745

745
Calendario gregoriano745
DCCXLV
Ab urbe condita1498
Calendario armenio194
Calendario chinés3441 – 3442
Calendario hebreo4505 – 4506
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat800 – 801
 ·  Shaka Samvat667 – 668
 ·  Kali Yuga3846 – 3847
Calendario persa123 – 124
Calendario musulmán127 – 128
Calendario rúnico995
Década de 740
741 742 743 744 745 746 747 748 749

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Véxase tamén

Historia ano a ano

Amarante, Maside

Santa María de Amarante é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 745 habitantes (354 homes e 391 mulleres), nove menos ca en 2006.

Benaocaz

Benaocaz é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2005 tiña 745 habitantes. A súa extensión superficial é de 70 km² e encóntrase a 120 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Localízase na Serra do Endrinal, ao sur do río Tavizna, e forma parte da Ruta dos Pobos Brancos.

Practicamente a totalidade do seu termo atópase no Parque Natural da Serra de Grazalema.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Década de 740

A década de 740 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 740 e remata o 31 de decembro de 749.

El Tanque

El Tanque é un concello español situado no noroeste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. É un dos tres concellos da illa, xunto con Tegueste e Vilaflor de Chasna, que non ten costa.

Limita ao norte e leste con Garachico, ao sur con Santiago del Teide e ao oeste con Los Silos. O concello acada a súa altitude máxima no cono volcánico coñecido como Montaña Grande de Abeque, de 1.745 metros. A capital municipal atópase a 604 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 2.658 habitantes, agrupados nos núcleos de El Tanque, Erjos del Tanque, Ruigómez e San José de los Llanos.

Gachetá

Gachetá é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na Provincia do Guavio, da cal é capital. Atópase a 99 km de Bogotá, ó nordeste do departamento de Cundinamarca, a unha altura de 1.745 m s. n. m. Conta con 11.000 habitantes aproximadamente, dos cales o 70% corresponde á zona rural.

Hegemone (lúa)

Hegemone (en grego Ηγεμόνη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXIX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 8.Hegemone ten uns 3 km de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,703 millóns de km, tarda 745.500 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 153° con respecto á eclíptica (151° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4077. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de km, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Hegemone na mitoloxía grega era unha das Gracias e filla de Zeus (Xúpiter).

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Sant Cugat del Vallès

Sant Cugat del Vallès é unha cidade e municipio catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Vallès Occidental. Situado entre a Serra de Collserola e a Serra de Galliners, limita con Barcelona polo sueste.

Ten 81.745 habitantes segundo cifras oficiais do INE do ano 2010. É a terceira cidade máis poboada do Vallès Occidental logo das capitais Sabadell e Terrassa e a décima máis poboada da provincia de Barcelona.

Século VIII

século VII < século VIII > século IX

Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro de 701 ata o 31 de decembro de 800.

Acontecementos destacados

711, os árabes desembarcan na Península Ibérica.

718, os bizantinos deteñen o avance musulmán no sitio de Constantinopla.

Paio á fronte dos últimos resistentes Visigodos fai abortar en Covadonga o perigo dunha incursión musulmá polo Norte, e dá inicio ao proceso de reconquista dos territorios hispánicos.

732, os cristiáns de Carlos Martel deteñen o avance árabe en Poitiers (Francia).

750, a dinastía dos Omeias é substituída pola dos Abásidas.

751, Pipino o Breve funda a dinastía Carolinxia.

V
 
VI
 
VII
 
Século VIII
 
IX
 
X
 
XI
Década de 800
Década de 790
Década de 780
Década de 770
Década de 760
Década de 750
Década de 740
Década de 730
Década de 720
Década de 710
Década de 700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.