6 de xaneiro

O 6 de xaneiro é o sexto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 359 días para rematar o ano e 360 nos anos bisestos.

<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Lolita Diaz Baliño-1926
Lolita Díaz Baliño
  • 1367 - Rei Ricardo II de Inglaterra.
  • 1412 - Xoana de Arco, heroína e santa francesa.
  • 1499 - Xoán de Ávila, escritor místico español.
  • 1587 - Gaspar Guzmán Pimentel, Conde de Olivares, Duque de San Lúcar.
  • 1741 - Sarah Trimmer, escritora e crítica de literatura infantil británica (m. 1810).
  • 1745 - Jacques Etienne Montgolfier, pioneiro francés da aviación.
  • 1766 - José Gaspar Rodríguez de Francia.
  • 1799 - Jedediah Smith, autor do Calendario Iosemita.
  • 1821 - Melchor Ocampo, político mexicano.
  • 1821 - Juan Zuazua Esparza, xeneral mexicano.
  • 1822 - Heinrich Schliemann, arqueólogo.
  • 1832 - Gustave Doré, pintor e escultor francés (m. 1883).
  • 1838 - Max Bruch, compositor alemán.
  • 1854 - Sherlock Holmes, personaxe de ficción creado por Sir Arthur Conan Doyle. O primeiro detective consultor do mundo.
  • 1872 - Alexander Nikolayevich Scriabin, compositor e pianista.
  • 1873 - Joaquín Mir, pintor español.
  • 1876 - Victoria Bru Sánchez, enfermeira cubana.
  • 1877 - Enrique Herrero Ducloux, químico e mestre español.
  • 1878 - Carl Sandburg, poeta e historiador.
  • 1880 - Tom Mix, actor, director, produtor de cine americano.
  • 1882 - Samuel Rayburn, voceiro americano da Casa Branca (1940-57).
  • 1883 - Khalil Gibrán, poeta, pintor, novelista e ensaísta libanés.
  • 1887 - José Álvarez Pérez "Bernardo o dos Lobitos", cantante español.
  • 1887 - Enrique Herrero Ducloux, mestre bioquímico español.
  • 1905 - Lolita Díaz Baliño, pintora galega. (f. 1963)
  • 1913 - Loretta Young, actriz americana.
  • 1918 - Manuel Cabaleiro Goás, psiquiatra galego (m. 1977).
  • 1923 - Santiago Grisolía, bioquímico español.
  • 1923 - Jacobo Timerman, xornalista ucraíno.
  • 1928 - Alfonso Grosso, escritor español.
  • 1930 - Oscar Camilión, político arxentino.
  • 1931 - Juan Goytisolo, escritor español.
  • 1933 - José Ortega Castaño, guitarrista español.
  • 1934 - Carlos Corpas Brotóns, toureiro español.
  • 1936 - Antonio López, pintor español.
  • 1936 - Julio María Sanguinetti, ex-presidente de Uruguai.
  • 1937 - Adriano Celentano, cantante e actor italiano.
  • 1937 - Francisco Delich, sociólogo e político arxentino.
  • 1939 - Henri Pierre Nallet, vicepresidente do partido Socialista Europeo.
  • 1939 - Lisandro Da Torre, político colombiano.
  • 1941 - Sandy Denny, músico de folk inglés.
  • 1942 - Rosa María Mateo, presentadora de televisión española.
  • 1942 - Benito Lertxundi, músico español.
  • 1943 - Osvaldo Soriano, escritor e periodista arxentino.
  • 1943 - Juan Manuel Rojo, físico, mestre e político español.
  • 1943 - Terry Venables, adestrador británico de fútbol.
  • 1944 - Rolf Martin Zinkernagel, inmunopatólogo suízo, Premio Nobel de Medicina 1996.
  • 1944 - Alan Stivell, cantautor e músico bretón.
  • 1945 - Alfredo Conde, escritor galego.
  • 1946 - Syd Barrett, músico británico.
  • 1952 - María José Pozuelo Meño, política española.
  • 1953 - Malcolm Young, músico escocés.
  • 1954 - José Antonio Díazdel, pintor español.
  • 1954 - Anthony Minghella, director e guionista de cine británico (m. 2008).
  • 1956 - Xosé Enrique Acuña, fotógrafo e historiador galego.
  • 1958 - José Luis Llorente, xogador de baloncesto español.
  • 1958 - Henri Parot, membro de ETA.
  • 1959 - Paul Azinger, xogador de golf estadounidense.
  • 1961 - Xoaquín Fernández Leiceaga, economista e político galego.
  • 1962 - Cecilia Felgueras, política arxentina.
  • 1963 - Luis Elcaho, futbolista español.
  • 1964 - Mark O'Toole, músico australiano.
  • 1964 - Inka Martí, presentadora de televisión catalá.
  • 1965 - Juan Antón Lechuga, "Juan dos reis", toureiro español.
  • 1966 - Javier Weber, xogador de voleibol arxentino.
  • 1967 - María Fátima Báñez García, avogada e política española.
  • 1970 - Leonardo Astrada, futbolista brasileiro.
  • 1970 - Ruben Capria, futbolista arxentino.

Mortes

Gregor Mendel Monk
Gregor Mendel.

Festas e celebracións

Moraña, Os Milagres de Amil 05-12c
Baldaquino en Amil (Moraña, Pontevedra), representando a Adoración dos Reis Magos

Outros

  • Santoral: Epifanía - festa cristiá que conmemora a visita dos Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar a Xesús Cristo, María e Xosé. Santa María de Pi (Patroa de Barcelona); Santos: Melanio, Aparicio, Dimas, Pedro Tome (Bipos); Nilamon (Confesor); Anastasio, Anatolio e Pompeano (Mártires); Liceria e Adoracion (Virxes); Erminoldo (Abade); Calendario Romano: deus Aion.

Os 366 días do ano

1993

1993 foi Ano Santo Xacobeo.

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Galicia Hoxe

Galicia Hoxe foi un xornal galego que se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares, e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia. Non obstante mantén a súa cabeceira como diario dixital.

Israel

O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo.Despois dunha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 1947, recomendando a adhesión e introdución do Plan de Partición de Palestina para substituír o Mandato Británico, o 14 maio de 1948, David Ben-Gurion, o xefe-executivo da Organización Sionista Mundial e presidente da Axencia Xudaica para Palestina, declarou o estabelecemento dun Estado Xudeu en Eretz Israel, a ser coñecido como o Estado de Israel, unha entidade independente do control británico. As nacións árabes veciñas invadiron o recentemente creado país ao día seguinte, en apoio aos árabes palestinos. Israel, dende aquela, levou a cabo varias guerras cos Estados árabes circundantes, no transcurso das cales ocupou os territorios de Cisxordania, península do Sinaí, faixa de Gaza e altos do Golán. Partes desas áreas ocupadas, incluíndo Xerusalén Oriental, foron anexionadas por Israel, mais a fronteira coa veciña Cisxordania aínda non foi definida de forma permanente. Israel asinou tratados de paz con Exipto e Xordania, porén os esforzos para solucionar o conflito israelí-palestino ata agora non deron como resultado a paz.

O centro financeiro de Israel é Tel Aviv, mentres que Xerusalén é a cidade máis populosa do país e súa capital (aínda que non sexa recoñecida como tal pola comunidade internacional). A poboación israelí, conforme o definido pola Oficina Central de Estatísticas de Israel, foi estimada en 2017 en 8.758.600 habitantes, dos cales un 74.8% eran xudeus. Os árabes constitúen a segunda maior etnia do país, cun 20.8% de habitantes, incluíndo aos árabes de Xerusalén Leste. A gran maioría dos árabes israelís son musulmáns sunnitas, incluíndo un número significativo de beduínos do Negev semi-sedentarios, o resto son cristiáns e drusos. Outras minorías inclúen varias denominacións étnicas e etno-relixiosas, como os circasianos, samaritanos e maronitas, entre outros.

Israel é unha democracia representativa cun sistema parlamentario, representación proporcional e sufraxio universal. O primeiro ministro serve como xefe de goberno e o Knesset como o corpo lexislativo unicameral do país. Israel ten unha das máis altas expectativas de vida do mundo e é considerado un país desenvolvido, sendo membro da OCDE e da ONU. O seu produto interno bruto (PIB) nominal foi o 37º maior do mundo en 2014, mentres que o país ten o nivel de vida máis alto de Oriente Medio. No entanto, organizacións como Amnistía Internacional e Human Rights Watch teñen sido críticas coas políticas de Israel en relación aos palestinos, mentres que o goberno dos Estados Unidos e algúns países de Europa, como o Reino Unido e Alemaña, xeralmente apoian a Israel bélica e financeiramente.

Nadal

Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento') é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

Pavel Cherenkov

Pável Alekséyevich Tcherenkov (en ruso: Павел Алексеевич Черенков), nado en Nízhniaya Chigla, no óblast de Voronezh, o 28 de xullo de 1904 e finado en Moscova o 6 de xaneiro de 1990, foi un físico soviético de gran reputación e que recibiu o Premio Nobel de Física en 1958 polas súas contribucións médicas e sociais á cultura nesa época.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.