AD Xiria

A Asociación Deportiva Xiria é un club polideportivo da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza) que conta na actualidade con equipos federados de balonmán, baloncesto, xadrez e voleibol.

Contou cunha sección de atletismo, que finalmente acabaría por desaparecer.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Balonmán Xiria

O Balonmán Xiria é a sección de balonmán da asociación polideportiva galega Xiria da localidade de Carballo (A Coruña), que actualmente[cando?] compite na 1ª División Estatal do balonmán español. Disputa os seus partidos como local no Pavillon da Zona Escolar da capital bergantiñana, cunha capacidade para aproximandamente 1200 espectadores.

A sección de balonmán da Asociación Deportiva Xiria foi fundada no ano 1984.

Na tempada 2010-11 o Xiria fixo historia ao clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda categoría do balonmán no estado español por detrás da ASOBAL, conseguíndoo cun equipo formado por xogadores saídos da base do club.

Basket Xiria

O Basket Xiria é un equipo de baloncesto pertencente á AD Xiria, da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza), que compite na Liga EBA.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Club Atletismo Carballo

O Club Atletismo Carballo é un club de atletismo da localidade de Carballo, Galiza. Fundado en 2013, a súa presidenta dende a súa fundación é Ascensión Vázquez Bertoa.

Complexo Deportivo da Zona Escolar

O Complexo Deportivo da Zona Escolar ou Complexo Deportivo Vila de Noia, é un recinto polideportivo da localidade de Carballo (Galiza). Trátase do lugar emblemático do deporte carballés, inaugurado en 1989 e feudo das distintas seccións da AD Xiria (baloncesto, balonmán e voleibol). O Pavillón está construído coa piscina ao seu carón nun recinto único. O complexo conta cunha piscina climatizada inaugurada en 1987 (remodelada no 2009 para acoller tamén unha zona spa), un pavillón de parqué flotante e un ximnasio.

Selección de balonmán de Galicia

A selección galega de balonmán é o equipo de balonmán formado por xogadores galegos, e que compite a nivel internacional, independentemente de que o faga ou non contra outras seleccións nacionais recoñecidas pola IHF.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.