8 de outubro

O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

CongressVienna
Congreso de Viena

Nacementos

Juan Fernández Latorre
Juan Fernández Latorre

Mortes

VAlfieriFabre
Vittorio Alfieri

Outros

  • Santoral: Nosa Señora dos Remedios, Santa Susana de Bluís (Mártir); Simeón, Begoña, Pelaxio, Artemón, Ambrosio Sansedoni e Mateo Carreri (Presbíteros); Reparada, Bríxida e Benedicta (Virxes); Néstor, Demetrio, Hugo, Valeria, Polena, Paladia, Porcaria, Palaciata, Escravitude, Lourenza, Pelaxia, Tais, Badilón, Eusebia e Pedro de Sevilla (Mártires); Evodio e Artoldo (Bispos); Hais (Confesor); Xoán de Xesús. (Relixioso)

Outros

Os 366 días do ano

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1972

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1972 foi a 23ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 15ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con doce Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 8 de outubro.

Juan Domínguez Fontenla

Juan Domínguez Fontenla, nado na Guarda o 8 de outubro de 1869 e finado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, foi un sacerdote, arqueólogo e historiador galego.

Luis César Sampedro

Luis Ángel César Sampedro, nado en Vilagarcía de Arousa o 3 de maio de 1966, é un ex futbolista a actual adestrador de fútbol galego, que dende 2019 adestra o Deportivo da Coruña da Liga SmartBank.

Strange Attraction

"'Strange Attraction" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Wild Mood Swings o 8 de outubro de 1996. A canción foi sinxelo unicamente nos Estados Unidos.

Willy Brandt

Willy Brandt, nado como Herbert Ernst Karl Frahm en Lübeck o 18 de decembro de 1913, e finado o 8 de outubro de 1992 en Bonn, foi un xornalista alemán, e Primeiro Ministro da Alemaña Occidental entre os anos 1969 e 1974.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.