ADEGA

ADEGA é o acrónimo de Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, un grupo ecoloxista galego nacido en 1974 pero legalizado en 1976. Traballa na defensa e conservación do ambiente galego e global.

ADEGA
Presentación
Data fundaciónxuño de 1976[1]
Páxina webhttp://www.adega.info

Traxectoria

Domingo Quiroga foi o primeiro presidente da asociación. Formaron parte das primeiras xuntas directivas personaxes destacados como: Francisco Bermejo Martínez, catedrático de Química Analítica; Xosé Bar Boo, arquitecto; Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado; Xosé Manuel Beiras Torrado, portavoz nacional do BNG durante moitos anos, e Fernando González Laxe, que foi presidente da Xunta de Galiza.

Destacouse nos anos 80 por unha campaña contra os vertidos de materiais radioactivos na foxa atlántica. Posteriormente a súa actividade medrou e diversificouse atendendo a numerosos problemas ambientais.

ADEGA publica trimestralmente a revista Cerna, nacida en 1986, onde se tratan asuntos de conservación e defensa dos recursos ambientais e de repercusión mundial, en especial os relacionados con Galiza. Desde 2004 impulsou o proxecto ríos, unha iniciativa de educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos, de maneira que as persoas voluntarias adoptan un río que pasa polo seu concello (realízanse inspeccións da saúde do río, un informe anual, conferencias e campañas de limpeza onde é necesario).

Froito dunha escisión fundouse no 2005 a asociación Verdegaia.

En 2009[2] Adela Figueroa Panisse foi substituída na presidencia por Virxinia Rodríguez[3].

Notas

  1. Quen somos
  2. Virxinia Rodríguez asumirá la presidencia del colectivo Adega, nova no Faro de Vigo o 22 de novembro de 2009. (en castelán)
  3. Directiva

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Adega, Cabeiras, Arbo

A Adega é un lugar da parroquia de Cabeiras, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres).

A Adega, Feás, Cariño

A Adega é un lugar da parroquia de Feás no concello Coruñés de Cariño na comarca do Ortegal. Tiña 34 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 17 homes e 17 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 43 habitantes.

A Adega, Vide, As Neves

A Adega é un lugar da parroquia de Vide, no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 10 habitantes (3 homes e 7 mulleres).

Adega (industria)

Unha adega, bodega ou cava é aquela parte dunha construción que se dedica para gardar o viño e outras bebidas, polo xeral é subterránea, e por extensión o establecemento onde se fabrica o viño. As adegas teñen a misión de protexer a bebida de influencias externas, nun lugar escuro e cunha temperatura constante. O viño consérvase en pipotes para que madureza e posteriormente pode ser tamén conservado en botellas. As primeiras adegas das que se ten noticia conservaban o viño en ánforas.

Bermui, As Pontes de García Rodríguez

Santiago de Bermui é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 84 habitantes (47 homes e 37 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 112 habitantes.

Esta parroquia segregouse do concello da Capela xunto coas de Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira, Goente e Seoane que pasan a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez en xullo de 1982.

Bodegas Martín Códax

Bodegas Martín Códax é unha adega fundada no 1985 en Vilariño, Cambados, adicada á elaboración de viño albariño. Xunto con Condes de Albarei é a adega de maior volume de produción da comarca do Salnés.

Cabeiras, Arbo

San Sebastián de Cabeiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (152 homes e 133 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 553 habitantes.

A economía da parroquia susténtase no sector primario, como a viticultura (adega Pazo Pondal) ou a pesca da lamprea.

O monte Chan do Padrón, lindando co concello das Neves, e o punto de maior altitude. En Cabeiras abundan os lugares de sendeirismo con mais de 10 rutas incluso para ciclismo. O 24 de febreiro celébrase o san Brais, o 24 de xullo O Carme, e o 1 de agosto san Fins no monte do mesmo nome.

Na praza da aldea hai un busto en homenaxe a Juan Alonso Rodríguez.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Pazo de Fefiñáns

O Pazo de Fefiñáns é unha construción civil situada no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Pecha polo sur e o leste a praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña igrexa de San Bieito, ó norte.

Ría de Pontevedra

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2. Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Valença, Portugal

Valença, tamén coñecida como Valença do Minho, é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Verdegaia

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.