A.A. Dominicos

O club A.A. Dominicos é un club de hóckey a patíns da cidade da Coruña, que compite na 1ª División Galega. Con máis de 50 anos de historia é, xunto co H.C. Liceo un dos equipos históricos do hóckey coruñés e galego. Entre os grandes logros do club figuran un campionato de España xuvenil e un alevin no ano 2013, sendo o primeiro equipo galego en acadalo.

A.A. Dominicos
CidadeA Coruña, Galicia Galicia
Historia1957
Fundado1957
PavillónPavillón do Colexio dos Dominicos
Competición1ª División Galega
Títulos
Copa do Rei1990
Cores          Negro e branco
Sitio web
Sitio web oficial

Historia

O club naceu en 1957 no seo do Colexio Dominicos da Coruña,[1] onde conseguiu contar con máis de 200 rapaces nas súas filas. En 1980 o club conseguiu o ascenso á División de Honra, logo de finalizar campión do Grupo I da Primeira División con 42 puntos, cinco máis que o segundo clasificado do seu grupo, o Josaleta, ao que derrotou o 30 de marzo na derradeira xornada ligueira por sete goles a tres.[2] Para rematar a tempada, o Dominicos disputou na cidade madrileña de Alcobendas o Torneo de Campións, que o enfrontou aos tres equipos campións dos seus respectivos grupos na Primeira División, e que polo tanto xa estaban ascendidos á División de Honra: o Ruán Alcobendas, o Club Patín Claret de Sevilla (campión do Grupo III) e o Mollet Hoquei Club de Mollet del Vallès (campión do Grupo IV).[3] Finalmente os da cidade vella non serían quen de gañar ningún dos tres partidos, finalizando na última posición con tres derrotas: 12-3 fronte ao Mollet na primeira xornada, 2-1 fronte ao Ruán Alcobendas, e 7-5 fronte ao Claret, se ben neste último os colexiales mandaron no marcador durante todo o partido ata o minuto 23, momento no cal os andaluces ampataron o partido a cingo goles, e finalmente acabarían sentenciando con dous tantos máis.[4]

Na máxima categoría permaneceu durante 10 anos.[1]

A Copa de 1990

O maior logro do equipo chegou na tempada 1989-90, cando o club se alzaba co título da Copa do Rei ao vencer na final disputada en Alcobendas o 4 de marzo de 1990 ao Reus Deportiu por 2 goles a 1, converténdose no segundo equipo galego en alzar este título (e terceiro equipo non catalán en conseguilo), e sendo o segundo equipo en conquistar o título sen contar con ningún xogador catalán nas súas filas.[5] O equipo adestrado daquela por Carlos Gil conseguían adiantarse na final cun gol de Fernando Avecilla no minuto oito, mais a pesar de ter numerosas ocasións os coruñeses, o marcador non se moveu. Na segunda parte, un gol de Quim López situaba a igualdade no marcador, ata que no minuto dezaseis da segunda parte Beni situaba o 2 a 1 que sería definitivo.[6]

Os xogadores que conformaban o equipo que conseguiu o único título estatal ata a data do equipo herculino foron:[7]

  • 1 Juan C. Yañez
  • 2 Pablo Trigo
  • 3 Fernando Avecilla
  • 4 Juan Copa
  • 5 Benigno Rodriguez
  • 6 Celso González
  • 7 Alejandro Avecilla
  • 8 Carlos Figueroa
  • 9 Javier Losada
  • 10 Germán Taibo

Adestrador: Carlos Gil

Os anos lonxe da elite

Logo da conquista da Copa do Rei o club herculino disputou a Copa CERS na tempada 1990-91, mais caeron en cuartos de final fronte ao Novara por seis goles a cinco, nun partido no que os da cidade vella tiveron a clasificación na man ao descanso logo de ir gañando por catro goles a un na segunda metade, mais os goles de Amato (3) e Marzella (2) deron a clasificación ao cadro italiano.[8] Con todo, unha mala xestión condenou ao equipo á perda de categoría. Logo de permanecer afastado da elite do hóckey a patíns español durante moitos anos, no 2005 estivo a piques de ascender á Primeira División a pesar de ser un club modesto, nun partido que máis de 1.000 persoas presenciaron dende as bancadas. Finalmente, na tempada 2012-13, o Dominicos domina a Primeira División Galega con dous puntos de marxe sobre o Coinasa Liceo B e cinco respecto ao Escola Lubiáns, na fase de ascenso á Primeira División estatal os coruñeses impúñanse con claridade en Burgos ao RC Josaleta (2-6), ao Biesca Gijón (5-4), e ao equipo local do CP Burgos (6-3), conseguindo deste xeito o ascenso á segunda categoría do hóckey a patíns español.[9]

En 2016 o equipo feminino do Dominicos, dirixido por Stanis García e Tomás de Llano, conseguiu o título da Liga Galega, o que lle concedeu unha praza na OK Liga Feminina, con todo, a falta de xogadoras e de recursos non fixeron posible a confección dun equipo competitivo e finalmente a inscrición do equipo na máxima categoría do hóckey a patíns feminino español.[10]

Base

O equipo destaca pola súa base, saíndo das súas categorías inferiores xogadores coma Alejandro Avencilla ou o ex-liceista Willy Duarte. O club conseguiu clasificar a equipos de base para campionatos de España en numerosas ocasións.

Palmarés

Notas

  1. 1,0 1,1 Varela, María (29 de abril de 2013). "Los clásicos siempre vuelven". La Opinión (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2018.
  2. Martorell, Eduardo (2 de abril de 1980). "ACABO LA LIGA EN PRIMERA DIVISIÓN, SIN SORPRESAS". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2018.
  3. Martorell, Eduardo (23 de maio de 1980). "SE INICIA EL TORNEO DE CAMPEONES EN ALCOBENDAS". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2018.
  4. González Cabrera, Rafael (26 de maio de 1980). "EL MOLLET SE ADJUDICO EL TORNEO DE CAMPEONES". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2018.
  5. Gallen, Carles (6 de marzo de 1990). "El éxito de la modestia". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018.
  6. Gallen, Carles (5 de marzo de 1990). "1-2: La fiesta fue coruñesa". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018.
  7. Gallen, Carles (4 de marzo de 1990). "Una finalísima sin favorito". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018.
  8. López, Blay; González, Rafa (21 de abril de 1991). "Igualada y Reus, a semifinales". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018.
  9. "Dominicos i Santa Maria del Pilar, nous equips de Primera Divisió" (en catalán). okcat.cat. 27 de abril de 2013. Consultado o 12 de abril de 2018.
  10. "El equipo femenino del Dominicos no jugará en la OK Liga". La Opinión (en castelán). 16 de xuño de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

x

Balonmán Ártabro Novo Mesoiro

O Club Balonmán Ártabro Novo Mesoiro foi un equipo de balonmán da cidade da Coruña, Galiza. O club naceu en 2013 e desapareceu en 2017 por motivos económicos.

Bandeira Teresa Herrera

A Bandeira Teresa Herrera é unha competición aberta de remo organizada na cidade da Coruña ó estilo da Bandeira da Concha, valedeira para a Liga Galega de Traiñeiras. O seu nome procede da filántropa coruñesa Teresa Herrera, a quen tamén se lle dedica o Trofeo Teresa Herrera de fútbol.

Campo Municipal de Golf Torre de Hércules

O Campo Municipal de Golf Torre de Hércules é un campo de golf situado preto da Torre de Hércules, no concello de A Coruña. Foi inaugurado o 1 de xaneiro de 1999.

Club Ciclista Riazor

O Club Ciclista Riazor é unha asociación deportiva da Coruña, creada en decembro de 1995 e integrada na Federación Galega de Ciclismo.

Club Natación A Coruña

O Club Natación A Coruña é un club de waterpolo da Coruña, que actualmente milita na Liga Galega de Waterpolo.

Copa Federación Galega de Patinaxe

A Copa Federación é a unha competición do hóckey a patíns organizada pola Federación Galega de Patinaxe na que compiten equipos da Primeira División Galega. A competición dispútase en formato de eliminatirias a partido único ou dobre partido dependendo da edición.

Español Sociedad Deportiva

O Español Sociedad Deportiva é un equipo de fútbol galego do barrio de Santa Lucía da cidade da Coruña. Fundouse en 1929 e compite na Terceira Autonómica. Este club está vinculado co Ural Club de Fútbol.

Karbo Deportivo

O Karbo Deportivo foi a denominación do Deportivo Feminino, sección de fútbol feminino do Deportivo da Coruña, na década dos 80. Nesta época foi o equipo referente do fútbol femenino en España.

María Pita H.C.

O María Pita Hóckey Club foi un club galego de hóckey a patíns da cidade da Coruña fundado no 1962 e disolto en 2009.

OAR A Coruña

O OAR Ciudad, OAR A Coruña, ou sinxelamente OAR Coruña é un club de balonmán galego da cidade da Coruña fundado en 1952 que xoga na 1ª División Estatal do balonmán español.

OK Liga Prata

A Primeira División Estatal é a segunda liga en importancia do hóckey a patíns do estado español logo da OK Liga. A primeira edición desta competición tivo lugar na tempada 1970-71, e o seu primeiro campión foi o CD Femsa.

Pazo dos Deportes de Riazor

O Pazo dos Deportes de Riazor é un pavillón polideportivo situado na cidade da Coruña (Galiza), situado á beira do paseo marítimo da capital coruñesa, na Rúa de Manuel Murguía, xusto ao carón do Estadio Municipal de Riazor. O edificio, obra de Santiago Rey Pedreira, foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e ten capacidade para 5.000 espectadores. Está catalogado como elemento patrimonial.

Primeira División Galega de Hóckey a Patíns

A Primeira División Galega é a máxima categoría do hóckey a patíns organizada pola Federación Galega de Patinaxe dende 2004. Actualmente o primeiro clasificado da liga disputa a fase de ascenso fronte a equipos asturianos e os dous primeiros clasificados da Liga Norte. Históricamente a competición foi dominada polos equipos da cidade da Coruña, coa excepción do A.C. Ordes de Ordes, campión en 2009 e 2011.

Real Club Coruña

O Real Club Coruña foi un club de fútbol galego da cidade da Coruña. Foi fundado en 1904 e desapareceu en 1919. O club coruñés foi o primeiro de España en conseguir o título de "Real", despois de que Afonso XIII aceptase a presidencia de honra en 1908. Os aurinegros xogaban os seus encontros como locais no campo de Monelos, situado no antigo veciño concello de Oza, anexionado ó da Coruña en 1912.

Silva Sociedad Deportiva

O Silva Sociedad Deportiva é un club de fútbol galego do barrio da Silva, na Coruña. Foi fundado o 6 de xuño de 1940 e actualmente compite na Terceira División.

Sociedade Deportiva As Xubias

A Sociedade Deportiva As Xubias é un club de remo das Xubias, na cidade da Coruña. Competiu nas primeiras edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo a súa derradeira participación ata o momento na competición na tempada 2010.

Sporting Universidade

O Sporting Universidade, de nome oficial Sporting Universidad da Coruña Club de Fútbol, foi un club de fútbol galego da cidade da Coruña. En 2014 o club foi absorbido polo Atlético Coruña Club de Fútbol xunto co Montañeros Club de Fútbol. Durante a tempada 2015-16 o club utilizou o equipamento do Atlético Coruña e acadou o ascenso á Primeira Autonómica de Galicia. En 2016 cesou a súa actividade e a súa praza foi herdada polo Montañeros, agora renomeado Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol.

Trofeo Juan Acuña

O Trofeo Juan Acuña foi un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que tivo lugar na cidade da Coruña, desde 1989 ata 2007. O equipo anfitrión é o Deportivo da Coruña. A última edición disputada foi a 2007.

Universidade da Coruña FG

O Universidade da Coruña FG é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña con afiliación os Fillos de Breogán. Foi fundado no ano 2015 co apoio da Universidade da Coruña.

Equipos
Outras competicións
Pavillóns
Deporte na Coruña
Equipos
Instalacións
Eventos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.