AC-551

A AC-551 é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia. Une a A-6 e a AG-55 (saída 7) coa AC-552, a AC-415 e o polígono industrial de Sabón mediante 1,26 quilómetros de percorrido que se desenvolven na súa totalidade no concello de Arteixo.

AC-551
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude1,26 km
Localización
Inicio A-6   AG-55  (saída 7)
Fin AC-552   AC-415  Sabón
Circulación
Velocidade máxima90 km/h

Historia e características

A AC-551 constitúe unha prolongación natural da A-6 no seu último punto quilométrico cara o polígono industrial de Sabón e os barrios máis urbanizados de Arteixo; e como tal foi construída e posta en servizo polo Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente do Goberno de España canda a propia A-6 en febreiro de 1996.[1]

En xuño de 2003 foi aprobada a súa transferencia ao goberno galego, adoptando a denominación (até daquela carente de denominación algunha) de AC-551 e pasando a formar parte da rede primaria básica.[2]

A AC-551 consta dun único carril por sentido da circulación sen posibilidade de realizar adiantamentos e debido ao seu carácter estratéxico, entre dous nós importantes da rede viaria galega, desde hai tempo varias administracións, públicas e privadas, reclaman o seu desdobramento para aumentar a súa capacidade e mellorar deste xeito os fluxos de tráfico.[3]

En decembro de 2014[4] púxose en servizo unha rotonda elevada para mellorar a circulación no seu cruzamento coa AC-552, a AC-415 e os accesos ao polígono de Sabón, o que supuxo tamén un desdobramento duns poucos metros da AC-551 nas proximidades de dita conexión.[5]

Notas

  1. CRTVG (2014-12-23). "Inauguración do treito da autovía do Noroeste entre a autoestrada AP-9 e Arteixo". CRTVG. Consultado o 2017-08-08.
  2. "Decreto del DOG nº 140 de 21/07/2003 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
  3. "RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL POLA QUE SE APROBA A MEMORIA AMBIENTAL CORRESPONDENTE AO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS DE GALICIA, PLAN MOVE (2009-2020).". Xunta de Galicia. Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Consultado o 08.08.2017.
  4. Susana Acosta (2014-12-06). "La apertura de la rotonda abre una nueva etapa en Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
  5. Susana Acosta (2013-04-10). "Inician el desdoblamiento del acceso a la rotonda de Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

AG-55

A AG-55 ou Autoestrada da Costa da Morte, é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Une A Coruña con Baio e serve como alternativa á AC-552, coa que está conectada nos máis dos casos ao longo do seu percorrido, incluídas as localidades extremas. A AG-55 ten peaxe directa desde Coruña até Carballo leste e peaxe na sombra no resto dos tramos até Santa Irena.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-862

A LU-862 (anteriormente coñecida como C-642) é unha estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que discorre pola provincia de Lugo, entre O Vicedo e San Cibrao (Cervo). Atravesa a comarca da Mariña Occidental de leste a oeste pasando pola capital comarcal, Viveiro.

Comeza o seu trazado na ponte sobre a Ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao, uníndose á N-642.

Está previsto a construción dunha alternativa á LU-842, denominada como CG-2.3.

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-213

A PO-213 é unha vía secundaria de 15,4 quilómetros que une a vila da Estrada coa N-525.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.