A Caeira, Poio (San Salvador), Poio

A Caeira é un lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio. Conta cunha poboación dunhas 1 200 persoas.

A Caeira
Capelacaeira
Capela de San Antoniño.
ParroquiaPoio (San Salvador)
ConcelloPoio
Poboación1 200 hab. ()
Monumento Alexandre Bóveda A Caeira
Monumento no lugar onde se fusilou a Alexandre Bóveda.

Historia e características

Hai constancia de restos de petróglifos no monte da idade de bronce (1800 - 600 a. C.), denominados Laxe das Lebres e Laia dos Cervos. Non se teñen maiores datos ata o século XIX, cando parte deste lugar se converteu na leira da familia Riestra, onde os Marqueses de Riestra construíron un pazo. Este lugar, propiedade de José Riestra López, que en 1893 se converteu no Marqués de Riestra, albergaba tertulias políticas de altura, e foi escenario de decisións de transcendencia na política estatal. Tamén serviu, en plena guerra de Cuba, en 1898, de improvisado hospital. Deste pazo queda na actualidade unha pequena capela, consagrada a San Antoniño.

Á beira deste monte fusilouse en 1936 a Alexandre Bóveda.

Desde a década de 1960 viviu unha grande expansión demográfica, coa construción de vivendas unifamiliares e de edificios grandes. Hoxe en día alberga instalacións como o Liceo Casino, o colexio privado SEK e o club de tenis, así como a Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.

As súas rúas teñen nomes de ríos galegos na zona baixa do monte (Oitavén, Lérez, Umia...), e de illas na zona alta (Tambo, Toxa, Ons...), agás unha adicada a San Antoniño, tres adicadas a persoeiros (José Pernas Peña, Mato Calderón e praza de Riestra), e a avenida de Campañó.

Petróglifos da Caeira

Localizáronse ata 16 grupos de petróglifos nos montes da Caeira, se ben crese que desapareceran máis baixo as urbanizacións e as rúas alí construídas. Destacan sobre as demais a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo. A primeira presenta 42 cervos de distintos tamaños e en diversas actitudes, ademais de cazoletas e outras figuras. A segunda mostra numerosos círculos, labirintos e cazoletas, pero ningún cérvido. Estes dous conxuntos, xunto coa Laxe do Xugo, son considerados monumento histórico artístico nacional.

Esta área arqueolóxica está musealizada dende o ano 2009, e ten o seu centro de interpretación fronte a oficina de turismo de Poio, á cal se accede polo pazo de Ferreirós.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Salvador de Poio, Poio.
Poio, Caeira Laxe das Lebres 01-04

Laxe das Lebres.

Poio, Caeira Laxe das Lebres 01-05

Laxe das Lebres.

Poio, Caeira Pedra Grande 01-02

Pedra Grande.

Poio, Caeira Pedra Grande 01-04

Pedra Grande.

Lugares e parroquias

Parroquias de Poio

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.