AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-550
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude107 km
Localización
Inicio  AC-552  Cee
Fin  AC-305  Ribeira

Percorrido

A estrada inicia o seu percorrido en Cee, proseguindo por Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son e finalmente Ribeira.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-543

A AC-543 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Santiago de Compostela e Barro (Noia), logo de 31 quilómetros.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-11

A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía autonómica galega que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VR 1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015.

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.

Abelendo, Xuño, Porto do Son

Abelendo é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 4 habitantes (3 homes e 1 muller).

Está situado na estrada local que conduce dende a AC-550 ata a ladeira dos montes do Barbanza. Atópase despois da aldea do Castelo, e serve de lindes da parroquia de Xuño e malia de Oleiros (Ribeira).

O fitónimo Abelendo fai referencia á abundancia de abeleiras.

Nunha casa dun veciño de Abelendo foron rodadas escenas da película de Alejandro Amenábar Mar adentro, baseada na tráxica historia do tetrapléxico Ramón Sampedro, nado no lugar veciño de Sieira e habitante destas terras.

C-550

A estrada comarcal C-550 foi unha vía de comunicación costeira da fachada atlántica galega. Estendíase ao longo das Rías Baixas, desde Cee até Tui e a fronteira con Portugal, ao longo duns 360 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Comparte coa estrada N-550 os tramos Padrón-Pontecesures e Vilaboa-Redondela. Após a transferencia da titularidade das estradas ás comunidades autónomas, e cos cambios de denominación, a estrada foi dividida en diversas estradas de distinto rango: AC-550 (Cee-Ribeira), AC-305 (Ribeira-Padrón), PO-548 (Pontecesures-Vilagarcía de Arousa), PO-549 (Vilagarcía de Arousa-Cambados), PO-550 (Cambados-A Lanzada), PO-316 (A Lanzada-O Grove), PO-308 (A Lanzada-Pontevedra), PO-546 (Pontevedra-Marín), PO-551 (Marín-Bueu), PO-315 (Bueu-Cangas), PO-551 (Cangas-Domaio), N-554 (Domaio-Vilaboa), N-552 (Redondela-Vigo), PO-552 (Vigo-Tui).

CG-1.5

O corredor CG-1.5 é unha vía de altas prestacións e variante de poboacións que une a autovía AG-56 en Brión coa nova ponte sobre a ría de Noia (estrada AC-549), con saída á estrada AC-550 na parroquia de Barro (Noia), ao carón da desembocadura do río Tambre, sendo unha alternativa á estrada AC-543. Ten unha lonxitude de 16,85 km. É propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

Outes

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.412 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «outés» ou «outense» .

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

Parada, Xuño, Porto do Son

Parada é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 86 habitantes (44 homes e 42 mulleres).

Parada linda ao norte con Carballido, ao leste con Rial, e ao sur con Carballosa estas últimas pertencentes a San Pedro de Muro.

Ponte sobre a ría de Noia

A ponte sobre a ría de Noia une o lugar da Barquiña (Barro) e o porto de Testal (O Obre), no concello de Noia, sobre a ría de Muros e Noia, cunha lonxitude de 1.657 metros. Foi inaugurada en 2014 e trátase da primeira ponte atirantada construída pola Administración autonómica.Forma parte dunha variante (estrada AC-549) que une o corredor CG-1.5 na Barquiña coa estrada AC-550 no lugar de Taramancos (Boa), cunha lonxitude total de 4,8 km.

Praia de Area Longa, Porto do Son

A praia de Area Longa, tamén coñecida como praia de Baroña, é unha praia galega, situada na parroquia de Baroña, en Porto do Son, ao pé do castro de Baroña.

Trátase dunha praia fecuentada por nudistas, así como por surfistas (debido ás súas ondas).

Praia do Son

A praia do Son, tamén chamada praia do Cruceiro é un pequeno areal urbano do lugar de Porto do Son, na parroquia de Noal. Até o século XIX estendíase desde Rocapillón até o pé do cruceiro situado no cruzamento da baixada á zona portuaria desde a estrada AC-550. Antes da ampliación do porto estendíase até o antigo peirao vello, e tras as sucesivas obras de ampliación do porto chegou a desaparecer, rexurdindo na actual configuración deste, ampliando a súa extensión até máis alá do cruceiro (polo que algúns chámana tamén a que se formou).

Queiruga, Porto do Son

Santo Estevo de Queiruga é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 827 habitantes (395 homes e 432 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación. Lugares desta parroquia son Gouris, Goltar, Coba da Braña, A Ponte, O Campo, Tarela, Tarrio, Seiras e Porto Nadelas.

Ten tres pequenas praias, sendo a máis grande a de Seiras. A praia do Dique pode deber o seu nome ó afundimento dun barco dese nome nese lugar. Comunícase a través da estrada AC-550, que a cruza no tramo Ribeira - Porto do Son.

Xuño, Porto do Son

Santa Mariña de Xuño, é unha parroquia do concello de Porto do Son, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2018 tiña 1.016 habitantes (494 homes e 522 mulleres).

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.