab. (2013)

A Escravitude na cultura popular galega

  • Alá vai Esclavitú:/ Déixame ir, que meto un grito;/ quero as orellas do burro/ pra faguer un abanico [1].
  • O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura [2].

Lugares e parroquias

Parroquias de Padrón

Notas

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 35. No orixinal: Deixame. A Escravitude, lugar da parroquia de Cruces, do concello de Padrón.
  2. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 195. No texto: Esclavitude.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Ligazóns externas

Escravitude

Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón.

O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.

Os escravos están obrigados a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).

En tanto que propiedade, o escravo pode ser obxecto das transferencias inherentes á noción de propiedade: pode ser comprado, vendido e aínda alugado.

O escravo distínguese do cativo ou do forzado, condicións próximas polo estado de explotación, e da besta de carga, por un status xurídico propio, determinado polas regras e as leis en vigor no país e época considerada.

Galería de imaxes de transporte ferroviario en Galicia

Galería de imaxes de transporte ferroviario en Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.