A Capela

A Capela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.334 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «capelao»[4].

Coordenadas: 43°26′07″N 08°04′20″O / 43.43528, -8.07222

A Capela
Escudo de A Capela
Casa do Concello da Capela
Casa do Concello
Situacion A Capela
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Eume
Poboación1.238 hab. (2018)
Área58,0 km²
Densidade21,34 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Capital do concelloAs Neves
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Meizoso López (PSdeG-PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 5
Outros: AIAC 3
Eleccións municipais na Capela
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes84,23%
Na rede
www.concellodacapela.es
correo@concellodacapela.es
Twitter

Poboación

Censo total (2015) 1334 habitantes
Menores de 15 anos 135 (10,12 %)
Entre 15 e 64 anos 797 (59,75 %)
Maiores de 65 anos 402 (30,13 %)
Evolución da poboación de A Capela   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.960 4.333 4.792 3.244 1.526 1.399 1.376 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 59 km², limita ao norte con San Sadurniño, ao sur con Monfero, ao leste coas Pontes de García Rodríguez e ao oeste con Cabanas.

Ten unha altitude media de 450 m, e está atravesada polos vales dos ríos Eume e Belelle. No val do primeiro están as Fragas do Eume. O Belelle baixa da serra do Forgoselo, e o concello de leste a oeste.

Historia

Desde a Idade Media e durante o Antigo Réxime o territorio do concello era propiedade do mosteiro de Caaveiro.

A comezos do século XIX constituíuse o concello de Caaveiro, pertencente ao Partido Xudicial de Pontedeume. En 1835 constituíuse o concello da Capela, formado por nove parroquias. En setembro de 1836 o concello de Cabanas solicitou á Deputación da Coruña que a parroquia de Cabalar fose incluída no seu territorio. En 1842 a Deputación estudou a redución do número de concellos, pero A Capela contaba daquela con dezaseis parroquias: as actuais máis Vilavella (As Pontes de García Rodríguez), Sillobre e Magalofes (Fene), Regoela, Santa Cruz do Salto e Soaserra (Cabanas).

En xullo de 1925 a parroquia de San Boulo de Caaveiro pasou do concello de Cabanas ao da Capela. O 8 de xullo de 1982 a Xunta de Galicia decretou a segregación das parroquias de Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira, Goente e San Xoán de Seixa, que pasaron a formar parte do concello das Pontes[5].

Goberno municipal

Anxo López Sueiro (PSdeG-PSOE) foi alcalde da Capela dende 1987 ata 2011, encadeando seis mandatos consecutivos. Malia obter cinco maiorías absolutas consecutivas, en 2007 a súa formación baixou aos 4 concelleiros, o que obrigou a asinar un pacto de goberno co único edil do BNG, que mantivo a Sueiro na Alcaldía.

Nas eleccións de 2011, proclamouse alcalde a Manuel Meizoso López, tamén do PSdeG-PSOE, aínda que sen maioría absoluta ao repetir os catro concelleiros do último mandato de López Sueiro.

Completan a corporación dous edís do PPdeG, outros dos dos independentes da AIAC e un concelleiro do BNG.

Patrimonio histórico e artístico

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.Galicia-España
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

Destaca o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, situado na parroquia da Capela. Estableceuse desde o ano 934 e foi abandonado no 1800. Na actualidade está en proceso de rehabilitación.

A igrexa parroquial de Santiago da Capela, situada no lugar de Pazo, é de orixe románica. Nela destaca a torre campanario, á que se accede dende o exterior mediante unha escaleira de pedra, que se fai de caracol no interior da torre.

A capela de Nosa Señora das Neves, é tamén de orixe románica, do século XIII. Ten planta rectangular dunha soa nave e unha torre engadida do século XIX de planta cadrada e campanario de catro arcos, coroado por unha cúpula de media laranxa.

A igrexa parroquial de San Braulio de Caaveiro é de orixe románica, mantendo a ábsida do século XIII. A fachada foi reconstruída no século XIX. Ten planta rectangular cunha soa nave, de fachada simétrica cun campanario central de dous ocos rematados en pináculos.

A igrexa parroquial de Santa María de Cabalar, é do século XIX. De planta rectangular dunha soa nave e fachada simétrica cun campanario central de dous ocos rematados en pináculos con bola.

Hai cruceiros no Pazo, Cabalar e As Neves.

Da importancia da auga na forma de vida da poboación da Capela da boa mostra a existencia dunha ferrería hidráulica, o machuco, que se atopa no río da Graña, e é unha das poucas construcións deste tipo conservadas en Galicia. Actualmente só se conserva o banzado construído totalmente en pedra, e as bases da que fora a ferrería.

O museo Etnográfico da Capela ten a súa sede central na Casa do Pazo, onde se recrea un fogar tradicional en tanto que unidade básica do sistema cultural galego rural, non só como refuxio da familia, senón tamén respondendo ás necesidades sociais e derivadas dunha economía de autosuficiencia.

O Parque etnográfico do Sesin, a carón do río Sesin, explica os aproveitamentos tradicionais dos recursos das Fragas: os muíños de auga, o carbón vexetal, as castañas, a casca das árbores (principalmente o carballo)...

O Museo da Escola representa un centro de ensino típico de comezos do século XX, facendo fincapé na evolución da ensinanza ao longo dos anos.

Contorna natural

Forma parte do Parque natural das Fragas do Eume.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Capela.
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.Galicia.Spain

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro. Galiza

Portada románica da capela do mosteiro

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, Galicia

Mosteiro, recinto interior

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.Galicia.España

Vista desde o Mosteiro das Fragas do Eume

Lugares da Capela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares da Capela.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. Disposición no DOG sobre a segregación
A Capela, A Capela

Santiago da Capela é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 919 habitantes (459 homes e 460 mulleres), distribuídos en 52 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 026 habitantes.

Os principais atractivos da parroquia son o parque natural das Fragas do Eume e o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, localizado no corazón das fragas.

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.672 habitantes (9.664 no 2012, 9.726 no 2011, 9.858 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense».

Bendoiro, Lalín

San Miguel de Bendoiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 294 habitantes (156 mulleres e 138 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Nesta parroquia formouse a Banda de música de Bendoiro e naceu o sindicalista Luís Frade.

Bertoña, A Capela, A Capela

Bertoña é un lugar da parroquia da Capela, no concello da Capela, na comarca do Eume. No ano 2010 tiña 14 habitantes segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, deles 6 eran homes e 8 eran mulleres.

Caaveiro, A Capela

San Boulo de Caaveiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Capela. Segundo o IGE en 2013 tiña 163 habitantes (85 mulleres e 78 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Cabalar, A Capela

Santa María de Cabalar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 300 habitantes distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Comarca de Eume

A comarca de Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Estación de Vilariño de Conso-A Capela

Vilariño de Conso - A Capela é unha estación de tren de Adif, situada na Venda da Capela, no concello de Vilariño de Conso, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid.

Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Fraiás, Abadín

San Pedro de Fraiás é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 55 habitantes en 2015 (29 homes e 26 mulleres) segundo datos do IGE, cunha densidade media de 15,11 hab/km². Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres), e 35 habitantes menos que en 2004.

Lourenzá

Lourenzá é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.259 habitantes (2. 338 no 2014, 2.629 no 2006, 2.677 no 2005, 2.700 no 2004, 2.730 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «laurentino».

Muros, Muros

San Pedro de Muros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.523 habitantes (1.313 mulleres e 1.210 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.902 habitantes.

Noal, Porto do Son

San Vicente de Noal é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Limita ó nordeste coa parroquia de Nebra, ó sur coa de Baroña, ó leste co concello de Boiro, e ó oeste a parroquia está bañada pola ría de Muros e Noia. Nesta parroquia atópase a capital do concello. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 2.457 habitantes (1.233 homes e 1.224 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Olveira, Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón un aumento en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Panteón de Galegos Ilustres

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Portodemouros, Vila de Cruces

A parroquia de San Salvador de Portodemouros está situada ao noroeste do concello de Vila de Cruces, Portodemouros é unha das máis pequenas parroquias do concello.

O seu relevo é fortemente pronunciado cara ao norte, é dicir cara ao río Ulla, que nesta parte do seu percorrido está estancado no encoro de Portodemouros que toma o seu nome desta parroquia.

Parte do territorio de Portodemouros atópase na actualidade debaixo da auga, pero o encoro non afectou a ningún lugar da parroquia que ten dous (Arxe é Outeiro).

Conta cunha igrexa parroquial que na zona se coñece como a capela do San Ramón, por ser a festa dedicada a este Santo máis popular ca parroquial, San Salvador.

No lugar de Outeiro naceu Luis Otero Pimentel, escritor e militar, Gobernador da provincia de Manzanillo, no ano 1898 en plena guerra de Cuba, escribiu un libro de poesía titulado As campanas de Duxame, dedicado sen dúbida a lindante parroquia de Duxame.

San Breixo de Parga, Guitiriz

San Breixo de Parga é unha parroquia que se localiza ó sueste do concello de Guitiriz, a uns 8,4 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes.

Seavia, Coristanco

San Mamede de Seavia é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2017 tiña 833 habitantes (423 mulleres e 410 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.

Tardade, Vilalba

Santa María de Tardade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 65 habitantes (33 homes e 32 mulleres) repartidos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 100 habitantes.

Valls

Valls é un municipio e cidade catalá, na provincia de Tarragona, capital da comarca do Alt Camp. Cunha poboación de 25.016 habitantes (INE 2011) representa máis da metade da poboación da comarca. Atópase na área coñecida como Camp de Tarragona xunto ao río Francolí, moi preto de Reus e de Tarragona, capital da provincia homónima.

É de moito interese a igrexa gótica de San Xoán, que se remonta ao século XVI e a Capela do Roser, cun mosaico de azulexos sobre a batalla de Lepanto do século XVII.

Esta cidade é berce dun típico manxar catalán de tempada chamado calçot, unhas cebolas doces e longas coas cales celébrase a calçotada, así como das tradicionais Vella i Joves Xiquets de Valls, as dúas collas castelleras, actividade orixinaria da rexión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.