AG-13

A AG-13 ou Vía Ártabra é unha autovía dependente da Xunta de Galicia. Actualmente da continuidade á VG-1.3 desde o P. K. 6 até a N-VI, xusto nos lindeiros entre as parroquias de Soñeiro (Sada) e Iñás (Oleiros)[1]. No futuro ligará coa AP-9 e terá unha conexión directa co polígono industrial do Espírito Santo[2].

Foi inaugurada en 2013 canda a VG-1.3 e boa parte da AC-527 e a súa construción custou 71 millóns de euros[3]. Dáse a particularidade de que os fitos quilométricos sinalan a mesma orixe cá da VG-1.3, en Veigue, non a partir do desdobramento que se produce no punto onde ha confluír co futuro acceso a Sada.

En 2010 a Xunta de Galicia tomou a decisión de suprimir a continuación deste corredor de alta capacidade até a A-6, inicialmente prevista, por motivos económicos.[4] Porén en 2017, desde a Axencia Galega de Infraestruturas, volvían deixar aberta a posibilidade dunha futura conexión coa autovía do Noroeste.[5]

AG-13
Vía Ártabra
Tipoloxíaautovía
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude(en servizo) 2 km
Formato2 carrís en cada sentido máis beira vía
Localización
Inicio VG-1.3  P. K. 6
Fin N-VI  Iñás (nun futuro  AP-9 )
LocalidadeOleiros
Circulación
TránsitoRodado, non peonil.
Velocidade máxima80 km/h

Notas

  1. "VisorSigPac". sixpac.xunta.es. Consultado o 2016-08-09.
  2. M. Villar - La Opinión de A Coruña. "La vía ártabra conectará con la autopista en A Gándara y costará 37,7 millones". Consultado o 2017-05-08.
  3. Ivá Aguiar - La Opinión de A Coruña. "Unos 3.000 coches utilizan la vía ártabra, un 80% menos de lo previsto por la Xunta". Consultado o 2017-05-08.
  4. Juan Torreiro (2010-10-23). "«Cambre debe definir el trazado de la vía Ártabra en su territorio»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-08.
  5. "A Xunta garante a conexión da AP-9 coa Vía Ártabra na Gándara como a alternativa de maior seguridade viaria e menor afección". Xunta de Galicia. 2017-04-06. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 2017-05-08.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-527

A AC-527 ou Variante de Oleiros da Vía Ártabra é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia.

As obras para a súa construción empezaron no outono de 2009. En 2011 decidiuse que este ramal sería de vía convencional para lle dar maior permeabilidade á capital municipal, dotándoo de rotondas e pasos peonais, porén si se levou finalmente a cabo a instalación dun valado como corresponde a unha vía de alta capacidade.

O 30 de xuño de 2012, inaugurouse un primeiro tramo de 700 metros, o resto entraría en servizo canda a AG-13, en setembro de 2013.

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

VG-1.3

A VG-1.3 ou Vía Ártabra é unha vía para automóbiles dependente da Xunta de Galicia. Parte do cruzamento da estrada AC-163 coa AC-526 en Veigue e remata na autovía AG-13, no lugar do Castelo. O primeiro tramo inaugurouse entre Veigue e Meirás o 28 de febreiro de 2012, o resto foi aberto canda a AG-13, o 6 de setembro de 2013.

Vía Ártabra

A Vía Ártabra é un corredor para vehículos no Arco Ártabro dependente da Xunta de Galicia, concibido para canalizar cara á AP-9 o crecente tráfico xerado polas zonas rururbanas e barrios dormitorio de Oleiros, Sada e norte de Cambre, así como para desconxestionar a N-VI e as estradas das redes primaria complementaria, secundaria e provincial que integran a trama viaria deses concellos.

Consta dun tronco central, conformado pola AG-13 (parcialmente en servizo), a partir do cal xorden ramificacións para dotar de accesos e/ou circunvalar asentamentos de poboación e comerciais-industriais que conforman a área metropolitana da cidade da Coruña. As dúas principais ramificacións son a VG-1.3, xa en servizo e que da continuidade á AG-13 cara ao norte, e a vía de acceso e variante de Sada, pendente dos estudos informativos e de impacto ambiental desde febreiro de 2015 mais sobre o que xa se leva a traballar desde 2012.

Canda estas novas vías de alta capacidade, e como parte integrante do corredor, foron construídas dúas novas estradas pertencentes á rede primaria básica: a AC-526 (Acceso ao porto de Lorbé, considerado como o "treito III" da Vía Ártabra) e a AC-527 (Variante de Oleiros). Asemade, fixéronse conexións coas estradas AC-163, DP-5815, AC-183 DP-7508, DP-5812, DP-1707, DP-5813 e N-VI, onde remata a AG-13 en espera da súa prolongación cara a AP-9.

Adicionalmente, os concellos da zona veñen reclamando desde hai anos que o proxecto se estenda até a A-6 para dotar de maior utilidade esta infraestrutura. O feito é que nos seus primeiros anos de posta en funcionamento, a Vía Ártabra vén amosando uns índices de tráfico por debaixo do agardado. Se ben o proxecto inicial si tiña prevista esta conexión, en 2010 a Xunta de Galicia tomou a decisión de suprimir a continuación deste corredor de alta capacidade até a A-6, inicialmente prevista, por motivos económicos. Porén en 2017, desde a Axencia Galega de Infraestruturas, volvían deixar aberta a posibilidade dunha futura conexión coa autovía do Noroeste.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.