A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

A-6
Autovía do Noroeste
Autoviaesp a6
TipoloxíaAutovía e autoestrada de peaxe
RedeRede de estradas do Estado
Ruta europeaE-70 (km 522 ao 595)
Lonxitude595 km
Localización
InicioMadrid
FinArteixo

Características

Como autovía radial a súa finalización foi a máis tardía das seis, debido principalmente, ás dificultades orográficas que presenta a comarca leonesa do Bierzo e a entrada en Galicia. Os poderes políticos do momento obviaron estas evidentes dificultades, predecindo o remate da autovía seis anos antes da finalización real. Aínda cando os violentos desprendementos de pedras da zona localizada entre Vilafranca do Bierzo e Becerreá (entre os quilómetros 400 e 440) obrigaban a estudar seriamente a modificación do proxecto, o Ministerio de Fomento continuaba mantendo o seu trazado.

En 2010 esta autovía supuña un extraordinario adianto para entrar ou saír de Galicia. Entre os quilómetros 44 (Villalba) e 111 (Adanero, Ávila) a autovía convértese na autoestrada AP-6, de peaxe.

Só ten áreas de servizo nos últimos quilómetros, e apenas dispón de áreas de descanso nos case 600 quilómetros de percorrido. O mesmo acontece coas estacións de servizo: son escasas e mal espazadas, cun tramo que supera os 300 quilómetros sen ningunha.

Conta con tres carrís por sentido entre o seu nacemento en Moncloa e Las Rozas (km 24). Tamén neste tramo dispón dunha estrada con dous carrís chamada "Bus-Vao", para autobuses e vehículos con 2 ou máis pasaxeiros. Dispón de catro carrís por sentido entre Las Rozas (km 24, ligazón coa M-50) e Guadarrama (km 48). Este tramo foi ampliado recentemente.

Autovía A-6 (Comunidad de Madrid) 01
A-6 cerca de Las Rozas de Madrid.

O 29 de marzo de 2007 abriuse ó tráfico a última fase da ampliación entre Guadarrama (km 48) e San Rafael (km 60). Dita ampliación consiste nunha nova estrada de dous carrís e túnel reversible segundo as necesidades do tráfico. Existen tres carrís no tramo San Rafael-Guadarrama en sentido Madrid. Con esta ampliación a A-6 xa ten alumeado desde Madrid ata San Rafael (km 60). Prevese ampliar a tres carrís por sentido entre San Rafael (km 60) e Villacastín (km 80).

Treitos

Denominación Tramo km
 A-6  Madrid - Villalba (Collado Villalba) 42
 AP-6  AP-6 (Villalba - Adanero) 68
 A-6  Adanero - Medina del Campo 47
 A-6  Medina del Campo - Benavente 107
 A-6  Benavente - Astorga 59
 A-6  Astorga - Ponferrada 65
 A-6  Ponferrada - Baamonde 135
 A-6  Baamonde - Arteixo 72

No quilómetro 568 da autovía, en ambos sentidos e á altura do concello de Betanzos, hai unha saída que liga coa autoestrada de peaxe AP-9 para poder chegar tanto á Coruña e á súa área metropolitana como a Santiago de Compostela e a Ferrol-Narón. Dende esa saída, até A Coruña percorreríase un tramo de 16 km cunha peaxe para vehículos lixeiros de 1,75 € no ano 2015. Unha alternativa libre de peaxe para chegar á Coruña dende a A-6 é tomar a saída 586 á altura de Ledoño que liga coa terceira ronda da Coruña.

Saídas

Tramo Madrid-Guadarrama

Elemento Nome da saída (sentido A Coruña)/Ver de arriba-abaixo Número de saída Nome da saída (sentido Madrid)/Ver de abaixo-arriba Estrada coa que liga
Ciudad Universitaria Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 5 Ciudad Universitaria
Circunvalación de Madrid AB-AS-blau.svg 6 Circunvalación de Madrid
M-30M-30Spain.png
Fuentelarreina Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 7 -
Hipódromo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 8 Zarzuela
Estrada de Castela - vía de servizo - Aravaca Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 9 Estrada de Castela - vía de servizo - Aravaca M-500
Aravaca-Valdemarín-Pozuelo de Alarcón-vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 10 Aravaca-Valdemarín-Pozuelo de Alarcón-vía de servizo
Pozuelo de Alarcón
Badaxoz-Toledo-Córdoba-València-Zaragoza-Burgos
AB-AS-blau.svg 11-11AB Pozuelo de Alarcón
Badaxoz-Toledo-Córdoba-València-Zaragoza-Burgos
M-40M-40Spain.png
La Florida Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 12 -
Majadahonda-El Plantio Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 13 -
Casa Quemada Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 15 Majadahonda-El Plantío
Camino Viejo de Madrid Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 16 -
Las Rozas de Madrid-El Escorial-Camino viejo de Madrid Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 18 - M-505
Las Rozas de Madrid-Centro empresarial-Centro comercial e de ocio Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 19-20 Las Rozas de Madrid-Centro empresarial-Centro comercial e de ocio
- AB-AS-blau.svg 23 Badaxoz-Toledo-Córdoba-València-Zaragoza-Burgos
M-50M-50Spain.png
Estación de Las Matas-vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 23-24 Estación de Las Matas-vía de servizo
vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 24 -
Los Peñascales-Las Matas-vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 26 Los Peñascales-Las Matas-vía de servizo
Torrelodones- Hoyo de Manzanares Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 29 Torrelodones- Hoyo de Manzanares M-618
La Berzosa-Estación de ff.cc.-vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 33 La Berzosa-Estación de ff.cc-vía de servizo
La Navata-Galapagar-Collado Villalba Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 36 La Navata-Galapagar-Collado Villalba M-525
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 38 Collado Villalba
Collado Villalba Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 39 -
Spain traffic signal s63.svg Guadarrama
A Coruña
AB-AS-blau.svg 42 Guadarrama
A Coruña
AP-6AP-6Spain.png
 N-VI 
Spain traffic signal s2a.svg Continúa por AP-6 (autoestrada do Noroeste) Spain traffic signal s1a.svg Autoestrada do Noroeste
AP-6AP-6Spain.png

Tramo Adanero-Arteixo

Elemento Nome da saída (sentido A Coruña)/Ver de arriba-abaixo Número de saída Nome de saída (sentido Madrid)/Ver de abaixo-arriba Estrada coa que liga
Spain traffic signal s1a.svg AP-6 (autoestrada do Noroeste) Spain traffic signal s2a.svg Continúa en dirección Madrid por autoestrada do Noroeste
AP-6AP-6Spain.png
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 110 Adanero N-VI
Pajares de Adaja-Ávila-Valladolid Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 112 Pajares de Adaja-Ávila-Valladolid N-403
Gutierre-Muñoz-Martin Muñoz de las Posadas Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 114 Gutierre-Muñoz-Martin Muñoz de las Posadas
Orbita Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 117 Orbita
Espinosa de los Caballeros Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 119 Espinosa de los Caballeros
Arévalo-Martín Muñoz de la Dehesa Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 124 Arévalo-Martín Muñoz de la Dehesa CL-605
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 126 Martín Muñoz de la Dehesa
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 127 Arévalo
Arévalo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 129 Arévalo
Palacios de Goda Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 134 Palacios de Goda
Indicador ProvinciaValladolid Provincia de Valladolid - Provincia de Ávila Indicador ProvinciaAvila
San Pablo de la Moraleja-Honquiliana Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 138 San Pablo de la Moraleja-Honquiliana
Ataquines Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 141 Ataquines
San Vicente del Palacio Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 147 San Vicente del Palacio
Gomeznarro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 149 Gomeznarro
Medina del Campo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 156 Medina del Campo CL-610
Medina del Campo-Olmedo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 157 Medina del Campo-Olmedo CL-112
Medina del Campo-Valladolid-La Seca Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 160 Medina del Campo-Valladolid-La Seca CL-610
Medina del Campo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 161 Medina del Campo
Vía de Servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 165 Vía de Servizo
Rueda Sur Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 170 Rueda Sur
Rueda Norte Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 172 Rueda Norte
Fuencastín Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 175 Fuencastín
Tordesillas Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 179 Tordesillas CL-611
Spain traffic signal s63.svg Valladolid-Palencia-Burgos AB-AS-blau.svg 181 Valladolid-Palencia-Burgos
A-62A-62Spain.png
Carretera E-80Tabliczka E80.svg
Spain traffic signal s63.svg Tordesillas
Salamanca
Zamora
AB-AS-blau.svg 184 Tordesillas
Salamanca
Zamora

A-62A-62Spain.png
Carretera E-80Tabliczka E80.svg
A-11A-11Spain.png
Villavieja del Cerro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 186 Villavieja del Cerro
Bercero- Villalar de los Comuneros Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 189 Bercero- Villalar de los Comuneros
Vega de Valdetronco Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 195 -
Vega de Valdetronco-Marzales Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 196 Vega de Valdetronco-Marzales
Mota del Marqués Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 201 -
Mota del Marqués-Villalbarba Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 203 Mota del Marqués-Villalbarba
Tiedra-San Cebrián de Mazote Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 209 Tiedra-San Cebrián de Mazote
Urueña Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 211 Urueña
Villardefrades Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 215 -
Villardefrades-Medina de Rioseco Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 216 Villardefrades-Medina de Rioseco CL-519
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 217 Villardefrades-Medina de Rioseco
San Pedro de Latarce-Villanueva de los Caballeros Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 221 San Pedro de Latarce-Villanueva de los Caballeros
Indicador ProvinciaZamora Provincia de Zamora - Provincia de Valladolid Indicador ProvinciaValladolid
Cotanes del Monte Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 226 Cotanes del Monte
Vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 232 Vía de servizo
Villalpando Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 234 -
Villalpando-Villárdiga-Zamora-Palencia Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 236 Villalpando-Villárdiga-Zamora-Palencia CL-612
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 239 Villalpando
Cerecinos de Campos Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 243 -
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 245 Cerecinos de Campos
San Esteban del Molar-Villalobos Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 251 San Esteban del Molar-Villalobos CL-605
Palencia
Zamora-Salamanca
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 257 Palencia
Zamora-Salamanca
N-610
N-630
Benavente-Ourense Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 259 Benavente-Ourense N-525
Benavente-Centro del transporte Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 261 Benavente-Centro del transporte
Benavente-León-San Cristobal de Entreviñas Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 264 Benavente-León-San Cristobal de Entreviñas N-630
Benavente-Villabrazaro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 266 Benavente-Villabrazaro
Spain traffic signal s63.svg León-Oviedo
Pobla de Sanabria-Ourense-Vigo
AB-AS-blau.svg 267 León-Oviedo
Pobla de Sanabria-Ourense-Vigo
A-66Spain.png|ancho=30px|alto=22px}}<br/>{{Clic|A-52A-52Spain.png
Indicador ProvinciaLeón Provincia de León - Provincia de Zamora Indicador ProvinciaZamora
Pobladura del Valle Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 277 Pobladura del Valle
San Adrián del Valle Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 280 -
Roperuelos del Páramo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 292 Roperuelos del Páramo
La Bañeza-San Martín de Torres Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 298 La Bañeza-San Martín de Torres
La Bañeza-Jiménez de Jamuz Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 303 La Bañeza-Jiménez de Jamuz
La Bañeza Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 306 La Bañeza
Riego de la Vega-Toralino de la Vega Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 314 Riego de la Vega-Toralino de la Vega
Valderrey Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 318 Valderrey
Spain traffic signal s63.svg León AB-AS-blau.svg 324 León
AP-71AP-71Spain.png
Astorga-Val de San Lorenzo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 326 Astorga-Val de San Lorenzo
Astorga-Poligono Industrial de Astorga Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 329-330 Astorga-Poligono Industrial de Astorga
Pradorrey Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 333 Pradorrey
Combarros Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 339 Combarros
Manzanal del Puerto Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 347 Manzanal Del Puerto
Brañuelas Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 350 Brañuelas
La Ribera de Folgoso Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 360 La Ribera de Folgoso
Bembibre Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 364 -
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 366 Bembibre
Bembibre-San Roman de Bembibre Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 372 Bembibre-San Roman de Bembibre
vía de servizo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 376 vía de servizo
San Miguel de las Dueñas-Congosto-Almázcara Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 378 San Miguel de las Dueñas-Congosto-Almázcara
Ponferrada-Hospital do Bierzo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 382 Ponferrada-Hospital do Bierzo
Ponferrada-Cubillos del Sil-Fabeiro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 387 Ponferrada-Cubillos del Sil-Fabeiro CL-631
Ponferrada-Cacabelos-Camponaraya Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 394 Ponferrada-Cacabelos-Camponaraya
Cacabelos-Carracedelo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 399 Cacabelos-Carracedelo
Monforte de Lemos-Ourense-Toral dos Vados Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 400 - N-120
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 405 Monforte de Lemos-Ourense-Toral dos Vados N-120
Vilafranca do Bierzo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 407 Vilafranca do Bierzo
Spain traffic signal s5.png Túnel de Vilafranca do Bierzo 555m - Túnel de Vilafranca do Bierzo 555m
Spain traffic signal s5.png Túnel de Trabadelo 233m - Túnel de Trabadelo 233m
Trabadelo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 415 Trabadelo
Spain traffic signal s5.png Túnel de Ambasmestas - Túnel de Ambasmestas
Ambasmestas Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 420 Ambasmestas
IndicadorCAGalicia Lugo Provincia de Lugo GALICIA - Provincia de León CASTILLA Y LEÓN IndicadorCACastillaLeón León
Spain traffic signal p16b.svg Spain traffic signal p34.svg Porto de Pedrafita do Cebreiro 1099m - Porto de Pedrafita do Cebreiro 1099m
Pedrafita do Cebreiro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 431 -
Spain traffic signal s5.png Túnel de Pedrafita do Cebreiro - Túnel de Pedrafita do Cebreiro
- Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 432 Pedrafita do Cebreiro
Spain traffic signal s5.png Túnel - Túnel
Noceda Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 438 Noceda A-6 As Nogais
Spain traffic signal s5.png Túnel de San Pedro 345m - Túnel de San Pedro 345m
As Nogais Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 444 As Nogais
Becerreá Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 451 Becerreá
Spain traffic signal s5.png Túnel de Cereixal - Túnel de Cereixal
Becerreá-Cereixal Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 456 Becerreá-Cereixal
Baralla Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 461 Baralla
Spain traffic signal s5.png Túnel - Túnel
Sobrado-Baralla Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 469 Sobrado-Baralla
O Corgo-Castroverde Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 479 O Corgo-Castroverde
Lugo sur
Sarria-Monforte de Lemos
Santiago de Compostela-Ourense
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 488 Lugo sur
Sarria-Monforte de Lemos
Santiago de Compostela-Ourense
Lugo este Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 493 Lugo este
Lugo norte
A Veiga-Ribadeo-Oviedo-Xixón
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 497 Lugo norte
A Veiga-Ribadeo-Oviedo-Xixón
N-640
N-640
Lugo oeste-Polígono Industrial Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 500 Lugo oeste-Polígono Industrial
Outeiro de Rei Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 507 Outeiro de Rei
Rábade Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 510 Rábade
Begonte Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 517 Begonte
Spain traffic signal s63.svg Ribadeo-Avilés-Oviedo-Xixón AB-AS-blau.svg 522 Ribadeo-Avilés-Oviedo-Xixón
A-8A-8Spain.png
Baamonde
Ribadeo-Avilés-Oviedo-Xixón
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 523 Baamonde
Ribadeo-Avilés-Oviedo-Xixón
N-640
N-634
Parga Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 529 Parga
Guitiriz Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 535 Guitiriz
Teixeiro-Santiago de Compostela Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 540 Teixeiro-Santiago de Compostela N-634
Indicador ProvinciaA Coruña Provincia da Coruña - Provincia de Lugo Indicador ProvinciaLugo
Montesalgueiro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 549 Montesalgueiro
Coirós Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 560 Coirós
Betanzos-Porzomillos-Callobre Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 565 Betanzos-Porzomillos-Callobre
Betanzos Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 567 Betanzos
Spain traffic signal s63.svg A Coruña-Ferrol-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo AB-AS-blau.svg 568 A Coruña-Ferrol-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo
AP-9AP-9Spain.png
Mabegondo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 573 Mabegondo
A Coruña-Santiago de Compostela Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 583 A Coruña-Santiago de Compostela N-550
Tarrío-Aeroporto de Alvedro Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 586 Tarrío-Aeroporto de Alvedro
Uxes-Culleredo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 589 Uxes-Culleredo
Spain traffic signal s63.svg Arteixo
A Coruña-Carballo
AB-AS-blau.svg Arteixo
A Coruña-Carballo

AG-55
Spain traffic signal s2a.svg Arteixo Spain traffic signal s1a.svg Arteixo AG-55

Véxase tamén

Outros artigos

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

A Sariña, Chantada

San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2015 tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.

Alcalde

Non confundir con alcaide.

Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela.

Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido.

Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz. Os poboados que ostentaban ese privilexio tiñan o título de vila (ou de cidade). A administración municipal das outras poboacións estaba nas mans dun corrixidor. Por esta razón, as vilas tiñan dereito a erixir un rollo, lugar de axustizamento. Existiu ademais, no Reino de Castela, o cargo de Alcalde de Casa e Corte da súa Maxestade, funcionario xudicial que impartía xustiza na Sala de Alcaldes de Casa e Corte.

O cargo de alcalde ten unha duración normalmente de 4 a 6 anos e pode ser reelixido na maioría dos países. Habitualmente está ao cargo de velar polos intereses dos seus concidadáns, representándoos ante a autoridade xerárquica maior, ademais de impulsar políticas locais para mellorar a súa calidade de vida, como programas de saúde ou deporte, e combater contra a delincuencia, entre outras tarefas.

Begonte

Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontés ou begontino.

Cadoalla, Becerreá

San Pedro de Cadoalla é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 80 habitantes (41 mulleres e 39 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 64 habitantes, sendo 32 homes e 32 mulleres.

Nesta parroquia, a carón da N-VI e da autovía A-6, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Coirós

Coirós é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1747 habitantes (1765 no 2012, 1771 no 2011, 1722 no 2010). O seu xentilicio é coirense (non oficial).

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lisboa

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Parga, Guitiriz

Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.