A Baña

A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 3754 habitantes (3967 no 2012, 4102 no 2011, 4320 no 2010). No ano 1980 a poboación chegou a ser de 8775 persoas[5]. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bañense[6], avaniense ou bañés[7].

Coordenadas: 42°57′43″N 08°45′29″O / 42.96194, -8.75806

A Baña
Escudo de A Baña
A Baña, concello 01-01
Casa do concello
Situacion A Baña
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Barcala
Poboación3.505 hab. (2018)
Área98,2 km²
Densidade35,69 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias
Capital do concelloSan Vicenzo
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Antonio Pereira Gil (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG 2
Eleccións municipais na Baña
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes92,06%
Na rede
concellodabana.gal

Xeografía

O concello, de 98,2 km², limita cos concellos de Ames, Negreira, Val do Dubra e Santa Comba. Está situado a uns 25 km ao oeste de Santiago de Compostela. Está situado no val de Barcala, que o separa do concello de Negreira.

Orografía e hidrografía

O seu relevo está caracterizado pola súa irregularidade, contrastando os vales con pequenos montes de escasa altitude. Na Baña non existen grandes elevacións de terreo, non chegando a superarse os 550 metros. O punto máis alto do concello é o cumio de Santa Mariña, con 522 metros de altura sobre o nivel do mar.

O concello está enmarcado en tres vales: o formado polo Barcala, que lle dá nome á comarca, e que discorre pola zona máis occidental do concello até desembocar en Negreira no río Tambre. O val central é o que crean o río Baña, o rego de Faílde e o río Albariña, que xorde da unión de ambos na parroquia da Baña, e que desemboca no propio Barcala en Covas. E no leste do concello está o río Portalaxe, que nace e morre sen deixar o concello, desembocando no río Tambre na parroquia de Fiopáns. Ao norte está o río Abuín, que nalgúns treitos marca o límite municipal con Santa Comba.

Clima

O concello ten un clima oceánico, morno e húmido, cuns 2000 mm anuais de precipitacións. As temperaturas son moderadas, con 7,2 °C de media en xaneiro, e 17,9 °C en xullo.

Demografía

Evolución da poboación da Baña dende 1900[8]:

Censo total 2015 3698 habitantes
Menores de 16 anos 278 (,52 %)
Entre 15 e 64 anos 2061 (55,73 %)
Maiores de 65 anos 1359 (36,74 %)

Historia

Consérvanse vestixios arqueolóxicos megalíticos como as mámoas de Ferreiros, e poboados castrexos como os da Baña e o de Lañas. A toponimia dos lugares deixa ver que foi unha zona intensamente romanizada. A presenza de núcleos como Suevos ou Francos constata asemade o asentamento de pobos bárbaros.

A mención máis antiga é nun documento de 1153, contido no tumbo do mosteiro de Toxos Outos: hereditatem que habetis in terra de Avania.

Na Idade Media o concello foi berce dos Trastámara e dominio dos señores de Altamira. Personalidades como o bispo Xelmírez ou a raíña Urraca deixaron constancia da súa importancia. Nos templos relixiosos hai mostras da arte románica e gótica.

Xa no século XIX pasouse a épocas de decadencia económica e política debido ás guerras da Independencia e Carlista, ás desamortizacións de bens eclesiásticos e das confrarías, e á suba de impostos.

Cultura

Toponimia

O topónimo Avania aparece documentado xa en 1153 no Tombo de Toxos Outos[9], e no tombo B da catedral de Santiago de Compostela (1209), onde se menciona: ...San Iurgio in Transtamarem. cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Jalles, Barcala, Auania et de Celtigos, quantum magis antiquitus habuit....

Xa na Idade Media moitos topónimos que comezaban con A- ou O- comezaron a reinterpretarse polos falantes como nomes de lugar formados por un artigo e un substantivo[10]. Estas reinterpretacións tamén se deron noutros topónimos galegos, como Ogrobe, ou Agolada, xa dende a Idade Media. É frecuente que, na literatura popular, se lle atribúa ao influxo do castelán esta reinterpretación[11].

Economía

O concello da Baña é eminentemente rural, aínda que as actividades agrícolas non son as que ocupan a maioría da poboación. No ano 2001 o sector servizos ocupaba 686 persoas, a agricultura 454, a construción 368, a industria 244 e a pesca 9.

No ano 2003 había no concello un total de 412 explotacións de gando vacún cun total de 7.045 animais e estaban rexistradas un total 49 empresas e 14 comercios.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.
Puente na praia fluvial da Baña

Ponte na praia fluvial.

Pazo de Leis, O Barro, A Baña

Pazo de Leis.

Igrexa parroquial de San Xoan da Riba, A Baña, Galicia, Spain

Igrexa de San Xoán da Riba.

Lugares da Baña

Para unha lista completa de tódolos lugares do concello da Baña vexa: Lugares da Baña.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións municipais de 2019
  3. "Se confirma el cambio en A Baña con José Antonio Pereira como alcalde". Adiante Galicia (en castelán). 15 de xuño de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Censos de población". INE.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bañense.
  7. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  8. INE
  9. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.
  10. González Balasch, M.T.: El Tumbo B de la Catedral de Santiago (Edición y Estudio). Universidade de Granada (tese de doutoramento), 1987.
  11. Cabeza Quiles, F.: Os nomes da terra. Topónimos galegos; Editorial Toxosoutos, p. 201.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Baña, A Baña

San Vincenzo da Baña é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na Comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 538 habitantes (245 homes e 293 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.

A Ermida, A Baña

San Salvador da Ermida é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 122 habitantes (64 homes e 58 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

A Riba, A Baña

San Xoán da Riba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.

Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo, nado en Arzón (A Baña) o 14 de maio de 1914 e finado en Teo o 20 de agosto de 2012, foi un mestre, agrarista, político e escritor galego e mailo presidente da Fundación Castelao no momento de morrer.

Barcala, A Baña

San Xoán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñes da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 182 habitantes (92 mulleres e 90 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.

Na aldea de Arzón naceu Avelino Pousa Antelo o 14 de maio de 1914, coñecido na parroquia coma Lucho do Peto.

Cabanas, A Baña

San Miguel de Cabanas é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2015 tiña 185 habitantes (104 mulleres e 81 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.

Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.

Comarca da Barcala

A comarca da Barcala é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos da Baña e Negreira.

O nome desta comarca provén do río Barcala, que atravesa a demarcación e forma un val (Val de Barcala) dende o seu nacemento en terras do concello da Baña até a súa desembocadura no río Albariña, que acabará morrendo no Tambre, xusto despois do seu paso pola zona baixa da vila de Negreira.

Corneira, A Baña

San Cristovo de Corneira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 325 habitantes (181 mulleres e 144 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Costantín, Baralla

Santa María de Costantín é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 119 habitantes (60 mulleres e 59 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 48 homes e 53 mulleres.

Constantín debe o seu nome ó río que a baña, pequeno regato que circula entre prados e brañas así como fentos e demais vexetación típica dos bosques de castiñeiros. Preto do centro da aldea atópanse dous castiñeiros que contan con máis dun século de idade.

Pódense ver aguias sobrevoando os prados e bosques maioritariamente formados por castiñeiros e carballos que dan acubillo a multitude de pequenos animais coma esquíos, ratos de campo, e outros. A dous quilómetros da aldea tense visto corzos en zonas húmidas con charcos que actúan coma abrevadeiros en épocas de calor.

Encinedo

Encinedo (na variedade dialectal cabreiresa, Encinéu) é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 846 habitantes (INE 2011).

Fiopáns, A Baña

San Pedro de Fiopáns é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 181 habitantes (94 homes e 87 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes.

Lañas, A Baña

Santa Baia de Lañas é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 348 habitantes (176 homes e 172 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 512 habitantes.

Marcelle, A Baña

Santa Cristina da Marcelle é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 164 habitantes (81 homes e 83 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

O Barro, A Baña

Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

Ordoeste, A Baña

Santa María de Ordoeste é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 250 habitantes (134 mulleres e 116 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes.

San Cibrán de Barcala, A Baña

San Cibrán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 122 habitantes (68 mulleres e 54 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes.

Sanamede do Monte, A Baña

Sanamede do Monte é unha parroquia que se localiza no sueste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 414 habitantes (211 mulleres e 203 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 544 habitantes.

Suevos, A Baña

San Mamede de Suevos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 214 habitantes (111 mulleres e 103 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Troitosende, A Baña

Santa María de Troitosende é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 223 habitantes (114 homes e 109 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 330 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.