A Bola

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés[5].

Coordenadas: 42°8′27.3″N 7°55′42.4″O / 42.140917, -7.928444

A Bola
Escudo de A Bola
Casa do Concello da Bola
Casa do Concello.
Situacion A Bola
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación1.199 hab. (2018)
Área34,9 km²
Densidade34,36 hab./km²
Entidades de poboación107
Capital do concelloCampo de Veiga
Política (2019[2])
AlcaldesaMaría Teresa Barge Bello (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 0
Eleccións municipais na Bola
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes90,78%
Na rede
http://www.concelloabola.es/index.php?lang=gl

Toponimia

O Concello da Bola debe o seu nome á bóla granítica situada no lugar da Bola. Foi alterada por unha serie de fracturas perpendiculares á superficie, formándose barrocais de bólas amoreadas unhas sobre as outras, en equilibrio natural sobre unha das súas superficies máis pequenas.

Demografía

Censo total 1339 (2015)
Menores de 15 anos 78 (5.83 %)
Entre 15 e 64 anos 687 (51,31 %)
Maiores de 65 anos 574 (42,87 %)
Evolución da poboación da Bola   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4043 3988 3906 2248 1549 1463 1436 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Vilar de Santos, e ao oeste con Celanova.

Está situado nunha zona de media montaña, preminentemente chá, nas estribacións da cara leste da serra do Leboreiro, ao pé dos cumios do Furriolo, Monte Calvo e San Cibrao. A altitude media está entre os 500 e 600 m. A altitude máxima é o monte do San Cibrao (914 m), e a mínima no regato de Fechiñas, no límite con Celanova e A Merca (300 m), ao noroeste.

Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 °C e unha amplitude térmica de 13,4 °C. , Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1038 mm, cunha acusada seca no verán.

A hidrografía está determinada polo curso medio do río Arnoia e por varios afluentes, destacando entre eles o río Orille. Este curso, procedente de Verea, delimita boa parte dos límites occidentais do concello. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello, e con dirección leste-oeste. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.

Cara ao leste está a zona máis accidentada, no Monte Calvo e no Furriolo, que dividen as cuncas do río Limia e do Miño.

Política

As últimas eleccións municipais deixaron a situación da Bola deste xeito[6]:

Eleccións municipais, 2 de xuño de 2015
Partido Votos % Concelleiros/as
PP 639 66,01 % 6
BNG 278 28,72 % 3
PSOE 31 3,2 % 0

Historia

Polo concello pasaba a Vía XVIII do itinerario de Antonino, pero non tivo unha gran poboación. A zona comezou a repoboarse cara aos séculos IX (época da construción do mosteiro de San Munio de Veiga) e X.

Na Idade Media o concello estivo baixo influencia do mosteiro de San Salvador de Celanova, estando baixo a súa xurisdición parte do territorio. Outras zonas do municipio estaban baixo as xurisdicións de Berredo, Fruíme, Vilaverde e Sorga, da baixa nobreza, e a de Vilariño do Campo, pertencente ao conde de Maceda. O mosteiro de San Munio da Veiga era independente do de Celanova debido a que era responsable da Encomenda de San Marcos de León, integrada na Orde de Santiago.

Na Idade Moderna construíronse os pazos de Berredo, Podentes e Sorga.

No século XIX as xurisdicións deron paso aos concellos constitucionais de Berredo e Soutomel, que en 1835 se fusionaron no da Bola.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Bola.
Igrexa de San Munio de Veiga, A Bola

Igrexa de San Munio de Veiga

Timpano duha porta da Igtexa de San Munio de Veiga

Tímpano dunha porta da Igrexa de San Munio de Veiga

Lugares da Bola

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Bola vexa: Lugares da Bola.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Bola". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Resultados electorales en Ourense - A Bola, 2 de Junio de 2015

Véxase tamén

Aldea Ferreiro, Santa Baia de Berredo, A Bola

Aldea Ferreiro é un lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova. Tiña 13 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 5 mulleres.

Berredo, A Bola

San Miguel de Berredo é unha parroquia do concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 116 habitantes (56 homes e 60 mulleres).

Béisbol

O béisbol é un deporte que xogan 18 xogadores. Son nove por equipo que se alternan bateando e defendendo. Procede probablemente do críquet que levaron os colonos británicos a Norteamérica. En 1846 xogouse o primeiro partido oficial.

Procede dun grupo de xogos similares á billarda de longa traxectoria. De feito nunha das miniaturas das Cantigas de Afonso X aparecen varias persoas xogando a algo semellante. Pola posición dos homes o xogo amosado é moito máis parecido ao béisbol que ao criquet ou a billarda.

Campo de Veiga, Veiga, A Bola

Campo de Veiga é un lugar da parroquia de Veiga no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova. Tiña 31 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 15 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Neste lugar atópase a casa do concello.

Casal de Morgade, San Martiño de Berredo, A Bola

Casal de Morgade é un lugar da parroquia de San Martiño de Berredo no concello ourensán de Bola na comarca da Terra de Celanova. Tiña 14 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 7 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres).

Cirós, Veiga, A Bola

Cirós é un lugar da parroquia de Veiga no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova. Tiña 19 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 11 eran homes e 8 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 17 habitantes (10 homes e 7 mulleres).

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Hóckey a patíns

O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo) que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e os países que historicamente dominaron nesta modalidade a nivel mundial foron Portugal, España, Arxentina e Italia, o hóckey rodado tamén ten importancia nalgúns países de África, principalmente en Angola e Mozambique (antigas colonias portuguesas), o mesmo pasa en Asia, onde a máxima dominadora é Macau.

O hóckey a patíns é coñecido polo nome de roller hockey en inglés, rink hockey ou hockey sur patins, nos países francófonos, hardball hockey en Estados Unidos, hockey sobre patines nos países de fala castelá, hoquei sobre patins nas áreas de fala catalá e hoquei em patins nos países de fala portuguesa.

O hóckey a patíns non é unha modalidade olímpica na actualidade, mais nos Xogos Olímpicos de Verán de 1992 foi incluído como deporte de exhibición, gañando a medalla de ouro a selección da Arxentina.

Moreiriñas, Veiga, A Bola

Moreiriñas é un lugar da parroquia de Veiga no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova. Tiña 19 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 10 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres).

Pardavedra, A Bola

Santiago de Pardavedra é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 158 habitantes, deles 80 eran homes e 78 eran mulleres.

Penalti

O penalti é o máximo castigo que se pode aplicar en diversos deportes de balón, consistente nun lanzamento sen barreira, dende unha distancia prefixada, coa clara oportunidade de obter un gol e coa única oposición do porteiro de equipo rival.

En tódolos deportes nos que existe o penalti, a pena indicarase no momento en que un xogador aborte unha ocasión de gol cunha acción non regulamentaria, como por exemplo tocar o balón coa man dentro da área propia en fútbol, interromper unha acción dentro da liña de 7 metros en balonmán ou, na maioría de deportes, cometer unha falta a un rival nas proximidades da liña de gol ou portería.

Para a execución, tanto o lanzador da pena, como o porteiro, como o resto de xogadores de ámbolos dous equipos, teñen que situarse nunhas distancias prefixadas no terreo de xogo.

Nalgúns deportes, se ó final do tempo regulamentario os dous equipos están empatados, resólvese o encontro cunha quenda de penaltis.

Podentes, A Bola

Santa María de Podentes é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 204 habitantes (105 homes e 99 mulleres).

Reserva da biosfera Área de Allariz

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.

San Martiño de Berredo, A Bola

San Martiño de Berredo é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 111 habitantes (50 homes e 61 mulleres).

Santa Baia de Berredo, A Bola

Santa Baia de Berredo é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 260 habitantes (121 homes e 139 mulleres).

Seoane, Allariz

San Xoán de Seoane é unha parroquia situada no suroeste do concello de Allariz. Segundo o IGE, en 2015 tiña 100 habitantes (46 homes e 54 mulleres). O seu núcleo máis poboado é Pumares, con 35 habitantes.

Limita coas parroquias allaricenses de San Trocado, San Martiño de Pazó, Allariz (Santiago) e Torneiros, e cos concellos de Rairiz de Veiga, A Bola e A Merca.

Tradicionalmente a zona de Seoane é tamén coñecida como Terra do Millo e os habitantes como da mafúa ou mafueiros[Cómpre referencia].

Sorga, A Bola

San Mamede de Sorga é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 144 habitantes, deles 65 eran homes e 79 eran mulleres.

Soutomel, A Bola

Santa Locaia de Soutomel é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova , na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 163 habitantes (81 homes e 82 mulleres).

Veiga, A Bola

San Munio de Veiga é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 300 habitantes (136 mulleres e 1348 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 337 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.