AC-15

A AC-15 ou Autovía de Acceso ao Porto Exterior da Coruña é unha autovía urbana de titularidade estatal, construída para lle dar un acceso directo de alta capacidade á nova infraestrutura portuaria coruñesa.

AC-15
Autovía de acceso ao
Porto Exterior da Coruña
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude5,1 km
Localización
Inicio  AG-55 
FinPorto Exterior da Coruña (Suevos)
Circulación
Velocidade máxima100 km/h

Características

Consta de 5,1 quilómetros de dobre carril por sentido cunha velocidade máxima de 100 km/h. Foi posta en servizo o 7 de xuño de 2016, logo dun investimento de 83,6 millóns de euros. A conexión coa AG-55 fíxose mediante viarios que evitan o paso pola peaxe de Sabón.[1]

Conexión pendente coa AC-415

Após a súa posta en funcionamento, o Ministerio de Fomento comunicou que se estaba a redactar o proxecto para conectar esta vía de alta capacidade coa estrada AC-415, coa que se cruza a distinto nivel, á altura de Meicende.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Fomento pone en servicio la nueva autovía de Acceso al Puerto Exterior de A Coruña (AC-15)". www.fomento.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 2017-08-04.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A-55

A A-55 ou Autovía do Atlántico é unha autovía galega que une as localidades de Vigo e Tui en Pontevedra e continua ata a fronteira con Portugal onde se transforma na A3 (Autoestrada Porto - Valença). Está xestionada polo Ministerio de Fomento de España.

Parte desde a praza de España en Vigo e logo de atravesar a AP-9 mediante unha ponte elevada discorre paralela a esta, atravesando O Porriño ata chegar a Tui onde converxe coa AP-9, dirixíndose entón ata a fronteira hispano-portuguesa.

AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

AC-12

A AC-12, ou Avenida da Pasaxe, é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-VI. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-VI, no concello de Oleiros.

AG-55

A AG-55 ou Autoestrada da Costa da Morte, é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Une A Coruña con Baio e serve como alternativa á AC-552, coa que está conectada nos máis dos casos ao longo do seu percorrido, incluídas as localidades extremas. A AG-55 ten peaxe directa desde Coruña até Carballo leste e peaxe na sombra no resto dos tramos até Santa Irena.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-542

A N-542 é unha estrada nacional multicarril de lonxitude inferior a un quilómetro que serve para aumentar a capacidade da N-120 na altura do barrio do Pino, en Ourense.

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-555

A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

N-634

A estrada N-634 é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en Donostia e Santiago de Compostela ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

N-655

A N-655 ou Acceso ao porto exterior de Ferrol é unha estrada nacional que conecta a FE-12, da Rede de estradas do Estado, co porto exterior de Ferrol, ademais doutras vías intermedias como a AC-116 e a AG-64.

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

OU-11

A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.