672

672
Calendario gregoriano672
DCLXXII
Ab urbe condita1425
Calendario armenio121
Calendario chinés3368 – 3369
Calendario hebreo4432 – 4433
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat727 – 728
 ·  Shaka Samvat594 – 595
 ·  Kali Yuga3773 – 3774
Calendario persa50 – 51
Calendario musulmán52 – 53
Calendario rúnico922
Década de 670
668 669 670 671 672 673 674 675 676

Acontecementos

Asia

  • Guerra civil pola sucesión ao trono nese ano: o príncipe Oama logrará vencer ao emperador Kobun e despoxalo do seu trono.

Europa

  • Comeza o reinado de Vamba, monarca dos visigodos (até 680), sucedendo a Recesvinto.
    • Desde o inicio do seu goberno ten que facer fronte á sublevación de Hilderico, conde de Nemausus (Nimes), ao que se lle une o duque Paulo, que Vamba enviara contra aquel, e mesmo este último chegará a proclamarse rei en Narbona.

Nacementos

  • Beda, dito o Venerábel, monxe e historiador inglés (m. 735)

Mortes

Véxase tamén

Historia ano a ano

27 de maio

O 27 de maio é o 147º día do ano do calendario gregoriano e o 148º nos anos bisestos. Quedan 218 días para finalizar o ano.

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.672 habitantes (9.664 no 2012, 9.726 no 2011, 9.858 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense».

Adeodato II, papa

Adeodato II, nado en Roma e finado o 17 de xuño de 676, foi o Papa nº 77 da Igrexa católica de 672 a 676.

Beda

Beda, tamén coñecido como San Beda ou Beda o Venerábel, nado cara ao 672 e finado o 27 de maio de 735, foi un monxe que habitou no mosteiro de Saint Peter en Wearmouth (hoxe en día parte de Sunderland), e do seu mosteiro adxunto, Saint Paul, actualmente Jarrow. É coñecido como escritor e erudito, tendo como obra máis coñecida, Historia ecclesiastica gentis Anglorum (Historia Eclesiástica do pobo dos Anglos), que lle valeu o título de "Pai da Historia Inglesa". Beda escribiu sobre moitos outros temas, desde música a relixión.

Bridei III

O rei Bridei III (ou Bridei mac Beli; en irlandés antigo: Bruide mac Bili) (616/628?-693) foi un rei do pictos dende o ano 672 até o 693.

Bridei puido ter nacido no ano 616, ou non máis tarde de 628. Foi o fillo de Beli, rei de Alt Clut. A súa reclamación polo reinado pasou polo seu avó, o rei Nechtan dos pictos. O Historia Brittonum de Nennio conta que Bridei foi fratruelis do rei Ecgfrith's, curmán materno. A nai de Bridei foi probablemente a filla do rei Edwin de Deira.

Canfranc

Canfranc (en aragonés: Canfrán) é un concello na comarca da Xacetania, na provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 71,6 km² onde no ano 2007 vivían 672 habitantes. Encóntrase a 1.190 metros sobre o nivel do mar.

Drest VI

Drest (tamén coñecido como Drest mac Domnal ou Drest mac Dúngail; finado en 677) foi un rei do pictos dende o 663 até o 672.

Sucedeu ó seu irmán Gartnait IV despois da morte deste no ano 662. A crónica picta atribúelle un reinado de seis ou sete anos. Crese que foi o líder da derrotada revolta picta contra Ecgfrith de Northumbria no ano 671.Os Anais do Ulster e os Anaisde Tigernach sinalan que foi deposto como rei, presuntamente por Bridei. Morreu no ano 677.

Década de 670

A década de 670 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 670 e remata o 31 de decembro de 679.

L'Alcora

L'Alcora é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Alcalatén, da que é capital. A súa poboación residente é de 10.672 habitantes (INE 2014).

É coñecida pola súa cerámica e pola fábrica foi fundada en 1727. Na actualidade, a industria de azulexos de l'Alcora compite coa doutras localidades da provincia. Existe unha importante industria auxiliar e complementaria desta actividade. A agricultura de secaño ten menor interese, predominando o cultivo da amendoeira e o oliveiral. Nas seus muíños de aceite elabórase un aceite de oliva de excelente calidade.

Leira, Ordes

Santa María de Leira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ordes na comarca homónima. Segundo o IGE en 2013 tiña 672 habitantes (334 mulleres e 338 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes.

Lista alfabética de códigos telefónicos por país

Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164.

O símbolo '+' diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional. Este prefixo a marcar depende do país dende o que fagamos a chamada. A UIT aprobou o 00 coma o estándar a seguir, que xa foi implantado pola maioría dos países. Por exemplo, chamando dende un teléfono localizado en Galicia, substituiriamos o símbolo '+' por '00'; para chamar ao Perú (que ten código +51) marcariamos un número do tipo ' 0051########## '. Nos teléfonos móbiles si que é posible introducir directamente o símbolo '+', no lugar do prefixo de chamada internacional.

Mar de Laptev

O mar de Laptev (en ruso, море Лаптевых) é un mar marxinal do océano Glacial Ártico, que se estende pola costa oriental de Siberia, península de Taimir, a Terra do Norte e as illas de Nova Siberia. O seu límite máis setentrional está no cabo Ártico ata un punto coas coordenadas 79°N e 139°E para cerrar no cabo Anisiy.O mar de Kara queda ao oeste, o mar de Siberia Oriental ao leste. A superficie deste mar é de aproximadamente 672.000 km². É navegable durante os meses de agosto e setembro.

O mar de Laptev leva o seu nome en recoñecemento a dous exploradores e curmáns rusos, Dmitry Laptev e Khariton Laptev, que realizaron campañas de recoñecemento das súas costas. Anteriormente, este mar era coñecido como mar Nordenscheld ou Nordenskjöld, en recoñecemento ao primeiro navegante da Ruta do Mar do Norte, Adolf Erik Nordenskiöld.Administrativamente, as súas ribeiras pertencen ao Krai de Krasnoyarsk e á República de Sakha.

O Ézaro, Dumbría

Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 672 habitantes (351 mulleres e 321 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.

A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico. A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.

Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Provincia de Jujuy

A provincia de Jujuy é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 672.260 habitantes (2010) e a súa capital é San Salvador de Jujuy.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste con Chile pola Cordilleira dos Andes, polo norte con Bolivia, e polo leste e sur coa provincia de Salta.

Recesvinto

Recesvinto, rei visigodo que gobernou entre os anos 653 e 672.

Tamén chamado Recceswinth en lingua xermánica foi fillo de Chindasvinto e Riciberga. Durnte o seu reinado, foron celebrados o VIII, IX e X Concílios de Toledo. No ano de 654, promulgou o Liber iudiciorum.

Morreu na localidade de Gerticos (provincia de Valladolid), no ano 672.

Século VII

século VI < século VII > século VIII

Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro de 601 ata o 31 de decembro de 700 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Héxira de Mahoma, primeira expansión do islam fóra de Arabia.

O Imperio bizantino perde Siria, Exipto e Palestina fronte ós árabes musulmáns. Helenización do Imperio, clave para a súa supervivencia.

África: Grupos bantos alcanzan a zona dos Grandes Lagos.Personaxes destacadas

Mahoma, profeta e fundador do islam.

Santo Isidoro.

Vamba

Vamba ou Wamba, finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.

Vitaliano, papa

San Vitaliano nado en Segni (Italia) (¿?), e finado en Roma o 27 de xaneiro de 672, foi o papa n.º 76 da Igrexa católica dende 657 ata 672.

Vitaliano mantivo a disciplina eclesiástica, enviou misioneiros a Inglaterra e morreu en olor de santidade. É celebrado o 27 de xaneiro.

No aspecto litúrxico foi o papa que autorizou o uso do órgano nas cerimonias relixiosas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.