AC-862

A estrada autonómica AC-862 é unha vía pertencente á Rede Primaria Básica convencional da Rede de estradas de Galicia. Parte do límite municipal de Ferrol con Narón e termina o seu trazado no límite coa provincia de Lugo, no termo municipal do Vicedo, tras cruzar o Río Sor. Anteriormente denominábase C-642.[1]

AC-862
Ponte de Xuvia

Ponte da AC-862 sobre o río Xuvia
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude69,51 km
Localización
InicioLímite municipal de Ferrol
Fin LU-862  Provincia de Lugo
Circulación
Velocidade máxima90 km/h

Características

No seu trazado, atravesa o núcleo urbano de Narón, o barrio de Xuvia, e os núcleos urbanos de San Sadurniño e Ortigueira, entre outros lugares. Tras superar a entrada da vila do Barqueiro, unha ponte cruza o río Sor, logo do cal comeza a provincia de Lugo, onde a estrada cambia de nomenclatura, pasando a denominarse LU-862. Xa con esta denominación, conecta con Viveiro e termina o seu percorrido nos arredores de San Cibrao, no cruzamento coa estrada N-642.

Actualmente, atópase en diversas fases de construción o CG-1.3 no seu percorrido pola provincia da Coruña, que servirá de alternativa á AC-862. A variante de Ortigueira foi inaugurada o 2 de xullo de 2013.

Notas

  1. "Rede Autonómica de Estradas A CORUÑA" (PDF). Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia. Consultado o 08.08.2017.

Galería de imaxes

Xulgado de Paz de Narón

Xulgado de Paz de Narón. Ao pé da AC-862.

Galicia Textil SA xuvia neda a coruña galiza wikigl

Empresa téxtil ao pé da AC-862. Concello de Neda.

Igrexa de Santa Rita

Igrexa de Santa Rita, ao pé da da AC-862. Na travesía urbana de Xuvia.

Muíño de Xuvia 2

Muíño de Xuvia (Narón), visto desde a AC-862.

Barriodexuvia2

Travesía urbana da AC-862 en Xuvia (Narón)

Xuvia-Neda

Vista da AC-862 polo barrio de Xuvia (Neda).

Ortigueiraaaa

Cruzamento da AC-862 coa liña de tren Ferrol-Xixón en Ortigueira

AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

Abade, Moeche

Santiago de Abade é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 282 habitantes (145 mulleres e 137 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Cuíña, Ortigueira

Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.

Céltigos, Ortigueira

San Xulián de Céltigos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 359 habitantes (181 mulleres e 178 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 384 habitantes.

Espasante, Ortigueira

San Xoán de Espasante é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 849 habitantes.

Estrada de Castela (Ferrol)

A estrada de Castela é unha vía urbana que comunica a praza de España de Ferrol coa ponte de Xuvia, en Neda, pasando por Narón. A estrada forma parte da AC-862.

Insua, Ortigueira

San Xoán de Insua é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 231 habitantes.

LU-862

A LU-862 (anteriormente coñecida como C-642) é unha estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que discorre pola provincia de Lugo, entre O Vicedo e San Cibrao (Cervo). Atravesa a comarca da Mariña Occidental de leste a oeste pasando pola capital comarcal, Viveiro.

Comeza o seu trazado na ponte sobre a Ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao, uníndose á N-642.

Está previsto a construción dunha alternativa á LU-842, denominada como CG-2.3.

Liñares, Anca, Neda

Liñares é un lugar da parroquia de Anca no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 51 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 22 homes e 29 mulleres. Por este lugar pasa a AC-862 cara a Ortigueira, cruzando o río Castro, principal afluente do río Grande de Xuvia.

Luama, Ortigueira

San Martiño de Luama é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 144 habitantes (75 mulleres e 69 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes.

Mera de Abaixo, Ortigueira

Santiago de Mera de Abaixo é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 234 habitantes (129 mulleres e 105 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 349 habitantes.

Mera de Arriba, Ortigueira

Santa María de Mera de Arriba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 96 habitantes (48 mulleres e 48 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Montoxo, Cedeira

San Xiao de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 504 habitantes.

O Ermo, Ortigueira

San Xulián do Ermo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 143 habitantes (76 homes e 67 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Ortigueira, Ortigueira

Santa Marta de Ortigueira é unha parroquia do concello de Ortigueira, capital do concello. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.584 habitantes (829 mulleres e 755 homes) nunha única entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.810 habitantes.

Ponte de Xuvia

A ponte de Xuvia é unha ponte de pedra construída sobre unha orixinaria romana e posteriormente sobre outra de orixe medieval que une os concellos de Neda e Narón sobre o río Grande de Xuvia, por ela pasa a estrada AC-862, antes chamada C-642.

San Claudio, Ortigueira

Santa María de San Claudio é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 471 habitantes (253 mulleres e 218 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.

Senra, Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Veiga, Ortigueira

Santo Adrao de Veiga é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 299 habitantes (141 mulleres e 158 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.