ASTANO

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.

Coordenadas: 43°28′32.47″N 8°10′47.73″O / 43.4756861, -8.1799250

Astano
Astano texto plano
González Llanos
Estatua do fundador, Avda. de Esteiro (Ferrol)
Fundación15 de outubro de 1941 (78 anos)
MatrizAstillero Fene, Navantia (SEPI)
LocalizaciónNavantia, Avenida das Pías, 15500 Fene, A Coruña
FundadorJosé María González-Llanos
Persoas clavePedro Barrié de la Maza
IndustriaNaval
ProdutosBuques, offshore, reparacións navais
Páxina webnavantia.es

Historia

Astano anos 50 Fene, A Coruña
Maqueta de Astano, nas súas orixes. Exponav.

No ano 1917[1] estableceuse un pequeno estaleiro de ribeira na zona de Perlío, que facía buques de pesca en madeira propiedade de Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque.[2] Este pequeno estaleiro foi mercado por Llanos en 1941 xunto con outros socios e foi ampliándose desde a ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene, comezando a dedicarse á construción de barcos pesqueiros en madeira.

En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acometeuse o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán José María González-Llanos iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais (Vivendas de San Valentín en Perlío), economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.

Evolución do cadro de persoal.[3]

A primeira crise chegou en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se botou o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o Al-Andalus en 1974 de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o Santa María en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.

Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón Comunidade Económica Europea). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.[4]

Construción naval

Discoverer Enterprise
A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías.
Construcións off-shore de Astano
Q4000-Discoverer-Enterprise

Discoverer Enterprise no Golfo de México.
Número Nome Tipo Botado
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992
269 Alba FSU FSU 09-03-1993
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995
274 Captain FPSO FPSO 2-07-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999
279 Farwah FPSO 7-10-2002

Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira e logo aceiro a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laieta, primeiro gaseiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo.

Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise[6] botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norte americana Transocean.

Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha máis forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, o que provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chegouse en 2004 á negociación coa UE, na que o goberno optou por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados a 300. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.

Reparacións navais

Astilleros Navantia Fene - panoramio
Vista interior de Astano.

Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares. Astano ten nas súas instalacións 11 peiraos que suman 2 700 metros.

Tamén hai dous diques para reparacións:

  • Dique número 2 de 260×38 metros.
  • Dique número 1 de 160×24 metros.
  • 2 grellas de 337×58 metros.
  • 18 guindastres cunha potencia de entre 10 e 100 toneladas.
  • 1 guindastre pórtico de 800 toneladas de capacidade de elevación.

O tamaño máximo dun buque construído foi de 346×60 metros (385 000 TPM).

A icona pola que é coñecida a empresa é o seu guindastre pórtico, unha construción cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, construída entre 1970 e 1971. Foi deseñada pola empresa alemá PHB Jucho e construída pola MTM Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona no propio estaleiro. Mide 145 metros entre piares e 75 metros de alto baixo o pórtico. No momento da súa construción era a maior de toda Europa.[7]

Buques construídos

Dende 1941 Astano leva construídos preto de 300 buques.[8]

Nome Tipo Botado Entregado

Navantia Fene

Dende a integración de Astano en Navantia, como Navantia Fene, e a fin do veto á construción naval, o estaleiro ten diversificado os seus traballos. Pasou á reparación naval de buques militares, construción de pezas e bloques para o sector militar, un exemplo disto é o proxecto de dous buques militares loxísticos como o Cantabria (A-15) para a mariña australiana. O estaleiro tamén participa en proxectos de eólica mariña para Iberdrola como o campo Wikinger ou East Anglia Array.

Construcións en eólica mariña offshore[9]
Data Nome Cliente Número
Decembro de 2014 Alemaña Wikinger Iberdrola 29 jackets
Flag of Norway.svg Statoil
Xuño de 2015 Escocia Hywind Statoil 5
Xaneiro de 2017 Dinamarca Nissum Bredning Siemens 4
2018 Flag of the United Kingdom.svg East Anglia Array Iberdrola 42 jackets
Agosto de 2018 Flag of Portugal.svg Windfloat Windar Renovables 1

Galería de imaxes

Medalla polos 30 anos traballando en Astano.
Medalla polos 30 anos traballando en Astano. 
Día da botadura do FPSO Gryphon A, construción número 267 de Astano.
Día da botadura do FPSO Gryphon A, construción número 267 de Astano. 
Torre eólica mariña en Astano.
Torre eólica mariña en Astano. 
Mural nas vivendas en San Valentín, Fene.
Mural nas vivendas en San Valentín, Fene. 
Astano en 2008.
Astano en 2008. 
Un dos diques de reparacións cun buque militar.
Un dos diques de reparacións cun buque militar. 
Navantia Fene.
Navantia Fene. 
Economato de Astano xestionado por Navantia, Fene.
Economato de Astano xestionado por Navantia, Fene. 

Notas

  1. Aguilar Sardina, Jacobo: "La construcción naval en Perlío (Fene) Taller de Ramón Aguilar" fenecom.blogspot.com.es 24/7/2009 (en castelán).
  2. Aguilar Sardina, Jacobo: "Astano en el Recuerdo (I)" fenecom.blogspot.com.es 22/5/2009 (en castelán).
  3. Ferrás Sexto, Carlos (1993). Desenvolvemento urbanístico e económico en Fene durante os séculos XIX e XX. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Fene: Concello de Fene. p. 132. ISBN 84-7191-938-9.
  4. Mayoral, Montse (7/9/2014). "El astillero de Fene, en la encrucijada". Diario de Ferrol (en castelán).
  5. Actividad económica en Ferrolterra y área de influencia Ferrolterra: Empresa y sociedad
  6. "Discoverer Enterprise" na páxina web de Transocean.
  7. Aguilar Sardina, Jacobo: "Imágenes de la Grúa Pórtico" fenecom.blogspot.com.es 30/6/2009 (en castelán).
  8. Aguilar Sardina, Jacobo: Buques construidos y características en Astano" fenecom1.blogspot.com.es 11/3/2014 (en castelán).
  9. Navantia y Windar logran en Portugal otra obra de eólica marina

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pérez Rodríguez, M. A. (2000). Astano. Un estaleiro na ría. Cadernos FerrolAnálisis 13. Club de Prensa de Ferrol. ISBN 978-92-0-298687-9.
  • ————————— (2001). Astano II. Un estaleiro na ría. Cadernos FerrolAnálisis 14. Club de Prensa de Ferrol. ISBN 978-92-0-338403-2.
  • Serantes Caínzos, José Manuel (2011). Astano: un estaleiro, unha vivencia. Concello de Fene / Deputación da Coruña.
  • Ferrás Sexto, Carlos (1993). Desenvolvemento urbanístico e económico en Fene durante os séculos XIX e XX. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Fene: Concello de Fene. ISBN 84-7191-938-9.

Ligazóns externas

Alba FSU

Alba FSU é unha plataforma tipo FSU construída por Astano para Chevron.En 2016 Alba leva producida unha media diaria de 15.300 barrís de petróleo. Dende o inicio da produción en 1994 leva extraídos 419 millóns de barrís de petróleo.

Chao de Vilar, Vilar, Pontedeume

Chao de Vilar é un lugar da parroquia de Vilar no concello coruñés de Pontedeume na comarca do Eume. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña 487 habitantes (235 homes e 252 mulleres).

É o lugar máis poboado da parroquia de Vilar e o segundo do concello despois do centro urbano debido en gran medida á Urbanización Olmo, construída na década de 1970 para as persoas que traballaban no estaleiro ASTANO e as súas familias. Así, dos 487 habitantes do lugar en 2010, 382 vivían nesta urbanización, dos que 186 eran homes e 196 eran mulleres.

Discoverer Enterprise

A Discoverer Enterprise é unha plataforma petrolífera móbil, tipo FPSO (Floating Production Storage and Offloading vessel), con dobre casco e dinamicamente situada, construída no estaleiro ASTANO, na ría de Ferrol. Foi botada o 12 de decembro de 1997 e entregada ó 6 de agosto de 1998. Na data da súa botadura era a maior plataforma petrolífera do mundo.

Discoverer Spirit

A Discoverer Spirit é unha plataforma petrolífera móbil, tipo FPSO (Floating Production Storage and Offloading vessel), con dobre casco e dinamicamente situada, construída no estaleiro ASTANO, na ría de Ferrol.O Discoverer Spirit pertence a unha serie de tres construídos en Astano:

Discoverer Enterprise

Discoverer Spirit

Discoverer Deep Seas

Estaleiro

Un estaleiro é o lugar onde se constrúen e reparan buques. Pode tratarse de iates, buques militares, barcos comerciais e outro tipo de barcos para transporte de mercancías, pasaxeiros e artefactos navais flotantes ou submarinos.

FENYA

FENYA (Fabricaciones Eléctricas Navales y Artilleras) foi unha empresa fundada no barrio ferrolán de Canido polo enxeñeiro José María González-Llanos, fundador de Astano.

Farwah

Farwah é unha plataforma offshore deseñada por Exmar e Izar. Constrído en Izar Fene (ex Astano). Foi construída en 18 meses, 6 menos do contratado. Custou 114 millóns de euros.En 2008 Exmar vendeu a plataforma a Mabruk Oil Operations.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Floating production storage and offloading

As Floating production storage and offloading, ou FPSO, son unidades navais flotantes de produción, almacenamento e descarga empregadas nos campos petrolíferos de gas e petróleo en alta mar. Os FPSO empréganse como unidades de almacenamento e primeiro procesado de petróleo, gas e derivados. Operan en campos petrolíferos recibindo o petróleo e gas por tubarías submarinas de varios pozos. As primeiras versións eran FSO (floating storage and offloading vessel), só facían o almacenamento do petróleo ata o transvasamento a buques lanzadeira (chamados shuttle) que o achegaban ás refinarías da costa.

Gryphon A

Gryphon A é unha unidade de explotación petrolífera construída en Astano para o armador noruegués KERR MeGEE.Na botadura o remolcador Prioriño afundiu ao chocar coas defensas do Gryphon A. En 2011 foi danado por unha tormenta.

IZAR

Izar construcciones navales foi constituída como sociedade en xullo de 2000, situándose como noveno grupo naval do mundo e segundo de Europa, sendo resultado da fusión entre Estaleiros Españois (AESA), sociedade que aglutinaba os estaleiros públicos civís:

Astilleros de Cádiz

Juliana Constructora Xixonesa

Manises Diesel Engine Company

Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO)

Astilleros de Puerto Real

Astilleros de Sestao

Astilleros de Sevillae os estaleiros públicos militares Bazán:

Ferrol

Cartagena

San FernandoEn decembro de 2004 a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos estaleiros de:

Izar Ferrol

Izar Fene (anteriormente ASTANO)

Izar Puerto Real

Izar San Fernando

Izar Cádiz

Izar Cartagenaestando a produción civil dos mesmos limitada a un 20% da actividade total do grupo. En abril de 2005 a SEPI comeza o proceso de liquidación de Izar, que desde entón non pode conseguir novos contratos.

Joaquín González-Llanos Galvache

Joaquín González-Llanos Galvache, finado en Ferrol o 3 de novembro de 2008, foi un enxeñeiro e político galego.

José María González-Llanos

José María González-Llanos Caruncho, nado en Ferrol o 27 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1990, foi un militar, empresario e enxeñeiro galego, director de Bazán, fundador de FENYA e Astano.

Juan Pérez Dopico

Juan Pérez Dopico, alcumado Xan de Xenaro, nado en Grandal (Vilarmaior) en 1917 e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

La Maquinista Terrestre y Marítima

La Maquinista Terrestre y Marítima (tamén coñecida como MTM) foi unha empresa metalúrxica de orixe catalán adicada ao deseño e construción de infraestruturas. Foi fundada en Barcelona o 14 de setembro de 1855 por Nicolau Tous i Soler, Nicolau Tous i Mirapeix e Celedonio Ascacíbar, situados en el Raval de Barcelona. Dende 1989 pertence á multinacional francesa Alstom.

En Galicia construíu o guindastre pórtico de Astano entre 1970-71, deseño da empresa alemá PHB Junko, sendo a maior de toda Europa.

Navantia

Navantia é unha sociedade pública de construción naval militar creada en 2005 como resultado da segregación da rama militar da antiga Izar.

Petrojarl Foinaven

Petrojarl Foinaven é un FPSO (Floating crude Production Storage and Offloading unit) construído en Astano.

Ría de Ferrol

A ría de Ferrol é unha das rías galegas situada nas rías altas, no Golfo Ártabro.

San Valentín, Fene

San Valentín é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.407 habitantes (717 mulleres e 690 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.766 habitantes.

San Valentín deu nome á promoción de vivendas: Cooperativa San Valentín de vivendas. Na Chousa de Perlío, propiedade de Astano, cunha superficie de 64.000 m². Do desmonte desta zona saíu material para as ampliacións de Astano. A primeira fase foron 384 vivendas, rematadas en setembro de 1970. Outras 240 vivendas da II Fase inícianse en 1972.

Fitos de Astano
Data Descrición
1941 Estaleiro de ribeira de 3000 m² e 33 traballadores: Buques de madeira.
1941-1960 Buques de pesca: Astano constrúe 82 pesqueiros.
1942 Comandante Lobo: Primeiro buque construído en Astano, 23 metros de eslora.
1944 Astano pasa a ser Sociedade Anónima.
1946 Creación do economato de Astano.
1948 Buques en aceiro: Pasa a construír buques en aceiro remachados.
1950 Inicio das obras de construción do dique 1, rematadas en 1956.
1951 Astano ten 1225 traballadores.
1957 Inicio das obras nas novas bancadas, rematadas en 1960.
1961-1980 Entra na construción de petroleiros.
1963 Botadura do cargueiro Artemision, de 30 000 toneladas: Astano ten 2500 traballadores.
1966 Botadura do Ildefonso Fierro de 219 m.: Primeiro petroleiro botado nas novas bancadas, Astano ten 3129 traballadores.
1968 Botadura do Laieta, de 196 metros de eslora: Primeiro metaneiro construído en España.
1971 Construción da grúa pórtico e do dique 2.
1972 Astano ten 6000 traballadores, entrada do INI na empresa.
1975 Botadura do petroleiro Santa María de 346 metros de eslora e 365 000 toneladas.
1979 Astano traballa ao 30% da súa capacidade, o INI toma o control da empresa.
1982 Astano ten 7000 traballadores.
1984-1987 Reconversión naval.
1987 El Dorado de 264 metros de eslora: Último buque construído en Astano.
1989 Construción offshore.
1992 Astano ten 2017 traballadores.
1997 Construción offshore.
2000 Astano ocupa 755 000 metros cadrados de superficie, mais ten pouco máis de 1000 traballadores. En xullo Astano pasa a chamarse IzarFene.
2004 Pasa a chamarse Navantia.
2015 Fin do veto á construción de buques: Eólica mariña.
Fitos de Astano [5]
Década 1941 a 1949 (Número de construción 1 a 36)
Nome Tipo Botado Entregado
1 Comandante Lobo Pesqueiro 25-08-1942 10-12-1942
2 Tabeirón Pesqueiro 21-11-1945 25-01-1946
3 Cachalote Pesqueiro 04-03-1946 09-03-1946
4 Astano Remolcador 10-10-1943 01-01-1944
5 Constantino Lobo Pesqueiro 02-08-1943 30-12-1943
6 Rosita Iglesias Nº 2 Costeiro 22-06-1945 22-06-1945
7 Marujín Costeiro 22-06-1945 22-06-1945
8 Chanteiro Costeiro 24-02-1944 28-06-1944
9 Batea Nº 1 Batea 20-12-1943 20-12-1943
10 Villa de Perlío Lancha de pasaxe 10-04-1944 20-06-1944
11 Medina Tanya Costeiro 21-04-1947 01-07-1949
12 Medina Xauen Costeiro 21-04-1947 01-07-1949
13 M. Gestoso Chicha Pesqueiro 14-02-1945 02-05-1945
14 P. Costas Maravilla Pesqueiro 14-02-1945 02-05-1945
15 Almadrabero Costeiro 16-03-1945 28-06-1945
16 Conde de Barbate Costeiro 16-03-1945 28-06-1945
17 Andrés Costeiro 23-05-1947 01-08-1947
18 Batea Nº 2 Batea 10-01-1945 10-01-1945
19 Cabría Flotante Nº 1 Cabría 20-11-1945 29-07-1946
20 Marola Lanchón de carga 11-04-1945 11-04-1945
21 ? Batea 11-08-1945 23-11-1945
22 ? Batea 22-11-1945 23-11-1945
23 Chas Pesqueiro 04-06-1947 16-02-1948
24 ? Barcaza basculadora 07-03-1946 05-07-1946
25 ? Barcaza basculadora 15-05-1946 05-07-1946
26 ? Barcaza basculadora 14-06-1946 10-07-1946
27 ? Barcaza basculadora 15-07-1946 17-07-1946
28 Muelle flotante 25 Bateas 20-07-1945 20-07-1945
29 ? Batea 23-11-1945 26-11-1945
30 ? Batea 22-12-1945 31-12-1945
31 Iglesias I Pesqueiro 22-07-1947 02-08-1947
32 Iglesias II Pesqueiro 22-07-1947 22-09-1947
33 ? Batea 30-03-1946 30-03-1946
34 ? Lancha de servizo 31-08-1946 10-09-1946
35 Mardomingo C Pesqueiro 31-10-1948 31-10-1948
36 Mardomingo D Pesqueiro 04-10-1948 04-10-1948
Década 1950 (Número de construción 37 a 102)
Nome Tipo Botado Entregado
37 Santa Cecilia Bacaladeiro 11-05-1951 21-02-1952
38 Santa Amalia Bacaladeiro 05-09-1952 07-04-1953
39 Santa Inés Bacaladeiro 24-09-1953 08-01-1954
40 Santa Elvira Bacaladeiro 15-09-1954 22-10-1954
41 Eduardo Vieira Pesqueiro 17-01-1949 17-01-1949
42 Julio Vieira Pesqueiro 30-11-1948 17-01-1949
43 San Felipe Pesqueiro 30-11-1948 26-03-1949
44 Palma Pesqueiro 14-03-1949 26-03-1949
45 Marinemi Pesqueiro 05-05-1951 05-07-1951
46 Mariblanca Pesqueiro 05-05-1951 04-07-1951
47 San Antón Costeiro 11-11-1954 16-12-1954
48 Río Tambre Costeiro 15-03-1956 24-09-1956
49 W-33 Centinela Garda pesca 18-12-1952 05-01-1953
50 W-34 Serviola Garda pesca 18-12-1952 05-01-1953
51 Mar de Irlanda Pesqueiro 04-10-1948 17-12-1948
52 Mar de La Rochela Pesqueiro 04-10-1948 17-12-1948
53 Marola Pesqueiro 27-06-1949 07-07-1949
54 Mar del Sur Pesqueiro 26-06-1950 03-05-1951
55 Masso Nº 25 Pesqueiro 05-02-1951 08-03-1951
56 Masso Nº 26 Pesqueiro 26-12-1950 08-03-1951
57 Parrote Pesqueiro 21-12-1953 21-01-1954
58 Palloza Pesqueiro 21-12-1953 21-01-1954
59 Gestoso Mera Pesqueiro 29-08-1953 03-09-1953
60 Gestoso Alvarez Pesqueiro 29-08-1953 03-09-1953
61 Masso Nº 27 Pesqueiro 21-06-1951 09-07-1951
62 Riazor Pesqueiro 28-12-1954 19-01-1955
63 Bastiagueiro Pesqueiro 28-12-1954 19-01-1955
64 H-2 Hidrográfico 03-04-1950 29-05-1951
65 H-5 Hidrográfico 03-04-1950 29-05-1951
66 Vispón Pesqueiro 16-10-1951 23-11-1951
67 Muela Pesqueiro 16-10-1951 23-11-1951
68 Monseñor Pesqueiro 04-02-1950 07-03-1951
69 Majestad Pesqueiro 04-02-1950 07-03-1951
70 Marilí Costeiro 16-09-1955 16-01-1956
71 Río Jallas Costeiro 30-12-1955 13-04-1956
72 Lalasia Costeiro 29-12-1955 27-03-1956
73 Río Umia Cargueiro 14-10-1958 05-01-1961
74 Gabarra Gabarra 31-10-1950 18-11-1950
75 Gabarra Gabarra 31-10-1950 18-11-1950
76 Gabarra Gabarra ? 18-11-1950
77 Gabarra Gabarra ? 18-11-1950
78 Espenuca Pesqueiro 27-04-1956 30-06-1956
79 Brigo Pesqueiro 27-04-1956 30-06-1956
80 Bocelo Pesqueiro 27-04-1956 30-06-1956
81 Marinero Atuneiro 17-12-1956 02-12-1957
82 Marchoso Atuneiro 18-12-1956 02-12-1957
83 Tulipán Pesqueiro 19-12-1956 14-03-1957
84 Cantón Grande Costeiro 04-09-1959 21-01-1960
85 Cantón Pequeño Costeiro 16-02-1960 28-06-1960
86 Santa Paula Bacaladeiro 06-09-1956 04-04-1957
87 Santa Mónica Bacaladeiro 04-10-1956 15-06-1957
88 Santa Matilde Bacaladeiro 12-12-1958 24-03-1959
89 Santa Regina Bacaladeiro 25-03-1959 04-07-1959
90 Masso Nº 32 Pesqueiro 18-02-1957 18-04-1958
91 Mar Galaico Pesqueiro 18-02-1957 13-03-1958
92 Mar de Barents Pesqueiro 15-03-1957 26-06-1958
93 Mar Hispánico Pesqueiro 02-04-1957 09-05-1958
94 Mar de Escocia Pesqueiro 02-04-1957 15-02-1958
95 Mar de Hébridas Pesqueiro 02-04-1957 15-02-1958
96 Amelia Meirama Pesqueiro 28-08-1964 05-12-1964
97 Julio Molina Pesqueiro 28-08-1964 05-12-1964
98 Many Costeiro 13-06-1957 12-05-1958
99 Río Samo (ex La Ceiba) Costeiro Reconstruído 21-12-1957
100 Maypa Costeiro 13-06-1957 12-05-1958
101 Mar Uno Pesqueiro 02-11-1959 06-07-1960
102 Mar Dos Pesqueiro 02-11-1959 06-07-1960
Década 1960 (Número de construción 103 a 220)
Nome Tipo Botado Entregado
103 Mar Tres Pesqueiro 16-02-1960 22-08-1960
104 Mar Cuatro Pesqueiro 16-02-1960 22-08-1960
105 Herada Costeiro 19-02-1958 06-04-1960
106 La Pared Costeiro 19-02-1958 22-11-1960
107 Prioriño Remolcador 10-12-1965 07-07-1966
108 Argonte Pesqueiro 23-03-1962 20-09-1962
109 Prada Pesqueiro 28-09-1962 04-02-1963
110 Rigel Pesqueiro 02-11-1959 08-11-1960
111 Denebole Pesqueiro 02-11-1959 08-11-1960
115 Ría de Marín Pesqueiro 02-11-1959 03-06-1960
116 Parrote Pesqueiro 02-05-1958 09-07-1958
120 Lago Sanabria Carguero Reconstruído 14-07-1964
131 Ave Petrolero Reconstruído 20-11-1958
132 San Paulo Costeiro 30-12-1963 01-08-1964
133 Cotos Costeiro 31-05-1965 30-11-1965
136 O Montalegre Iate 07-10-1960 14-06-1961
137 Monte Barbanza Pesqueiro 30-06-1961 09-08-1961
138 Playa de Coroso Pesqueiro 17-04-1961 12-06-1961
139 Eva Mari Pesqueiro 17-04-1961 15-06-1961
140 Carmen Vilariño Pesqueiro 17-04-1961 21-06-1961
141 Costa Cantábrica Pesqueiro 06-02-1962 18-06-1962
143 Alvedro Pesqueiro 30-06-1961 11-08-1961
144 Elviña Pesqueiro 30-10-1962 07-03-1963
145 Carina Pesqueiro 28-07-1961 03-08-1961
146 Soñeiro Pesqueiro 25-05-1963 09-07-1964
147 Presidente H. Irigoyen (Perito Moreno) Petroleiro 02-04-1965 22-02-1967
148 Alkes Pesqueiro 28-07-1961 03-08-1961
149 Gamba Pesqueiro 22-11-1961 18-12-1961
151 Carlos Otero Pesqueiro 20-06-1962 13-03-1963
154 Notos Pesqueiro 07-05-1962 29-08-1962
155 Abaris Pesqueiro 07-05-1962 29-08-1962
156 Norma Pesqueiro 21-12-1962 12-01-1963
157 Bonn Carguero 02-07-1962 15-12-1962
158 Basel Cargueiro 02-07-1962 15-12-1962
159 Brielle Cargueiro 02-07-1962 15-12-1962
160 Carmen Cargueiro 09-07-1963 10-01-1964
161 Konsul Retzlaff Cargueiro 31-10-1963 27-04-1964
162 Virna Cargueiro 29-10-1962 08-05-1963
163 Ferninand Retzlaff Cargueiro 26-02-1963 10-06-1963
164 Hesperus (ex Akera) Cargueiro 21-06-1963 09-03-1964
165 Alar (ex Stubbenhuk) Cargueiro 14-02-1964 05-09-1964
166 Artemisión Cargueiro 18-10-1963 24-11-1964
167 Alex Carguero 27-04-1964 07-11-1964
168 Mani Lisa Pesquero 29-01-1964 12-06-1964
169 María Victoria Moyano Pesqueiro 29-01-1964 18-06-1964
170 Amelia de Llano Pesqueiro 29-01-1964 12-06-1964
171 Eirís Pesquero 14-07-1964 30-10-1964
172 Monte San Alberto Pesqueiro 25-05-1963 26-09-1963
173 Finisterre Remolcador 17-12-1963 20-08-1964
175 Iñás Pesqueiro 16-03-1964 24-07-1964
176 Santa Susana Pesqueiro 14-07-1964 08-10-1964
177 Glaciar Blanco Cargueiro 29-02-1964 19-09-1964
178 Glaciar Azul Cargueiro 27-05-1964 14-11-1964
179 Montrove Pesqueiro 14-07-1964 30-10-1964
180 Bens Pesqueiro 29-01-1964 18-06-1964
118 El Puntal Carguero Reconstruído 21-04-1969
182 Joaquín Ponte Naya Cargueiro 19-12-1964 15-11-1965
183 Campomarino Petroleiro 27-06-1964 17-12-1964
184 Campofrío Petroleiro 28-07-1964 03-02-1965
185 Camporrobles Petroleiro 05-10-1964 25-02-1965
186 Glaciar Verde Cargueiro 09-10-1964 24-02-1965
187 Campochico Petroleiro 19-01-1965 28-04-1965
188 Orduña Cargueiro 18-03-1965 29-07-1965
189 Glaciar Gris Cargueiro 18-01-1965 08-05-1965
190 Ildefonso Fierro Petroleiro 06-06-1966 12-11-1966
191 Baire Cargueiro 28-07-1965 25-02-1966
192 Jiguani Cargueiro 22-02-1966 29-07-1966
193 Camponaraya Petroleiro 03-06-1965 15-10-1965
194 Iglesias Carrero Pesqueiro 26-10-1965 21-01-1966
195 Pedro Menéndez Cargueiro 22-07-1966 27-02-1967
196 Notos Segundo Pesqueiro 22-04-1966 17-02-1967
197 Glaciar Rojo Cargueiro 06-12-1965 15-04-1966
198 Notos Tercero Pesqueiro 22-04-1966 08-03-1967
199 Notos Cuarto Pesqueiro 07-05-1966 17-02-1967
200 Notos Quinto Pesqueiro 07-05-1966 08-03-1967
201 Ceuta Petroleiro 25-04-1967 29-04-1968
202 García Munté Cargueiro 25-01-1967 27-01-1968
203 Pablo Garnica Petroleiro 14-05-1968 20-01-1969
204 Ragar Cargueiro 22-07-1967 07-05-1968
205 Glaciar Negro Cargueiro 18-06-1966 20-12-1966
206 Río Nansa Frigorífico 30-11-1966 11-08-1967
207 Río Besaya Frigorífico 30-11-1966 09-10-1967
208 Carmen M. Pinillos Frigorífico 26-05-1967 15-02-1968
209 Trevinca Frigorífico 19-09-1967 30-12-1967
210 Lago San Mauricio Frigorífico 26-05-1967 20-12-1967
211 Laietá Metaneiro 21-12-1968 28-07-1970
212 ? Draga Succión ? ?
213 El Mansour Bi Llah Frigorífico 29-12-1967 17-06-1968
214 Santander Petroleiro 18-03-1969 06-10-1969
215 Playa Blanca Cargueiro 09-07-1968 21-08-1968
216 Playa de Naos Cargueiro 09-07-1968 24-08-1968
217 Camino Cargueiro 19-05-1969 16-12-1969
218 El Mansour Dahbi Frigorífico 30-01-1968 25-09-1968
219 Merced Cargueiro 19-05-1969 16-01-1970
220 Móstoles Petroleiro 13-09-1969 21-03-1970
Década 1970 (Número de construción 221 a 248)
Nome Tipo Botado Entregado
221 Manuel Yllera Cargueiro 14-11-1970 14-05-1971
222 Playa de Riazor Petroleiro 07-07-1970 07-10-1970
223 Solares Bulkcarrier 09-01-1970 17-07-1970
224 Frouxeira Cabría 11-01-1975 11-01-1975
225 Melilla Petroleiro 21-08-1970 11-03-1971
226 Arteaga Petroleiro 15-04-1972 16-12-1972
227 Butrón Petroleiro 04-04-1973 04-12-1973
228 Muñatones Petroleiro 28-04-1971 08-10-1971
229 Ocean Park Petroleiro 10-12-1973 08-08-1974
230 La Niña Petroleiro 18-12-1971 28-04-1972
231 Al Andalus Petroleiro 14-11-1974 26-04-1975
232 La Santa María Petroleiro 12-08-1975 22-12-1975
233 Chun Woo Petroleiro 24-10-1972 28-07-1973
234 Texaco Spain Petroleiro 30-06-1973 19-07-1974
235 Texaco London Petroleiro 19-12-1975 01-06-1976
236 Afran Odyssey (ex Dalma) Petroleiro 12-04-1975 22-09-1975
239 Tarragona Petroleiro 06-04-1974 30-11-1974
240 Texaco South América Petroleiro 11-05-1976 08-10-1976
241 Carthago Nova Petroleiro 07-08-1976 30-12-1976
242 Mundaca Petroleiro 18-12-1976 20-06-1977
243 Munguía Petroleiro 18-04-1977 11-10-1977
244 Mónica María Petroleiro 29-07-1977 08-11-1978
245 Tarraco Augusta Petrolero 11-07-1979 25-11-1980
246 María José T O.B.O. 12-12-1977 01-08-1979
247 Mapy T O.B.O. 21-04-1978 01-08-1979
248 Castillo de Salas Bulkcarrier 20-12-1979 23-08-1980
Década 1980 (Número de construción 249 a 266)
Nome Tipo Botado Entregado
249 Northern Gale Bulkcarrier 17-05-1980 26-11-1980
254 Intermar Alliance Petroleiro 05-12-1980 02-07-1981
255 Petar Lekovic (ex Sofía) Petroleiro 12-12-1981 20-12-1985
256 Ocean Captain (ex Velimir Skorpik) Petroleiro 27-03-1982 14-11-1985
257 Eva Petroleiro 19-06-1981 31-12-1981
258 Christina Petroleiro 15-09-1981 08-04-1982
259 Caddie Petroleiro 22-03-1981 11-09-1981
260 Marine Renaissance Petroleiro 23-07-1982 17-11-1983
262 Hadera Bulkcarrier 14-12-1982 20-07-1983
263 Patria (ex Atara) Bulkcarrier 14-07-1983 05-07-1984
265 El Dorado Bulkcarrier 17-09-1986 30-03-1987
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989 16-07-1991
Década 1990 (Número de construción 267 a 277)
Nome Tipo Botado Entregado
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992 26-02-1993
268 Svanen (2 pontonas) Pontona 25-06-1990 20-07-1990
269 Alba FSU F.S.U. 09-03-1993 30-08-1993
270 C-72 de AESA P. Real Petroleiro 28-02-1995 28-02-1995
272 Castoro XI Barcaza 10-01-1995 24-01-1995
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995 25-10-1996
274 Captain FPSO FPSO 02-07-1996 21-12-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997 06-08-1998
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999 06-10-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999 26-06-2000
Década 2000 (Número de construción 278 a 280)
Nome Tipo Botado Entregado
278 Tarifa Primero Dique Caixóns 29-10-2001 30-11-2001
279 Farwah FPSO 07-10-2002 04-04-2003
280 Snohvit Barcaza planta LNG 06-08-2003 20-08-2003

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.