AG-11

A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía autonómica galega que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VR 1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015[1].

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.[2]

AG-11
Autovía do Barbanza
Curota Arousa
TipoloxíaAutoestrada de peaxe na sombra
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude40 km
Localización
Inicio N-550  Padrón
Fin AC-550  Ribeira

Notas

  1. Pastor asiste a la puesta en servicio la Variante de Padrón (N-550), en A Coruña Ministerio de Fomento. Consultado o 16/10/2015 (en castelán).
  2. Serafín Lorenzo (2016-02-21). "Las autovías de peaje encubierto superan el tráfico que llevó a la Xunta a pagar más". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-08.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-221

A AC-221 é unha estrada da rede secundaria. Une as localidades coruñesas de San Pedro de Nós (Oleiros) e Marcés (Mabegondo, Abegondo), logo de 13 quilómetros.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AC-840

A estrada autonómica AC-840 que discorre pola provincia da Coruña, desde Betanzos até a fronteira coa provincia de Pontevedra. A súa antiga nomenclatura era C-540, que seguía até a vila pontevedresa de Agolada, polo tramo da actual PO-840.

Sae desde a intersección coa estrada AC-542 que vai cara ao Mesón do Vento e Santiago de Compostela, e atravesa Oza dos Ríos, Curtis e Melide.

AC-862

A estrada autonómica AC-862 é unha vía pertencente á Rede Primaria Básica convencional da Rede de estradas de Galicia. Parte do límite municipal de Ferrol con Narón e termina o seu trazado no límite coa provincia de Lugo, no termo municipal do Vicedo, tras cruzar o Río Sor. Anteriormente denominábase C-642.

Aparato de Golgi

O aparato de Golgi, tamén chamado aparello de Golgi, complexo de Golgi ou corpo de Golgi, é un conxunto de dictiosomas. Cada dictiosoma está formado por de 4 a 8 sáculos aplanados rodeados de membrana e colocados uns enriba doutros. Funciona como unha planta empaquetadora, modificando vesículas do retículo endoplásmico rugoso. O material novo das membranas fórmase en varias cisternas do Golgi. Atópase no citoplasma da célula. Dentro das funcións que posúe o aparato de Golgi atópanse a glicolización de proteínas, selección, destinación, glicolización de lípidos e a síntese de polisacáridos da matriz extracelular. Debe o seu nome a Camillo Golgi, Premio Nobel de Medicina en 1906 xunto a Santiago Ramón y Cajal.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Rialiño, Laíño, Dodro

Rialiño é un lugar da parroquia de Laíño no concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 28 habitantes (14 homes e 14 mulleres).

A aldea está atravesada pola AG-11. A zona ao sur da aldea, situada nunha zona con relevo, é a máis poboada.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.