AG-64

A Autovía Ferrol - Vilalba ou AG-64 é unha vía de altas prestacións autonómica galega, que une as cidades de Ferrol e Vilalba pasando polas Pontes de García Rodríguez.

Empeza na AC-116 no límite entre os concellos de Narón e Ferrol, e liga coa AC-861 nas Pontes de García Rodríguez, continúa a prolongación ata Vilalba e alí liga coa Autovía do Cantábrico (A-8). Ten nove ligazóns, das que oito son totais e unha parcial.

Esta autovía foi construída en catro fases: a primeira Ferrol - A Casanova entre 2003 e 2004; a segunda A Casanova - Igrexafeita en 2004, a terceira Igrexafeita - As Pontes, na que as obras concluíron finalmente en setembro de 2007 con máis dun ano de atraso debido á inestabilidade dun talude; e a cuarta As Pontes - Cabreiros entre 2005 e 2008, onde enlaza coa LU-540 cara a Muras e Viveiro. Houbo gran polémica pola destrución dos restos dun Círculo Lítico que se achaban en pleno trazado da autovía[Cómpre referencia].

En febreiro do 2010 foi posta en servizo o treito ata Vilalba, no treito Cabreiros - Vilalba, onde liga coa Autovía do Cantábrico, a A-8

AG-64
Autovía Ferrol - Vilalba
Rotonda inicio autovía Ferrol Narón wikigl
Rotonda de inicio, na estrada Catabois-Valdoviño.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude56,3 km
Localización
Inicio AC-116  Narón
Fin  A-8   LU-861  Vilalba

Saídas

Número de Saída Nome de Saída Estrada que liga
Spain traffic signal s1.svg Ferrol por  AC-116   AC-116 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 1 Porto Exterior de Ferrol  N-655 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 3 O Val
Meirás
Polígono Río do Pozo
 AC-116 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 6 Castro
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 7 Valdoviño
Cedeira
 AC-566 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 13 Ortigueira
Viveiro
Ferrol
 AC-862 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 17 San Sadurniño  AC-125 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 18 Igrexafeita  AC-861   AC-125 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 26 Espiñaredo
Somozas
 AC-861 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 31 Saa
Polígono industrial de Penapurreira
 AC-142 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 33 As Pontes (Oeste)
Polígono industrial de Penapurreira
A Capela
 AC-861 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 36 As Pontes (Sur)
Polígono Os Airíos
 AC-7003   AC-7001 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 42 Cabreiros
Muras
Xermade
Viveiro
 LU-540   LU-861   LU-170 
Spain traffic signal s2.svg Vilalba  A-8 
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-221

A AC-221 é unha estrada da rede secundaria. Une as localidades coruñesas de San Pedro de Nós (Oleiros) e Marcés (Mabegondo, Abegondo), logo de 13 quilómetros.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

N-655

A N-655 ou Acceso ao porto exterior de Ferrol é unha estrada nacional que conecta a FE-12, da Rede de estradas do Estado, co porto exterior de Ferrol, ademais doutras vías intermedias como a AC-116 e a AG-64.

Nelle, Castro, Narón

Nelle é un lugar da parroquia de Castro no concello de Narón na provincia da Coruña que conta coa maior concentración demográfica da parroquia. Tiña 198 habitantes no ano 2006 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 90 homes e 108 mulleres, .

O lugar está atravesado pola vía AC-566, que comunica Ferrol con Cedeira. Tamén conta cun acceso á AG-64 ou autovía Ferrol-As Pontes.

OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Polígono industrial dos Airíos

O Polígono industrial dos Airíos é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello das Pontes García Rodríguez.É un polígono situado preto da zona urbana das Pontes. Construíuse en 1998 e ten unha superficie de 269 953 metros cadrados en dúas fases.

Ten acceso á N-641 e está a 38 km da A-6. Pola AG-64 ten acceso a Ferrol e Vilalba.

Vía de Alta Capacidade da Costa Norte

A Vía de Alta Capacidade da Costa Norte ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte é un corredor variante de poboacións, actualmente unha vía para automóbiles, con trazado válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía (trazado con velocidade específica R-100 segundo a norma 3.1-IC do Ministerio de Fomento de España). Denomínase como CG-1.3 no seu percorrido pola provincia da Coruña e CG-2.3 no seu percorrido pola provincia de Lugo

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.