7 de agosto

O 7 de agosto é o 219º día do ano do calendario gregoriano e o 220º nos anos bisestos. Quedan 146 días para finalizar o ano.

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Ferrin
Xosé Luís Méndez Ferrín.

Mortes

Rabindranath Tagore in 1909
Tagore.

Outros

  • Santoral: San Caetano, Santa Nadia.

Os 366 días do ano

Amado Ricón

Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela o 21 de outubro de 1933 e finado o 7 de agosto de 2019, foi un profesor e político galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

John Cromwell Mather

John Cromwell Mather, nado o 7 de agosto de 1946 en Roanoke (Virxinia), é un astrofísico e cosmólogo estadounidense.

Juan Manuel Santos

Juan Manuel Santos Calderón, nado en Bogotá o 10 de agosto de 1951, é un político, xornalista e economista colombiano, presidente de Colombia dende o 7 de agosto de 2010 até o 7 de agosto de 2018. Logo de exercer como xornalista, introduciuse na política facéndose membro do Partido Liberal Colombiano, foi ministro de Comercio Exterior durante o goberno de César Gaviria, máis tarde fixo parte do goberno do conservador Andrés Pastrana Arango no que se desempeñou como ministro de Facenda. Pertence á familia Santos, anterior propietaria de El Tiempo. Tamén é curmán de Francisco Santos, vicepresidente de Colombia durante o goberno de Álvaro Uribe.Despois de consolidarse o goberno de Álvaro Uribe na presidencia en 2002, Santos deixou o partido liberal e foi un dos creadores do Partido Social de Unidade Nacional, foi nomeado ministro de Defensa de Colombia durante o goberno do entón presidente Álvaro Uribe dende xullo de 2006 até maio de 2009.

Logo de que a Corte Constitucional lle negara ó entón presidente Álvaro Uribe a posibilidade de ser elixido por terceira vez, Santos presentouse como o candidato do uribismo nas eleccións presidenciais de 2010; con esta plataforma foi elixido presidente de Colombia para o período 2010-2014, con máis de nove millóns de votos, a votación máis alta na historia electoral do país. Tomou posesión como presidente o 7 de agosto de 2010. O 15 de xuño de 2014 foi reelixido presidente para o período 2014-2018. O 7 de outubro de 2016, foi distinguido co Premio Nobel da Paz polo seu intento de chegar a un acordo coas FARC, malia o plebiscito infrutuoso.

Manuel Colmeiro Guimarás

Manuel Colmeiro Guimarás, nado en Chapa (Silleda) o 7 de agosto de 1901 e finado en Salvaterra de Miño o 1 de outubro de 1999, foi un pintor galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.