A Chousa Nova

A Chousa Nova ou Chousa Nova 1 (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo megalítico situado na parroquia de Abades (Silleda), atopado e escavado durante as obras de construción da liña do AVE entre Ourense-Santiago. A cámara interior do dolmen non fora espoliada, estaba intacta e mantivérase co enxoval funerario. Foi o segundo dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. As probas por Carbono-14 deron para A Chousa Nova unha datación que sitúan como un dos dolmens máis antigos de Galiza.[1]

Coordenadas: 42°45′24.45″N 8°17′33.90″O / 42.7567917, -8.2927500

Chousa-nova-lousa
A Chousa Nova, reconstruída.

Historia

As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros en Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación[Cómpre clarificar]. A escavación foi dirixida por María José Bóveda, do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio durante as obras do AVE. As probas de carbono-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, máis antigas que o dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños ou Forno dos Mouros en Toques.

O enterramento

Chousa Nova ten tres estadíos. O primeiro corresponde a unha serie de gabias baixo o monumento e de función descoñecida. A gabia perimetral actual está a uns 8 metros ao redor do túmulo e é similar á de Dombate ou á doutros monumentos megalíticos británicos.

A escavación

Chousa-nova-xeral
Vista xeral de Chousa Nova.

Ao retirar as pedras da coiraza atopáronse variedades cromáticas con terras de diferentes cores. As terras foran dispostas de xeito intencionado como tentando xuntar a súa obra coa natureza. O túmulo ten dúas fases de construción: a edificación do propio monumento (coa capa á vista) e a ampliación do perímetro do monumento e soterrado de todo o monumento.

A cámara está formada por cinco lousas graníticas. A capa da cámara era unha grande lousa de 2.950 kg de peso.[2] Estaba crebada en tres anacos, un deles achado na mesma posición de cando romperan e os outros dous dentro da cámara.

Colar A Chousa Nova Silleda
Colar atopado na Chousa Nova con contas de ámbar.

No interior do monumento atopáronse os obxectos do enxoval de hai seis mil anos. Un colar con 35 contas algunhas de ámbar e outras de varisicita, posiblemente dunha veta da provincia de Zamora, semellando estar sobre un peito humano. É o segundo colar atopado in situ na Europa. Unha eixada posta próxima á cabeza, preto da man un cicel e un gastado afiador baixo os pés. A eixada e o cicel, que estaban novos, interprétanse como un símbolo de luxo e posición social.

A reconstrución

Tras a escavación, o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso túnel sobre o que se reconstruíu A Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Silleda. A reconstrución foi supervisada arqueoloxicamente e situouno exactamente no mesmo emprazamento. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa afastándoo e movéronse os postes eléctricos. O espazo está valado, sinalizado e musealizado, libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, da escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construído. Os tres anacos da lousa da capa foron pegadas e están á vista; unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Moi preto da zona hai dous túmulos máis sen escavar.[3]

Notas

  1. "Os segredos dun dolmen intacto", artigo na web do Consello da Cultura Galega.
  2. Turismo de Silleda, a Mámoa de Chousa Nova
  3. Túmulo da Chousa Nova na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

Galería de imaxes de Abades, Silleda

Santiago de Abades é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, cos seus datos por columnas (P: provincia; C: A Coruña; L: Lugo; O: Ourense; P: Pontevedra).

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Silleda

Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2018 tiña 8.698 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.