8 de marzo

O 8 de marzo é o 67º día do ano do calendario gregoriano e o 68º nos anos bisestos. Quedan 298 días para finalizar o ano.

<< Marzo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Josefina Aldecoa
Josefina Aldecoa.
Anavila
Ana Vila Portomeñe.

Mortes

Eduardopondal
Eduardo Pondal.

Festas e celebracións

Manifestación nacional Lugo 3M
Manifestación nacional Lugo 3M

Outros

  • Santoral: Xoán de Deus, confesor e Patrón dos bombeiros e practicantes; Quintilo, Cirilo, bispos; Xulián, Félix, Filemón, Apolonio, Teótico, Urbano, Rogato, Silvano, mártires; Veremundo, abade; Poncio, diácono; Liberio, Arnoldo, confesores; Antonino, eremita.

Os 366 días do ano

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Celestino II, papa

Celestino II (nado en Citá di Castello e falecido en Roma o 8 de marzo de 1144), foi o Papa nº 167 da Igrexa católica.

Eduardo Pondal

Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

El Mundo

El Mundo del siglo XXI, máis coñecido como El Mundo, é un xornal español. Ten a súa sede en Madrid e conta con edicións rexionais en lugares como Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Almería, Huelva, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Baleares, Alacant ou Cantabria. Tamén conta con edición aberta en Internet chamada elmundo.es. O seu director é Pedro J. Ramírez.

A empresa editora, Unidad Editorial S. a., é dona tamén do Grupo Recoletos, ambas propiedade á súa vez do grupo RCS MediaGroup (Rizzoli), que controla o diario italiano de maior tirada, o Corriere della Sera, e que marca as directrices xerais de acción. O Grupo Unidad Editorial está presidido pola historiadora e académica María del Carmen Iglesias Cano e edita, ademais do diario El Mundo, outras publicacións como Marca, Expansión, Telva ou La aventura de la Historia, entre outras.

O 8 de marzo de 2010 El Mundo lanzou Orbyt, a plataforma de contidos de pago na que ademais de contar con catro seccións específicas, tamén se pode consultar a hemeroteca do xornal, opinar, interactuar coa redacción e beneficiarse de promocións ou descontos exclusivos.

Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 159.305 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.

George Andrew Olah

George Andrew Olah (en húngaro: György András Oláh), nado en Budapest o 22 de maio de 1927 e finado en Beverly Hills o 8 de marzo de 2017, foi un químico estadounidense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1994.

Johannes Diderik van der Waals

Johannes Diderik van der Waals, nados en Leiden, Países Baixos, o 23 de novembro de 1837 e finado en Ámsterdan, Países Baixos, o 8 de marzo de 1923, foi un físico holandés, especialista en Termodinámica. Premio Nobel de Física en 1910.

Muller

Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O término muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo meniña o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho. Conta con aspectos físicos que a diferencian do varón da especie como voz máis aguda, cintura máis estreita, cadeira máis ancha e pelve máis ampla, menos pelame corporal, menos masa muscular e máis tecido adiposo, mamas máis grandes e é de menor estatura comparada co varón.

O Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo.

Otto Hahn

Otto Hahn, nado o 8 de marzo de 1879 en Frankfurt (Alemaña) e finado o 28 de xullo de 1968, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944.

Xoán de Deus

Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.