AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril[2]. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12[3].

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.[4]

AC-10
TipoloxíaAutovía urbana
RedeRede de estradas do Estado
Dimensións
Lonxitude1,670[1] km
FormatoDobre calzada
Localización
InicioAvenida de Arteixo
Fin  AC-12 
Circulación
Velocidade máxima70 km/h
Túnel de Eirís
Entrada ao tunel de Eirís na AC-10.

Saídas

Número de saída Nome da saída Enlace
Zeichen 215 - Kreisverkehr, StVO 2000.svg Polígono industrial Grela-Bens
A Coruña Oeste - Avenida de Arteixo
Arteixo - Carballo - Cee  AG-55 Peaje.png
Zeichen 215 - Kreisverkehr, StVO 2000.svg Avenida de Enrique Salgado Torres
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 01 Avenida de Alfonso Molina
Madrid - Santiago de Compostela - Ferrol  AP-9 Peaje.png
Zeichen 215 - Kreisverkehr, StVO 2000.svg Avenida de Salvador de Madariaga
Carrefour
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 03 Avenida dos Monelos
Aeroporto da Coruña
Zeichen 215 - Kreisverkehr, StVO 2000.svg A Coruña Leste - Avenida do Exército
A Coruña Sur - Avenida da Pasaxe
Porto da Coruña

Notas

  1. Inventario de la RCE a 31/12/2008 Ministerio de Fomento. Consultado o 13/11/2015 (en castelán).
  2. "Catálogo de la RCE 2016. General." (PDF). Ministerio de Fomento (en castelán). Consultado o 16.08.2017.
  3. "LONGITUD DE CARRETERAS DE LA RCE POR TIPO DE VÍA (1) SITUACIÓN A 31-XII-2016" (PDF). Ministerio de Fomento (en castelán). Consultado o 2017.08.16.
  4. Actualización del mapa estratégico del ruido del municipio de A Coruña (en castelán). 16-2-2012.
AC-11

A AC-11, que recibe o nome de Avenida de Alfonso Molina en homenaxe e memoria ao que fora alcalde da cidade de 1947 ata 1958, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. É o principal acceso ao centro da Coruña, entrando polo sur desde a AP-9.

É unha prolongación da N-VI dende o seu cruzamento coa AC-12 ao sueste da cidade xunto á Ponte da Pasaxe. A ela conflúen a estrada N-550 e a autoestrada AP-9 xunto aos barrios de Palavea e Elviña. Ao entrar no casco urbano cruza a avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro, a praza de Catro Camiños até desembocar na avenida de Linares Rivas.

Ten unha lonxitude de 5,090 quilómetros, e un tráfico aproximado de 150 000 vehículos ao día.

AC-12

A AC-12, ou Avenida da Pasaxe, é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-VI. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-VI, no concello de Oleiros.

AC-14

A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de Sésamo en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona das Lonzas, na Coruña.

A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Lonzas, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.

A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550.

As Cernadas, Oza, A Coruña

As Cernadas é un lugar da parroquia de Oza no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 9 habitantes (6 homes e 3 mulleres), o que supón un aumento en cinco habitantes en relación ao ano anterior.

O lugar tiña máis de cincuenta habitantes en 2003, pero desapareceu completamente por causa das obras para a construción do novo Parque Ofimático e da estrada AC-10.

Avenida de Enrique Salgado Torres

A Avenida de Enrique Salgado Torres é un dos principais accesos á Coruña. Dende 1971 leva o nome de Enrique Salgado Torres, antigo director xeral de Vivenda do Ministerio de Vivenda de España nos anos 60, principal impulsor desta vía e dos barrios que a rodean.

Orixinariamente púxose en servizo como vía de alta capacidade para conectar o porto da Coruña e a N-VI co florecente polígono industrial A Grela - Bens e a AC-552. O seu firme caracterízase por ser de placas de formigón, habitual nese tipo de vías construídas por esa época.Coa posta en servizo da AC-10 a Avenida de Salgado Torres foi perdendo tráfico, especialmente pesado, até que en 2015 abriu o enlace da avenida coa AC-14 que a converteu nunha vía de entrada á cidade.O 15 de xuño de 2016 púxose en funcionamento unha rotonda entre o túnel e a conexión coa AC-14 que permite liberdade de xiros para os vehículos con orixe ou destino a 2ª fase do polígono de Elviña e a estación de tren de San Cristovo.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-542

A N-542 é unha estrada nacional multicarril de lonxitude inferior a un quilómetro que serve para aumentar a capacidade da N-120 na altura do barrio do Pino, en Ourense.

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-555

A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

N-655

A N-655 ou Acceso ao porto exterior de Ferrol é unha estrada nacional que conecta a FE-12, da Rede de estradas do Estado, co porto exterior de Ferrol, ademais doutras vías intermedias como a AC-116 e a AG-64.

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

OU-11

A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.