A Canicouva, Pontevedra

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación,[1] o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.

A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas), e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).

Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionado ao de Pontevedra.

Coordenadas: 42°22′18″N 08°36′51″O / 42.37167, -8.61417

Santo Estevo da Canicouva
Igrexa de Santo Estevo da Canicouva, Pontevedra
ConcelloPontevedra
Área4,38 km²
Poboación280 hab. (2012)
Densidade63,93 hab./km²
Entidades de poboación3

Patrimonio

No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

Lugares e parroquias

Parroquias de Pontevedra

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional para A Canicouva" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
Cacheiro, A Canicouva, Pontevedra

Cacheiro é un lugar da parroquia da Canicouva, no concello de Pontevedra. Segundo o IGE no 2013 tiña 78 habitantes (33 homes e 45 mulleres), 7 menos ca no ano 2010 e 33 menos ca no 2004.

Está situado ao suroeste da parroquia, xa lindando co lugar de Paredes (concello de Vilaboa). En Cacheiro está a ermida de San Amaro. Por este lugar discorre o camiño portugués.

Leticia Santos Paz

Leticia Santos Paz, nada en Moaña o 1 de marzo de 1985, é unha política galega do BNG. Traballou como responsable comercial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Moaña, obtendo 6 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 3 concelleiros do PSdeG-PSOE.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.