A Cañiza

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 5342 habitantes (6719 en 2003), incluídas 126 persoas de orixe estranxeira.

Coordenadas: 42°12′46.12″N 8°16′23.88″O / 42.2128111, -8.2733000

A Cañiza
Bandeira de A Cañiza
---
Escudo de A Cañiza
Concello da Cañiza
Casa do Concello.
Situacion A Cañiza
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación5.173 hab. (2018)
Área108,1 km²
Densidade47,85 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeLuis Antonio Gómez Piña (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 6
Outros: C's 1
Eleccións municipais na Cañiza
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes63,36%
Na rede
http://www.caniza.org
info@caniza.org

Toponimia

A Cañiza é un dos poucos topónimos castelanizados[Cómpre referencia] de Galicia aínda vixente e que así consta no Nomenclátor oficial de Galicia. Desta forma deriva o xentilicio (véxase no Galizionario) cañicense.

A Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia estableceu, de feito, que o nome correcto e orixinal era A Caniza[5], forma aínda viva entre algúns habitantes das parroquias do concello[6]. Non obstante, durante as dúas lexislaturas de Alberto Núñez Feijóo ao cargo do goberno galego non se executou a aprobación por parte do Consello da Xunta de dita modificación.[7]

O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas[6] ou canastros feitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas[8]) e ergueitas polos veciños de Valeixe.[9]

Para forma A Caniza propuxéronse os xentilicios: (véxase no Galizionario) canizán[5] ou canicense[5] .

Poboación

Censo total (habitantes) 5342 (2014)
Menores de 15 anos 632 (11,83 %)
Entre 15 e 64 anos 3159 (59,13 %)
Maiores de 65 anos 1551 (29,03 %)
Evolución da poboación da Cañiza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7923 7655 8186 7810 6782 6583 6461 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (este da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.

O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m).

A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).

Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.

Historia

Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.

Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.

Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.

No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.

En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.

A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.

Na Cañiza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934).

Símbolos

O escudo heráldico oficial do concello da Cañiza foi aprobado mediante decreto en 2007, e ten o seguinte brasonamento:

Ademais, na mesma data aprobouse tamén a bandeira do concello, pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.[11]

A Cañiza na literatura popular

  • Batalláns xa chega/ coa súa santiña,/ e cara a Franqueira/ connosco camiña [12].
  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Cañiza.
Mosteiro de Santa María da Franqueira - A Cañiza - Pontevedra

Mosteiro de Santa María da Franqueira

Escribana de torgo, A Cañiza, Pontevedra, Galicia (Espagne)
San Luis y Djoudj 005

Fonte de San Luís

San Luis y Djoudj 003

Vista aérea.

San Luis y Djoudj 011

Pazo.

San Luis y Djoudj 006

Xamón, típico da Cañiza.

San Luis y Djoudj 007

Muíño tradicional.

San Luis y Djoudj 008

Muíño.

San Luis y Djoudj 012

Capela dos arredores.

Lugares da Cañiza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Cañiza". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. 5,0 5,1 5,2 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. 6,0 6,1 Navaza Blanco, G. (2006): Fitotoponimia galega, páx. 137. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-95892-53-7
  7. "A Cañiza e Riveira". Dúbidas do galego. Consultado o 26 de agosto de 2016.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canizo.
  9. "Historia da vila na web do Concello" (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2016.
  10. DOG, ed. (24 de maio de 2007). "DECRETO 110/2007, do 24 de maio, polo que se aproba o escudo do Concello da Cañiza (Pontevedra).". Consultado o 9 de abril de 2014.
  11. DOG, ed. (24 de maio de 2007). "DECRETO 111/2007, do 24 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello da Cañiza (Pontevedra).". Consultado o 9 de abril de 2014.
  12. Santa Eulalia de Batalláns é parroquia das Neves lindeira coa da Franqueira, na Cañiza. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777, px. 393.

Véxase tamén

Bibliografía

A Cañiza, A Cañiza

Santa Teresa da Cañiza é unha parroquia que se localiza no concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1 721 habitantes (1 022 mulleres e 988 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 1 721 habitantes.

A Franqueira, A Cañiza

Santa María da Franqueira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 185 habitantes (101 mulleres e 84 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha considerable diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 301 habitantes. Está composta por tres aldeas (A Franqueira, Parada e Cebreiro).

Arbo

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense».

As Achas, A Cañiza

San Sebastián das Achas é unha parroquia que se localiza no concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 681 habitantes (348 mulleres e 333 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha considerable diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 914 habitantes.

Comarca da Paradanta

A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

Covelo

Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «covelense».

Luneda, A Cañiza

Santa María de Luneda é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 163 habitantes (84 mulleres e 79 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 314 habitantes.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

O Couto, A Cañiza

San Bartolomeu do Couto é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (163 mulleres e 186 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 590 habitantes.

Cruza a parroquia unha estrada local que vai da capital municipal a Crecente, así coma o río Ribadil.

Oroso, A Cañiza

Santa María de Oroso é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 379 habitantes (191 mulleres e 188 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 451 habitantes.

Parada das Achas, A Cañiza

Santiago de Parada das Achas é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Cañiza na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 397 habitantes (194 mulleres e 203 homes) distribuídos en 53 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 830 habitantes.

Petán, A Cañiza

San Xián de Petán é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 345 habitantes (162 mulleres e 183 homes) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 603 habitantes.

Nesta parroquia, a carón da estrada N-120, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Serra do Faro de Avión

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

Valeixe, A Cañiza

Santa Cristina de Valeixe é unha parroquia que se localiza no leste do concello pontevedrés da Cañiza na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 907 habitantes (430 homes e 477 mulleres) distribuídos en 58 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.446 habitantes.

Vide, As Neves

Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.