A-75

A autovía Verín-Fronteira Portuguesa ou A-75 é unha vía de altas prestacións dependente do Ministerio de Fomento que une a autovía española A-52 en Verín coa autoestrada portuguesa A24 en Feces de Abaixo.

Na súa construción Fomento investiu 62 millóns de euros e foi inaugurada o 19 de xuño de 2010 polo ministro José Blanco e o seu homólogo portugués Antonio Mendonça. A súa posta en servizo supón un importante avance nas comunicacións da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.[1]

A-75
Autovía Verín-Fronteira Portuguesa
Conexión da A-52 coa A-75
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude12,7 km
Localización
InicioVerín (A-52)
FinFronteira portuguesa (A24)

Treitos

Tramo km
Verín (A-52) - Estribo Ponte Internacional 11,9
Ponte Internacional 0,8

Saídas

Número da Saída Nome da Saída Estrada coa que enlaza
Spain traffic signal s1a.svg
Autovía Verín - Fronteira portuguesa
 A-75 
Autovía das Rías Baixas
 A-52 
AB-AS-blau.svg 1 Spain traffic signal s63.svg Enlace coa autovía das Rías Baixas
 A-52 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 11 Feces de Abaixo - Mandín  N-532 
IndicadorCAGalicia Ourense
 Provincia de Ourense   GALICIA 
Traffic sign of border with Spain
Spain traffic signal r200.svg
EU-Icon.svg Fronteira España-Portugal
502 0.svg
 Vila Real   REXIÓN NORTE 
Autoestrada Viseu - Fronteira española  A24 
Traffic sign of border with Portugal

Notas

  1. http://www.europapress.es/galicia/noticia-75-galicia-portugal-refuerza-todavia-mas-vinculo-supone-impulso-eurorregion-blanco-20100619153049.html
A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

Alacant

Alacant (en valenciano: Alacant; en castelán: Alicante, as dúas denominacións cooficiais) é unha cidade e un concello do País Valenciano, capital da comarca do Alacantí e da provincia de Alacant. Situada na costa mediterránea, conta cunha poboación de 328.648 habitantes (2015), e é a segunda cidade da comunidade tras Valencia. Forma unha conurbación de máis de 430.000 habitantes con Sant Vicent del Raspeig, Sant Joan d'Alacant, Mutxamel e El Campello. Ademais, a área metropolitana de Alacant-Elx ten uns 725.000 habitantes.

É unha cidade eminentemente turística e de servizos. Lingüisticamente é unha cidade castelán-parlante, situación reforzada nos últimos anos cun 10% de poboación estranxeira, maioritariamente da América Latina. O uso do valenciano neste territorio é mínimo, pero a maioría sábeo falar ou ben o entende .

Burgos

Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade.

Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela primeiro dependente do reino de León e independente despois por actuación do conde Fernán González. Foi a capital do reino de Castela, e de xeito intermitente da Coroa de Castela, desde 1230 ata o reinado dos Reis Católicos. Estes ditaron na cidade, en 1512, as Leis de Burgos; as primeiras leis que a Monarquía Hispánica aplicou en América para organizar a súa conquista. Posteriormente foi a capital da antiga rexión histórica de Castela a Vella, e primeira capital provisional da comunidade autónoma de Castela e León.

Conta cun anel verde e un amplo conxunto monumental entre os cales destacan a catedral de Santa María, expoñente da arquitectura gótica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e a cartuxa de Miraflores. Ademais, a cidade é atravesada polo Camiño de Santiago, outro Patrimonio da Humanidade e atópase a menos de 15 km de Atapuerca, tamén baixo a protección da UNESCO desde o ano 2000. O día 13 de xullo de 2010, abriu as súas portas o Museo da Evolución Humana.

Cabalo de vapor

O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura.

É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.

Nos países anglo-saxóns, utilízase o horse power, de símbolo hp é unha unidade da mesma escala de grandeza, mais con valores diferentes. O Horse Power defínese como a potencia necesaria para elevar verticalmente á velocidade de 1 pé/min unha masa de 33.000 libras.

Castro Urdiales

Castro Urdiales é un concello costeiro situado no extremo oriental de Cantabria. No ano 2010 tiña 32.258 habitantes, sendo a terceira maior vila de Cantabria.

Chocontá

Chocontá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Almeidas, da que é capital. O concello atópase a 75 km ó nordés de Bogotá, cidade coa que se conecta pola Troncal Central do Norte (Ruta Nacional 55). A altitude media é de 2689 m s. n. m. O clima é tépedo, cunha temperatura media anual de 13 °C, presentando abondosas choivas durante o ano.Chocontá limita polo norte con Villapinzón e Lenguazaque, polo sur con Sesquilé e Machetá, polo leste con Machetá e Tibirita, e polo oeste con Suesca.

Distrito Yumbe

Yumbe District é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos, o seu nome provén do seu centro administrativo, Yumbe.

O distrito de Yumbe é un dos ditritos máis setentrionais de Uganda. Limita co Sudán do Sur polo norte, Distrito Moyo polo leste, Distrito Adjumani polo sueste, Distrito Arua polo sur, Distrito Maracha polo suroeste e Distrito Koboko polo oeste. Yumbe atópase aproximadamente a 75 km ao norte de Arua, a principal poboación da subrexión.O distrito estableceuse en 2006, cando o condado Aringa foi separado do Distrito Arua e cambióuselle o nome para Yumbe District.A súa poboación está aínda sufrindo os efectos da guerra civil, que durou vinte anos (1980–2000). O acordo de paz entre UNRF2 e o Goberno de Uganda foi asinado no 2000 en Yumbe.

A maioría (89%) da poboación do distrito pertence á etnia lugbara. Os lugbara no Distrito Yumbe falan un dialecto chamado aringa, que non ten forma escrita; só é oral. Tamén se poden atopar outras etnias, como os kakwa, os madi e os alur. Os acholi atópanse dispersos polo Río Nilo e dedícanse principalmente á casa e a pesca, polo río. Representa aproximadamente o 2% da poboación do distrito.

As linguas máis faladas son o aringa lugbara (maioría), o kakwa, o kuku, o madi e o alur. Con todo, a segunda lingua máis falada e o swahili. Nas áreas urbanas, pódense encontrar individuos que entendan árabe ou inglés.A poboación no distrito é maioritariamente musulmá (76%), que é unha excepción en Uganda (o 80% dos ugandeses son cristiáns). A taxa de fertilidade no distrito é alta (7.5). O censo do ano 2002 tiña unha estimación da poboación de 253.300 habitantes. Calculouse un índice de crecemento do 7.9%, polo que a súa poboación estimada no 2010 era de aproximadamente 300.200 habitantes.

A agricultura de subsistencia é a principal actividade económica no distrito, como en moitos outros distritos.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gutiérrez, Cundinamarca

Gutiérrez, cuxo nome indíxena é Chuntiva, é un concelllo colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na Provincia de Oriente a 75 km de Bogotá.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-532

A N-532 ou Estrada Nacional 532 Verín - Portugal é unha vía terrestre con titularidade do Ministerio de Fomento de España que comunica Verín coa fronteira portuguesa. Ten o seu quilómetro cero na vila de Verín, no cruzamento coa N-525. Trátase dunha estrada convencional cun único carril en cada sentido da circulación. Foi creada en 1988 tomando o trazado da antiga C-532 e forma parte da ruta europea E-801.

Desde 2010 debía deixar de ser o acceso principal a Portugal coa entrada en servizo da A-75, que conecta a A-52 coa Raia en Feces de Abaixo, habendo unha autoestrada portuguesa que lle dá continuidade baixo a denominación A24, do mesmo xeito que a propia N-532 coa N-103-5. Porén, o incremento no número de peaxes nas vías de alta capacidade de Portugal, que incluíu a A24, provocou que moitos condutores seguisen a empregar a vella estrada e, por defecto, continuar pola homóloga en Galiza.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

Pallene (lúa)

Pallene ( en grego Παλλήνη)é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.

Foi vista por primeira vez durante a misión da Cassini-Huygens polo Equipo de imaxes da Cassini no ano 2004, e recibiu a designación temporal de S/2004 S 2. En realidade foi vista por primeira vez o 23 de agosto de 1981 pola Voyager 2 nun única fotografía e recibiu a designación provisional de S/1981 S 14 e a súa distancia respecto de Saturno foi estimada en 200.000 km. Dende entón non fóra vista en máis imaxes e a súa órbita non puido ser calculada pero recentes comparacións deron coma resultado que aquel corpo non identificado é en realidade Pallene. Pallene tamén é coñecida coma Saturno XXXIII.

Pallene está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Encelado, aínda que o efecto non é tan notorio coma os efectos de Mimas sobre Methone. Isto causa unha perturbación orbital no semi-eixo maior duns 4 kms de variación respecto da lonxitude do citado semi-eixo, se este non estivese perturbado, e ademais 0,02° na lonxitude (que corresponden aproximadamente a 75 kms). A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,002 e 0,006 para a excentricidade e entre 0,178° e 0,184° para a inclinación. A proximidade ás órbitas de Methone e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.

Os nomes de Methone e Pallene foron provisionalmente aprobados pola 3ª División do Grupo de Traballo para o Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI no ano 2005 e foron ratificados pola Asemblea Xeral de UAI no ano 2006. Pallene era unha das sete fillas do xigante Alcioneo.

O Anel de Pallene, é un feble anel de po, descuberto tamén polo Equipo de Imaxes da Cassini, o cal comparte a órbita de Pallene, coma así revelan a imaxes tomadas pola Cassini da luz dispersa deste anel no 2006. O anel ten unha extensión radial duns 2.500 km. A fonte do son as partículas arrincadas de Pallene polo impacto de micrometeoritos, o cal forma un anel moi difuso ó redor e o longo da ruta da órbita de Pallene.

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Sednoide

Un sednoide é un obxecto transneptuniano cun perihelio maior de 50 UA e un semieixo maior maior de 150 UA. Só se coñecen dous obxectos que pertenzan a esta categoría, (90377) Sedna e 2012 VP113, ambos con perihelios superiores a 75 UA, mais sospéitase que hai máis. Estes obxectos atópanse fóra dunha fenda aparentemente case baleira do Sistema Solar a partir dunhas 50 UA e non teñen interacción significativa cos xigantes gasosos. Inclúense dentro dos obxectos separados.

Algúns astrónomos, como Scott Sheppard, consideran que os senoides son obxectos da Nube de Oort Interior (OCOs), aínda que a nube de Oort interior, ou Nube de Hills, foi proposta orixinariamente polos astrónomos máis aló das 2000 UA, varias veces o afelio dos dous sednoides coñecidos.

Thai Airways International

Thai Airways International Public Company Limited (THAI) (en tailandés: บริษัท การบินไทย จำกัด (มหาชน)) é a aeroliña nacional de Tailandia, ademais de ser a máis grande do país. Formada en 1988, a compañía ten a súa sede corporativa no distrito de Chatuchak, en Bangkok, e opera principalmente dende o aeroporto de Suvarnabhumi. THAI é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Star Alliance. A compañía é o principal accionista da aeroliña low-cost Nok Air, cun 49% das súas accións, e creou unha aeroliña rexional baixo o nome de Thai Smile a mediados do ano 2012, usando novos Airbus A320.

Dende o seu centro de operacións no aeroporto de Suvarnabhumi, THAI voa a 75 destinos en 35 países, usando unha frota de máis de 80 avións. A aeroliña chegou a operar dúas das rutas sen escalas máis longas realizadas, entre Tailandia e Los Angeles e Nova York, pero debido aos altos custos do combustible e a retirada de avións a compañía abandonou todos os seus servizos sen escalas cara os Estados Unidos en 2012. Na actualidade, os voos entre Bangkok e Los Angeles fan escala no aeroporto de Incheon, preto de Seúl. A rede de destinos de THAI está dominada por voos cara Europa, e o leste de o suroeste de Asia, aínda que a aeroliña tamén voa a Johannesburgo e a cinco cidades de Oceanía.

Trabada

Trabada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 203 habitantes (1 398 no 2009, 1 479 no 2006, 1 504 no 2005, 1 552 no 2004, 1 579 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadés».

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.