A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A-52
Autovía das Rías Baixas
A-52 na Canda.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude306 km
Localización
InicioA-6 (Benavente)
FinA-55 (O Porriño)

Historia

A súa construción remóntase ós inicios de 1994, cando se empezaron as obras no tramo Melón-Barbantes (Ourense), e terminou no 2003, cando se puxo en servizo o último tramo entre Requeixo de Seabra (provincia de Zamora) e A Vilavella (A Mezquita), derivado da dificultade deste último. A obra resultou máis custosa do previsto inicialmente, debido ós continuos desprendementos de terras, as dificultades orográficas aparecidas e a complexidade do trazado. Os primeiro tramo aberto foi Vigo-Ourense, o de maior volume de tráfico, a finais de 1998. O tramo Ourense-Benavente completouse a finais de 2003.

Tras superar o estudo informativo, o 25 de outubro de 2007 entrou en redacción o proxecto para a prolongación da autovía ata Vigo, cun túnel de 2,8 km baixo o monte de Puxeiros, e unha distancia total de 1430 metros sobre viadutos, como alternativa á actual A-55. Estaba previsto que as obras se iniciasen cara a 2009 e rematasen a mediados de 2011[Cómpre referencia], pero na actualidade aínda non comezaron. A prolongación constará de 10,3 km e custará arredor de 169 millóns de euros.

Tramos

Denominación Tramo Estado (2012) km
 A-52  Benavente (A-6/A-66) - Ourense En servizo (2003) 232
 A-52  Ourense - O Porriño (A-55) En servizo (1998) 84
O Porriño (A-55) - Vigo Proxecto terminado (pendente licitación de obras) 12

Saídas

Número de saída Nome da saída Estrada coa que liga
AB-AS-blau.svg 1 Spain traffic signal s63.svg Benavente-Madrid-Lugo-La Bañeza
León-Oviedo
A-6
A-66
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 4-6 Manganeses de la Polvorosa-Villabrazaro-Santa Cristina de la Polvorosa
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 15 SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngEstacionamientoAutovia.png Quiruelas de Vidriales-Quintanilla de Urz
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 29 SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Camarzana de Tera-La Bañeza ZA-110
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 49SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Rionegro del Puente-Zamora N-631
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 54o-57eSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Mombuey N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 75 Palacios de Sanabria-Otero de Sanabria N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 79o-85eSurtidorAutovia.png Pobra de Seabra-Lago de Seabra N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 91o-92eSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Requeixo de Seabra N-525
Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal p34.svg Túnel do Padornelo 630 m
Spain traffic signal p16b.svg Spain traffic signal p34.svg Porto do Padornelo 1.311 m
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 99o-103eSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Padornelo-Acibeiros N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 106o-107e Lubián- Hermisende
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 108o Chaos-As Hedradas N-525
Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal p34.svg Túnel da Canda 450 m A52 tunel canda
Spain traffic signal p16b.svg Spain traffic signal p34.svg Portela da Canda 1.161 m
IndicadorCAGalicia Ourense Provincia de Ourense GALICIA / Provincia de Zamora CASTELA E LEÓN IndicadorCACastillaLeón Zamora
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 114o-117e A Vilavella-Portugal N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 120eSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png O Pereiro-A Mezquita-Portugal N-525 OU-311
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 124o-129eSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png A Gudiña-Viana do Bolo N-525 0U-533
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 132 Herosa-Pentes
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 143 Vendas da Barreira-Riós
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 151 Fumaces-Verín-Vilardevós N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 155 Verín-Vilardevós OU-310
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 159 Chaves A-75 Enlace A-52 coa A-75
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 160SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Verín-Oímbra-Portugal N-532 Enlace A-52 coa N-532
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 166o Monterrei-Verín-Vilaza OU-9
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 173SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Cualedro-Albarellos N-525 0U-902
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 181SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Trasmiras-Vila de Rei N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 188SurtidorAutovia.png RestauranteAutovia.png Xinzo de Limia-Abavides N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 193SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Xinzo de Limia N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 202 Sandiás N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 210o-211eSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Allariz-Taboadela-Poligono Industrial San Cibrao N-525
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 217SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png A Merca-A Mezquita-Rante
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 224 Ourense Sur-San Cibrao das Viñas-Celanova-Polígono Industrial de San Cibrao-Santiago de Compostela N-525 OU-540
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 229e-230o Ourense Centro OU-11
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 233 Ourense N-120
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 240 Cortegada N-120
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 241 O Carballiño-Pontevedra N-541
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 252SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Ribadavia N-120
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 262 Melón-Quins N-120
Indicador ProvinciaPontevedra Provincia de Pontevedra / Provincia de Ourense Indicador ProvinciaOurense
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 269oSurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png A Cañiza N-120
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 271-272SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png A Cañiza PO-5005
Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal p34.svg Túnel da Franqueira 2.100 m
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 282 As Neves-A Franqueira PO-5001
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 287 As Neves
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 291-294SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Ponteareas-Portugal
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 303SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png Batalláns- O Porriño
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 305SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.png O Porriño-Redondela N-550
AB-AS-blau.svg 306 Spain traffic signal s63.svg Vigo - Pontevedra
Tui - Portugal-Vigo-Pontevedra
A-55
AP-9
AB-AS-blau.svg 308 Spain traffic signal tp18.svg Vigo-Pontevedra A-55
Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal tp18.svg Túnel de Meixoeiro 2.840 m
AB-AS-blau.svg 316 Spain traffic signal tp18.svg Vigo A-55
52ª edición dos Oscar

A 52.ª entrega dos premios Oscar tivo lugar o día 14 de abril de 1980 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Johnny Carson.

A-75

A autovía Verín-Fronteira Portuguesa ou A-75 é unha vía de altas prestacións dependente do Ministerio de Fomento que une a autovía española A-52 en Verín coa autoestrada portuguesa A24 en Feces de Abaixo.

Na súa construción Fomento investiu 62 millóns de euros e foi inaugurada o 19 de xuño de 2010 polo ministro José Blanco e o seu homólogo portugués Antonio Mendonça. A súa posta en servizo supón un importante avance nas comunicacións da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.

AG-31

A AG-31 ou Autovía Ourense - Celanova é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta que se atopa actualmente en servizo. A autovía é libre de peaxe e conecta a A-52 con Celanova como alternativa á OU-540. A construción da infraestrutura foi adxudicada en febreiro de 2009 ás empresas ourensás Copasa e Extraco que realizarán un investimento de 121 millóns de euros e terán dereito á explotación da vía durante 30 anos baixo o nome de Autoestrada Ourense Celanova.

Xunto coa construción da autovía levaranse a cabo melloras na OU-540 a partir de Celanova ata a fronteira portuguesa, coa construción de variantes da estrada en Verea e Bande.

AG-51

A AG-51 é unha autovía autonómica proxectada para dar acceso á PLISAN desde a A-52. A obra foi adxudicada en febreiro de 2010 a Dragados SA e OCASA por un importe de 18 millóns de euros. A lonxitude total é de 4,5 quilómetros cunha velocidade limitada a 80 km/h.A súa posta en servizo foi adiada en diversas ocasións: primeiramente estaba prevista para 2009, logo 2012 e logo 2013, porén non estaría -parcialmente- en funcionamento até febreiro de 2015 para dar servizo, cun tramo de 2,36 km, a dúas parroquias de Salvaterra.No Plan MOVE recóllese unha ampliación cara Portugal mediante unha nova ponte internacional no horizonte 2020.

AP-9

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

A Gudiña

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios, mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios ós oito meses da súa posta en servizo.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Gabiria

Gabiria é un concello do sur da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Goierri, a 52 km de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 14,88 km². Tiña en 2015 unha poboación de 491 habitantes.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Melón

Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Villa del Río

Villa del Río é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2010 tiña 7.451 habitantes. A súa extensión superficial é de 22 km² e ten unha densidade de 337,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 59' N, 4º 17' O. Atópase situada a unha altitude de 165 metros e a 52 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.