AG-59

A AG-59, tamén coñecida como autovía Santiago-A Estrada é unha vía autonómica galega, na actualidade cobre o traxecto de Santiago de Compostela á Ramallosa e está previsto que continúe até A Estrada, coa posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei para enlazar coa N-541 ou a PO-534.[1][2]

Actualmente co tramo de Santiago de Compostela-A Ramallosa están en servizo uns 5,9 quilómetros de lonxitude, a prolongación até A Estrada,  serían outros 11,5 quilómetros de lonxitude, e a posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei, podería sumar outros 16 quilómetros.

O primeiro tramo de Santiago de Compostela á Ramallosa foi inaugurado o 21 de novembro do ano 2008, tras dous anos das obras, que se empezaron a executar en maio do ano 2006.[3][4]

AG-59
TipoloxíaAutoestrada de peaxe na sombra
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude5,9 km
Localización
Inicio  AP-53  (saída 1)
Fin AC-841  A Ramallosa
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

Tramos

Denominación Tramo Quilómetros Ano servizo / Estado (2017)
    AG-59   AP-53  Santiago de Compostela -  AC-841  A Ramallosa 5,9 2008[3][4]
  [[AC-841|AC-841]]   A Ramallosa - Pontevea 2,8 En redacción de proxecto (pendente licitación de obras en 2018)[1]
Pontevea - O Rollo 4,7 En redacción de proxecto (pendente licitación de obras en 2018?)[2]
O Rollo - Matalobos 4 En redacción de proxecto (pendente licitación de obras)[3]
Matalobos - N-541 Cerdedo ou PO-534 Forcarei 16 +/- Estudo informativo

Saídas

Velocidade Esquema Saída Sentido A Ramallosa (AC-841) Carrís Sentido Santiago de Compostela-Ourense (AP-53) Estrada Notas
Spain traffic signal r301-40
Glorieta autovia inicio
Spain traffic signal s1a.svg
Comezo da
Autovía Santiago - A Estrada
 AG-59  Procede de:   AG-59   Santiago de Compostela - Ourense

Spain traffic signal p4
Fin da
Autovía Santiago - A Estrada
 AG-59  Incorporación final:     AP-53    Dirección final:     AP-53    Os Tilos    AP-53   Santiago de Compostela   AP-9   A Coruña - Pontevedra   VG-1.6     N-525   Santiago de Compostela - Ourense   AG-59   Silleda - Lalín - Ourense
Spain traffic signal r200a.svg
Spain traffic signal s2a.svg
Limite velocidad 120 autovia
Salida-entrada autovia
1AB-AS.svg
Cacheiras
Spain traffic signal s11a.svg
Cacheiras
  AG-58  
Limite velocidad 120 autovia
Tunel autovia
Spain traffic signal s5
 Túnel da Torre  200 m
 
Spain traffic signal s11a.svg
 Túnel da Torre  200 m
 
Spain traffic signal s5
Limite velocidad 120 autovia
Tunel autovia
Spain traffic signal s5
 Túnel de Castres  280 m
 
Spain traffic signal s11a.svg
 Túnel de Castres  280 m
 
Spain traffic signal s5
Limite velocidad 120 autovia
Salida-entrada autovia
4AB-AS.svg
Os Verxeles Oza
Spain traffic signal s11a.svg
Os Verxeles Oza
  CP-8201  
Limite velocidad 120 autovia
Salida-entrada autovia asc
6AB-AS.svg
Santiago de Compostela A Estrada
Spain traffic signal s52d.png
  AC-841  
Spain traffic signal r301-50
Fin autovía-carretera autonomica
Spain traffic signal s2a.svg
Fin da
Autovía Santiago - A Estrada
  AG-59   Dirección final:   AC-841   Santiago de Compostela - A Estrada
Spain traffic signal p25
Inicio da
Autovía Santiago - A Estrada
  AG-59   Procede de:   AC-841   A Ramallosa
Spain traffic signal s1a.svg
Spain traffic signal tp18
Obras en proxecto Tramo: A Ramallosa-A Estrada-Cerdedo ou Forcarei
Spain traffic signal tp18
Obras en proxecto Tramo: A Ramallosa-A Estrada-Cerdedo ou Forcarei
Spain traffic signal tp18

Notas

  1. Ana Cela - Faro de Vigo (2013-10-24). "El PSOE de Forcarei y Cerdedo ve alejarse la llegada de la autovía a Terra de Montes". Consultado o 2017-05-10.
  2. Ana Cela - Faro de Vigo (2017-01-10). "El PSOE reclama la prolongación de la autovía AG-59 hasta Forcarei y Cerdedo". Consultado o 2017-05-10.
  3. 3,0 3,1 Emma Araújo (2008-11-22). "La nueva autovía de Teo reduce a diez minutos el recorrido Santiago-Cacheiras". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-10.
  4. 4,0 4,1 F. Franjo - El Correo Gallego (2008-11-20). "La variante de Cacheiras se abrirá al tráfico desde mañana" (en castelán). Consultado o 2017-05-10.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-56

A autovía AG-56 é unha vía de altas prestacións une a Autoestrada do Atlántico á altura do Rial de Conxo (Santiago de Compostela) co corredor CG-1.5 na localidade de Gontade (Os Ánxeles, Brión). Ten unha lonxitude aproximada de 12 km e é propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

AG-58

A autovía de acceso a Cacheiras, é unha autovía autonómica galega, AG-58, comeza na autovía AG-59 e chega até Cacheiras logo duns 1,4 quilómetros. Está limitada a 100 km/h por se tratar dun pequeno tramo de 1,4 quilómetros.

Foi inaugurada a comezos do ano 2008, tras máis de dous anos de obras, que empezaran en maio do ano 2005.

Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios, mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios ós oito meses da súa posta en servizo.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

VG-1.6

A VG-1.6 é unha vía de alta capacidade que une a AP-53, á altura do lugar de Mosqueiros, coa N-525 no lugar de Santa Lucía. Asemade, serve como conexión desde esta última vía á AG-59.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.