A-76

A A-76 ou autovía do acceso centro a Galicia é unha autovía española en proxecto, que prevé unir as cidades de Ponferrada e Ourense, pasando por Monforte de Lemos.

Seguindo un percorrido similar ao da estrada N-120, pasará polas provincias de León, Lugo e Ourense, pasando por grandes vilas como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga e Monforte de Lemos.

Espérase que estea acabada en 2018.

A-76
Autovía do Acceso Centro a Galicia
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude±150 km
Localización
InicioPonferrada (León)
FinOurense

Proceso de creación

No 2004 é presentada a promesa electoral por parte do PSOE de desdobrar a N-120 (que une as cidades de Logroño e Vigo) en autovía no treito que discorre desde Ponferrada ata a localidade de Monforte de Lemos. Esta promesa foi reiterada por parte de José Blanco, sendo oposición, na localidade monfortina[1] e despois, unha vez máis, xa co goberno de José Luis Rodríguez Zapatero en España.

O proxecto formúlase nun principio coa intención de proporcionar un acceso ao centro de Galicia unindo Monforte de Lemos e Ponferrada. Máis tarde, considerouse a idoneidade de prolongalo ata a cidade de Ourense. Posteriormente contemplouse a A-76 como unha autovía para conectar as cidades de Ponferrada e Ourense, por Monforte de Lemos, cun trazado paralelo ao da N-120.

Está contemplada no Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte do Ministerio de Fomento.

Trazado e polémica

En 2006, o Ministerio de Fomento, a través da empresa consultora de proxectos encargada do estudo informativo (Prointec), remitiulles ós alcaldes das corporacións das vilas afectadas as alternativas ao trazado que se contemplaban. As dúas primeiras transcorren polas actuais N-120 e N-536 respectivamente, na súa saída do Bierzo cara a Ourense. A número tres segue o trazado de conexión da cidade de Ourense co oriente da provincia e o Bierzo polas estradas autonómicas galegas OU-636 e OU-536 (antiga N-120), que discorre por Esgos, Maceda, Montederramo, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Larouco ata a localidade da Rúa. A número catro contempla un trazado alternativo desde Canaval ata Ourense, a través da Ribeira Sacra.

A diversidade de trazados provocou un conflito entre comarcas e partidos políticos[2]. José Blanco, secretario de organización do PSOE, o 25 de xaneiro de 2007 nunha reunión con sindicatos, axentes sociais, e a comisión de seguimento da autovía do trazado lugués, asegurou que "a súa palabra vale máis que a de calquera cargo do Ministerio de Fomento", reiterou a promesa do trazado polas terras de Monforte de Lemos, e anunciou así mesmo que se construiría unha vía de alta capacidade coa Pobra de Trives [3], o que foi criticado por partidarios do trazado trivés [4].

Entre tanto, tras senllas reunións cos representantes das plataformas que apoian os distintos trazados, responsables do Ministerio de Fomento coma o secretario de estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, aseguraron que o trazado final se decidiría en base a "criterios técnicos"[5]. Os partidarios do trazado trivés realizaron unha cadea humana de protesta o día 19 de agosto de 2007 por unha parte da estrada que comunica Trives con Larouco [6].

Finalmente, o trazado da autovía A-76 pasará por Monforte de Lemos e conecta co Porto Seco que se está a construír en Monforte.

Tramos

Tramo Estado (2012) km
Ponferrada - O Barco de Valdeorras En estudo informativo -
O Barco de Valdeorras - Monforte de Lemos En estudo informativo -
Monforte de Lemos - Ourense En estudo informativo -

Notas

  1. http://www.youtube.com/watch?v=4O7aUwiPv6M Vídeo da campaña electoral de 2004. Mitin en Monforte]. YouTube.
  2. A autovía A-76 enfronta ás comarcas das dúas beiras do Sil. Vieiros, 13 de marzo de 2007
  3. "Blanco garante a A-76 por Monforte e unha ligazón de alta capacidade con Trives". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2007.
  4. A Plataforma pro A-76 por Trives podería denunciar a José Blanco por afirmar que a futura autoestrada pasará por Monforte
  5. "A elección do corredor para a autovía 76 seguirá criterios técnicos". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 17 de novembro de 2009.
  6. 10 kilómetros de cadena humana en Trives para pedir una autopista

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

2011

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017. Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Agrupación Deportiva Alcorcón

A Agrupación Deportiva Alcorcón é un club de fútbol da cidade de Alcorcón (Madrid). Foi fundado en 1971 e, desde o seu debut na tempada 2010/11, xoga na Segunda División Española.

Armada Española

A Armada Española é a rama marítima das Forzas Armadas Españolas.A Armada Española é considerada a sétima máis poderosa do mundo, superada pola norteamericana, rusa, británica, francesa, xaponesa e pola italiana. As súas bases principais están en Rota, Ferrol e Cartagena.

A súa academia xeral de oficiais atópase na provincia de Pontevedra, a Escola Naval Militar de Marín.

A patroa da Armada Española é a Virxe do Carme, protectora e gardiá da xente do mar, que é denominada Stella Maris (estrela dos mares). A Armada celebra a súa festa o 16 de xullo.

Citosol

O citosol ou matriz citoplasmática é o líquido que enche o interior do citoplasma da célula, que está separado por membranas celulares doutras partes da célula, como a matriz mitocondrial do interior da mitocondria (ver máis adiante o capítulo Definición). Nos procariotas, a maioría das reaccións químicas do metabolismo teñen lugar no citosol, e só unhas poucas teñen lugar en membranas ou no espazo periplásmico. Nos eucariotas, aínda que moitas vías metabólicas se desenvolven no citosol, outras teñen lugar dentro dos orgánulos.

O citosol é unha complexa mestura de substancias disoltas en auga. Aínda que a auga forma a maior parte do citosol, a súa estrutura e propiedades na célula non se comprenden totalmente. As concentracións de ións como sodio e potasio do citosol son diferentes das do fluído extracelular; estas diferenzas na concentración de ións son importantes en procesos como a osmorregulación e a comunicación celular. O citosol tamén contén grandes cantidades de macromoléculas, as cales poden alterar o comportamento molecular, por medio da súa alta concentración.

Aínda que ao principio se pensaba que o citosol era unha simple solución de moléculas, existen múltiples niveis de organización no citosol. Isto inclúe gradientes de concentración de pequenas moléculas ou ións como calcio, grandes complexos como moitos encimas que levan a cabo as reaccións das vías metabólicas, e complexos proteínicos como os proteasomas e carboxisomas que encerran e separan partes do citosol.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Football Club Internazionale Milano

O Football Club Internazionale Milano (coñecido en galego como o «Inter de Milán» aínda que a súa tradución literal é « Internacional de Milan ») é un club de fútbol italiano, da cidade de Milán na rexión de Lombardía. Tradicionalmente foi considerado como o equipo da clase alta de Milán.

Foi fundado en 1908 por disidentes do Milan & Cricket, actual AC Milan. É o único equipo italiano que sempre militou na Serie A de Italia. O seu rival tradicional é o AC Milan. Disputa os seus encontros como local no Estadio Giuseppe Meazza, que comparte co outro gran club de Milán: o AC Milan.

Segundo unha enquisa elaborada polo instituto estatístico Doxa, publicada polo diario italiano L'Espresso no mes de abril de 2006, do total de afeccionados ao fútbol en Italia, o Inter é o segundo club por número de seareiros, despois da Juventus, co 22,2% do total (equivalente a 5 772 000 de 'tifosi').

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lebrija, Sevilla

Lebrija é unha vila española, con concello propio da provincia de Sevilla, Andalucía. A súa poboación era de 27 449 habitantes no ano 2015. O municipio espállase por unha área de 375,20 km². Lebrija é a antiga Nebrissa Venerea da época romana.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o» ou «limés/limesa».Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

OU-11

A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.

OU-636

A OU-636 é unha estrada convencional, sen beiravía, pertencente á Rede Primaria Complementaria de Estradas da Xunta de Galicia. Une as localidades da Pobra de Trives e Freixido de Abaixo (Petín).

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Tenis de mesa

O tenis de mesa é un deporte similar ó tenis coa característica especial de que a pelota golpéase ó rebotar nunha mesa. Tamén é coñecido como pimpón. Este termo procede dunha marca rexistrada da empresa John Jaques Ltd.

Villanueva del Duque

Villanueva del Duque é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 1.799 habitantes. A súa extensión superficial é de 137 km² e ten unha densidade de 12,4 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 23' N, 4º 60' O. Atópase situada a unha altitude de 585 metros e a 76 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. Até 1833, Villanueva del Duque formaba parte de Estremadura.

Zuheros

Zuheros é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2006 tiña 821 habitantes. A súa extensión superficial é de 42 km² e ten unha densidade de 19,9 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 32' N, 4º 19' O. Encóntrase situada a unha altitude de 656 metros e a 76 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Atópase na Serra da Subbética, entre os pobos de Doña Mencía e Luque.

Ácido dotriacontanoico

O ácido dotriacontanoico ou ácido laceroico é un ácido graxo de cadea liñal saturado con 32 átomos de carbono, coa fórmula molecular C32H64O2, simbolizado como C32:0.

O ácido dotriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 96,2 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e benceno quente. O seu nome común de ácido laceroico, provén de que foi illado da laca animal, unha secreción resinosa de cor escarlata que producen un gran número de especies de insectos, como os dos xéneros Metatachardia, Laccifer, Tachordiella, Austrotacharidia, Afrotachardina e Tachardina ou dentro da familia Coccoidea. Atopouse tamén nalgunhas plantas, como Anagallis arvensis.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.