842

842
Calendario gregoriano842
DCCCXLII
Ab urbe condita1595
Calendario armenio291
Calendario chinés3538 – 3539
Calendario hebreo4602 – 4603
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat897 – 898
 ·  Shaka Samvat764 – 765
 ·  Kali Yuga3943 – 3944
Calendario persa220 – 221
Calendario musulmán227 – 228
Calendario rúnico1092
Década de 840
838 839 840 841 842 843 844 845 846

Acontecementos

  • Os musulmáns apodéranse da cidade italiana de Messina.
  • Musa ibn Musa ibn Qasí, gobernador de Tudela, nega a autoridade do emir de Córdoba, rexeitando sucesivos ataques das forzas centrais que tentaban submetelo, de xeito que ten o poder real no seu territorio, que inclúe Zaragoza, até a súa morte (862), polo que era chamado o "terceiro rei de Hispania".
Ramiro I de Asturias 01
Estatua de Ramiro I

Nacementos

  • Al-Mutamid († 892), futuro 50º califa abasida entre 870 e 892.

Mortes

Outros

  • Edificación da mesquita de Samarra (hoxe en Iraq), unha das emblemáticas do Islam primitivo.

Historia ano a ano

Afonso II de Oviedo

Afonso II de Oviedo, o Casto, nado en Oviedo no 760 e finado na mesma vila no 842, foi un rei de toda a Galicia altomedieval ou de Galicia e Asturias entre os anos 791 e 842 coa capital na cidade de Oviedo.

Fillo do rei Froila I, educouse no mosteiro de Samos e foi durante o seu longo reinado cando o caudillismo que exerceran Paio ou Afonso I acada un verdadeiro nivel de monarquía organizada. Tamén no seu reinado se produciu o descubrimento en Compostela do suposto sartego do apóstolo Santiago.

Afonso é coñecido como príncipe das Galicias (Galletiarum principis) na Vita Hludovici, así como rei de Galicia (rex Gallaeciae) no cronicón de Hermann de Reichenau do século XI. Igualmente, nas fontes musulmás, é chamado rei de Galicia por Al-Maqqari e rei dos galegos por Ibn Khaldun. A mencionada denominación como rei de Galicia e Asturias (regis Galleciae et Asturiae nos Annales regni francorum e regis Asturiae atque Galleciae na Vita Karoli Magni de Exinardo) é totalmente ocasional, pois o resto das fontes cristiás e musulmás sempre fan referencia unicamente a Galicia. Non obstante, é común a suplantación da súa titulación pola de rei de Asturias, denominación esta creada na España do século XIX polos primeiros historiadores romanticistas como Modesto Lafuente en pleno período de creación do nacionalismo español contemporáneo, que mantén gran vixencia na actualidade.

Bridei VI

Bridei, fillo de Uurad foi rei dos pictos dende 842 até 843. Dous dos seus irmáns, Ciniod e Drest, que tamén aparecen na lista de reis da crónica picta, reinaron despois del durante un breve período.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Década de 840

A década de 840 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 840 e remata o 31 de decembro de 849.

Santa Marina del Rey

Santa Marina del Rey é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 548 habitantes (INE 2011).

Século IX

século VIII < século IX > século X

Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro do 801 ata o 31 de decembro do 900 da era cristiá.

Acontecementos destacados

Peregrinacións a Compostela dos reis Afonso II de Asturias, Afonso III, a raíña Ximena e a corte de Oviedo

Imperio CarolinxioPersonaxes destacadas

Afonso III de Asturias

Carlomagno

Uurad

Uurad ou Ferat, fillo de Bargoit (finado en 842) foi un rei dos pictos, quizais dende 839 até 842. Ningunha das dúas versións coñecidas das listas de reis da crónica picta ofrecen a mesma versión do seu nome. Ferat ou Uurad en picto, é a forma máis común, pero tamén é coñecido como Feradach.A interpretación de Thomas Owen Clancy da pedra de Drosten poderían converter a Ferat un dos dous monarcas pictos cuxo nome aparece nunha pedra picta, sendo o outro Caustantín mac Fergusa.

Unha versión da historia orixinal de St Andrews di que foi escrita por Thana, fillo de Dudabrach, en Meigle, no reino de "Pherath, fillo de Bergeth".Os fillos de Uurad foron Bridei, Ciniod e Drest, que loitaron polo poder entre os pictos con grupos familiares liderados por Bruide, fillo de Fokel e Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín).

VI
 
VII
 
VIII
 
Século IX
 
X
 
XI
 
XII
Década de 900
Década de 890
Década de 880
Década de 870
Década de 860
Década de 850
Década de 840
Década de 830
Década de 820
Década de 810
Década de 800

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.