A-56

A autovía A-56 ou autovía Ourense-Lugo unirá ditas cidades, aínda que está previsto que continúe ata Portugal pola autovía CR-6. Comezouse esta autovía entre a localidade lucense da Barrela e a localidade ourensá de Vilamarín. A súa finalización estaba prevista a mediados de 2011. Terá unha lonxitude de 96 quilómetros, 74 por Lugo e 22 por Ourense.

A-56Spain

Autovía Ourense-Lugo
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude96 km
Localización
InicioOurense
FinLugo

Tramos

Tramo Estado (2012) km
Guntín - Narón Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 7,6
Narón - Taboada Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 12
Taboada - Enlace de Chantada Norte Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 9
Enlace de Chantada Norte - Enlace da Barrela Norte Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 11,6
Enlace da Barrela Norte - San Martiño Contrato de obras rescindido (22-7-2010)* 9,8
San Martiño - Enlace de Cambeo Proxecto terminado (pendente de licitación de obras) 8,5
Enlace de Cambeo - Ourense Proxecto terminado (pendente de licitación de obras) 9
Circunvalación Este de Ourense
(coa futura autovía de Ourense-Celanova)
Estudo informativo
(como nova variante de Ourense, conexión N-120 con N-525 por Noroeste ao Leste)
-

(*) Os tramos afectados dos contratos rescindidos das obras proceden da páxina web de Ministerio de Fomento: http://www.fomento.es/NR/rdonlyres/BD8EBB62-047D-42C2-8639-8C79651C83BE/76288/Impactoajustepresupuestario.pdf

2006

O Ano internacional dos desertos e a desertificación, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O Ano Mozart, conmemorando o 250 aniversario do nacemento do compositor austríaco Wolfgang Amadeus Mozart.

O Ano Tesla, celebrando o 150 aniversario do nacemento do mundialmente coñecido inventor, físico e enxeñeiro eléctrico, Nikola Tesla.

O Ano Rembrandt, celebrando o 400 aniversario do nacemento do maior pintor do século XVII nos Países Baixos, Rembrandt Harmenszoon van Rijn.

Ano da Memoria Histórica, con motivo do 75º aniversario da proclamación da Segunda República Española, en recoñecemento de tódalas vítimas da guerra civil española e da represión franquista.

56ª edición dos Oscar

A 56.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 9 de abril de 1984 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Johnny Carson.

Belmonte de Miranda

Belmonte de Miranda (en asturiano: Miranda) é un concello do Principado de Asturias, en España.

Limita ao norte con Salas, ao leste con Grado, ao sur con Somiedo e Teverga, e ao oeste con Tineo. A capital deste concello é Belmonte. Conta cunha poboación de 1 855 habitantes (2008).

A súa capital, Belmonte, atópase a 200 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu territorio supera nun 70%, a media de 800 metros. Ten unha extensión de 208 km². O concello atópase a 56 quilómetros de Oviedo.

Caparroso

Caparroso é un municipio español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Olite, na comarca da Ribeira Arga-Aragón e a 56 km da capital da comunidade, Pamplona.

A súa poboación en 2014 era de 2 794 habitantes (INE).

Cobras

As cobras son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca.

As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central. Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies. En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo. A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.

A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.

A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).

Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo armado galego terrorista cuxo obxectivo era a independencia de Galiza e a instauración dun réxime socialista, operativo en Galicia entre 1987 e 1991.

Froito

En botánica, o froito é o órgano procedente da flor, ou de partes dela, que contén ás sementes ata que estas maduran e logo contribúe a ciscalas. Desde un punto de vista ontoxenético, o froito é o ovario desenvolvido e maduro das plantas con flor. A parede do ovario se engrosa ao transformarse na parede do froito e denomínase pericarpo, cuxa función é protexer ás sementes. Con frecuencia participan tamén na formación do froito outras partes da flor ademais do ovario, por exemplo o cáliz ou o receptáculo.O froito é outra das adaptacións, conxuntamente coas flores, que contribuíu ao éxito evolutivo das anxiospermas. Así como as flores atraen insectos para que transporten pole, tamén moitos froitos tratan de atraer animais para que dispersen as súas sementes. Se un animal come un froito, moitas das sementes que este contén percorren o tracto dixestivo do animal sen sufrir dano, para despois caer nun lugar idóneo para a súa xerminación. Con todo, non todos os froitos dependen de ser comestibles para dispersarse. Outros, como os figo chumbo, dispérsanse aferrándose ao pelame dos animais. Algúns forman estruturas aladas para poder dispersarse co vento, como os pradairos. A variedade de tipos de froitos que desenvolveron as anxiospermas a través da súa evolución permitiulles invadir e conquistar todos os hábitats terrestres posibles.Nas plantas ximnospermas e nas plantas sen flores non hai verdadeiros froitos, aínda que a certas estruturas reprodutivas como os piñóns dos piñeiros, comunmente tomáselles por froitos.Moitas plantas cultívanse porque dan certos froitos comestíbeis e a miúdo fragrantes, saborosos e apetecíbeis chamados froitas.

Fómeque

Fómeque é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Oriente, a 56 km de Bogotá. Fómeque en lingua muisca quere dicir «Bosque dos Raposos».

Segundo o último censo xeral de poboación de Colombia, conta con 12.157 habitantes, da cal arredor do 64% é rural. Sitúase entre 1.400 e 4.000 msnm; o centro urbano áchase a 1.895 msnm.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gran Premio da China de 2014

O Gran Premio da China 2014 oficialmente 2014 Formula 1 UBS Chinese Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 20 de abril de 2014 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un 2014.

Lewis Hamilton gañou a carreira con comodidade logo de partir da pole position, liderando de principio co seu Mercedes. Nico Rosberg terminou segundo no outro Mercedes con Fernando Alonso terceiro no Ferrari. Aínda que programada a 56 voltas, o resultado da carreira foi declarado logo de 54 voltas, xa que a bandeira a cadros mostrouse erroneamente antes de tempo. [Cómpre referencia] As principais posicións non foron afectadas por este erro.

Illas Marshall

A República das Illas Marshall (en marshalés: Aolepān Aorōkin M̧ajeļ; en inglés Republic of the Marshall Islands) é un estado insular do Pacífico, ó norte de Nauru e Quiribati, ó leste dos Estados Federados de Micronesia, e ó sur da estadounidense Illa de Wake. Está composta maiormente por atois coralinos nos que a elevación non supera os nove metros como máximo. Os principais atois son: Kwajalein, Jaluit, Majuro, Bikini e Enewetak. O clima é ecuatorial, con temperaturas entre 35 e 22 graos Celsius.

Internet

Internet é unha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano posto en funcionamento dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación.

La Campana, Sevilla

La Campana é un concello andaluz, pertencente á provincia de Sevilla. No ano 2005 contaba con 5.236 habitantes. Pertence á comarca da Campiña de Carmona. A súa extensión é de 125 km² e ten unha densidade de 41,9 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 134 metros e a 56 quilómetros da capital da provincia, Sevilla.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Moldavia

A República de Moldavia (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Peñafiel

Peñafiel é un municipio da provincia de Valladolid, Castela e León.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

San Antonio del Tequendama

San Antonio del Tequendama é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia do Tequendama, a 56 km de Bogotá.

O concello ormouse no sitio de Cubsio, lugar de reunión de indíxenas procedentes de Bojacá e Sagasuca (posteriormente denominado Serrezuela, e na actualidade, municipio de Madrid). San Antonio del Tequendama foi fundado por Críspulo Corredor; este municipio cambiou varias veces de nome, sendo no seu momento: San Antonio, Zea e San Antonio de Tena.

Tailandia

Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.

O país réxese por unha monarquía constitucional encabezada polo Rei Rama IX, noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano 1946. Isto convérteo no xefe de estado máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia. O Rei de Tailandia posúe os cargos de Xefe de Estado, Xefe das Forzas Armadas, Seguidor do Budismo e Defensor das relixións.Cunha superficie de aproximadamente 513.120 km², Tailandia é o 51º Estado máis grande do mundo en canto á súa área total e e 20º máis poboado con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é Bangkok, centro cultural, político, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe chinesa e o 3% malaia; o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a tailandesa e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O calendario oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do calendario gregoriano.

Tailandia experimentou un rápido crecemento económico entre 1985 e 1996, sendo un país recentemente industrializado e un importante exportador. O turismo tamén contribúe significativamente á economía tailandesa. Hai aproximadamente 2,2 millóns de inmigrantes legais e ilegais no país, atraendo tamén a certa cantidade de expatriados de países desenvolvidos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.