656

656
Calendario gregoriano656
DCLVI
Ab urbe condita1409
Calendario armenio105
Calendario chinés3352 – 3353
Calendario hebreo4416 – 4417
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat711 – 712
 ·  Shaka Samvat578 – 579
 ·  Kali Yuga3757 – 3758
Calendario persa34 – 35
Calendario musulmán35 – 36
Calendario rúnico906
Década de 650
652 653 654 655 656 657 658 659 660

Acontecementos

Oriente próximo

  • 17 de xuño - É elixido para o califato Alí, curmán e xenro de Mahoma, despois da morte de Otman.
    • 9 de decembro - Primeira Guerra Civil musulmá - Batalla do ''Camelo'', preto de Basora: Alí derrota a Aixa, viúva de Mahoma e aos seus seguidores.

Europa

  • Celébrase o VIII Concilio de Toledo, sob o rei visigodo Recesvinto (649 - 672).
      • Promúlgase o Liber Iudiciorum: recolle a doutrina dos concilios toledanos; a súa aplicación baséase na territorialidade e non no sangue.

Nacementos

Mortes

  • 17 de xuño - Otman (Uthman ibn Affan), 3º califa elixido despois da morte de Mahoma, asasinado.

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Baixa Cerdanya

A Baixa Cerdanya é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é Puigcerdà. En 2009 tiña 18.656 habitantes. A comarca limita co Principado de Andorra polo norte, coa Alta Cerdanya (Francia) polo nordeste, co Ripollès e o Berguedà polo sur e co Alt Urgell polo oeste.

É un dos fragmentos nos que quedou dividido o territorio histórico da Cerdanya como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659). Oficialmente chámase simplemente Cerdanya, pero utilízase o nome de Baixa Cerdanya en contraposición á Alta Cerdanya.

Clodoveo II

Clodoveo II, nado en 635 e finado en 657, foi rei dos francos. Tamén foi rei de Neustria e de Borgoña desde o 638 ao 657 e tamén de Austrasia desde o 656 ao 657; era fillo de Dagoberto I e de Nantilde.

Durante a súa minoría de idade foi o seu rexente Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria.

Casado, en 648, con Santa Batilde (falecida en 680, no mosteiro de Chelles), foron pais de Clotario III, rei de Neustria (Soissons) e Borgoña, Teodorico III, rei de Neustria e Borgoña, e de Khilderico II, rei de Austrasia.

Dagoberto II

Dagoberto II, nacido en 652 era fillo do rei dos francos Sixeberto III e de Imiquilda / Hymmenexilde.

En 656, á morte de seu pai, asasinado mediante un complot do seu propio irmán Clodoveo II, organizado por Grimoaldo, mordomo de palacio, co obxectivo de anexionar as terras de Austrasia, Dagoberto, á idade de 4 anos, é enviado exiliado a Irlanda por orde do mordomo de palacio, que se sentía ameazado.

Dagoberto, foi proclamado rei en 674 polos señores de Austrasia, e despois de que Khilderico II fose asasinado en 675, regresa para conquistar o trono de Austrasia, da que seu pai fora rei. Pero non pode conter a insubordinación dos señores e tamén el foi asasinado en 679 á idade de 27 anos.

Década de 650

A década de 650 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 650 e remata o 31 de decembro de 659.

Francos

Os francos aparecen nos inicios do primeiro milenio nas fontes latinas. O termo designa probabelmente unha liga ou confederación de pobos xermánicos instalados na ribeira dereita do Rin inferior, alén das fronteiras do Imperio Romano, e que non se sometían ao Imperio ou a outro pobo máis importante. O latín francus, franci tende a probar que se chamaban así posto que frank significa "libre" en lingua xermánica. Dado que a raíz frank non pertence á lingua xermánica primitiva, pénsase tamén que podería derivar de frei-rancken (libere vacantes) que significa viaxeiros libres.

Iouga

Iouga é a reconstrución suxerida do nome dunha deusa britano-romana coñecida por unha única inscrición fragmentada. A inscrición apareceu nun altar de pedra en York. O nome que aparece na pedra é Ioug[...] ou Iou[...], e nela pode lerse tamén:

NVMINIB AVG ET DEAE IOV[...]

SIVS AEDEM PRO PARTE D[...]Ó numina do Emperador(s) e á deusa Iou[..], [..]sius (construído/restaurado) unha (metade?) parte do templo.Lendo a parte fragmentada do nome Ioug[...], Roger Wright propuxo a forma reconstruída Iouga, que relacionou co protocelta *jugā que significa 'xugo'. Porén, Theresia Pantzer, suxeriu que o que Wright percibiu como unha letra g era unicamente "dano da pedra nunha parte do texto". A deusa é polo demais descoñecida.

Khilderico III

Khilderico III, nado cara o 714 e finado en 755, foi o último rei franco da dinastía Merovinxia. Foi ascendido ao trono de Austrasia e Neustria polo mordomo de palacio Pipino o Breve. No 751, Pipino quixo facerse co trono franco e destronouno enviándoo ao mosteiro de Saint Omer onde permaneceu ata os seus últimos días.

Mercia

Mercia foi un dos reinos da heptarquía anglosaxoa, o nome é unha latinización do Inglés antigo Mierce ou Myrce, que significa "xente da fronteira" (ver Marca). O reino céntrase no val do río Trent e os seus afluentes, na rexión agora coñecida como a Midlands inglesas. A capital do reino era a cidade de Tamworth, que foi a sede dos reis de Mercia de polo menos ao redor do ano 584, cando o rei Creoda construíu unha fortaleza na cidade. Os veciños de Mercia eran Northumbria, Powys, os reinos de Gales do Sur, Wessex, Sussex, Essex e Anglia Oriental.

Durante 300 anos (entre o 600 e o 900), logo de anexar ou adquirir a submisión de cinco dos seis reinos da heptarquía (East Anglia, Essex, Kent, Sussex e Wessex), Mercia dominaba Inglaterra ao sur do río Humber, este período coñécese como a supremacía merciana. O reinado do rei Offa, que é o máis recordado pola súa muralla, que marcaba o límite entre Mercia e os reinos de Gales, coñécese ás veces como a "idade de ouro de Mercia". Nicholas Brooks observou que "os merciáns destacan de lonxe como o máis exitoso dos diversos primeiros pobos anglosaxóns ata finais do século noveno", e algúns historiadores, como Sir Frank Stenton, creen que a unificación de Inglaterra ao sur do estuario do Humber logrouse durante o reinado de Offa.Mercia foi orixinalmente un reino pagán, pero o Rei Penda converteuse ao cristianismo en torno ao 656, o cristianismo quedou establecido firmemente no reino a finais do século VII. A Diocese de Mercia foi fundada en 656, co primeiro bispo, Diuma, con sé en Repton. Logo de só 13 anos en Repton, no 669 o quinto bispo, San Chad, trasladou o obispado a Lichfield, no que ten a sé desde entón. No 691 a Diocese de Mercia converteuse na Diocese de Lichfield. Durante un breve período do 787 ao 799 a diocese foi un arzobispado, aínda que se disolveu oficialmente en 803. O actual bispo, Jonathan Gledhill, é o 98 desde a creación da diocese.

A finais do século noveno, logo das invasións dos viquingos e o seu Gran Exército Pagán, a maior parte do antigo territorio de Mercia foi absorbido por Danelaw. No seu apoxeo Danelaw incluíu Londres, toda East Anglia e a maior parte do norte de Inglaterra.

O último rei de Mercia, Ceolwulf II, morreu no ano 879, con iso o reino parece perder a súa independencia política. Inicialmente foi gobernada por un señor ou ealdorman baixo o señorío de Alfredo o Grande, que se facía chamar "rei dos anglosaxóns". O reino tivo un breve período de independencia na metade do século X, e de novo moi brevemente en 1016, con todo esta vez foi visto como unha provincia dentro do Reino de Inglaterra, non como un reino independente.

Mercia aínda se utiliza como unha designación xeográfica, e o nome é utilizado por gran variedade de organizacións, incluíndo unidades militares, entidades públicas, comerciais e benéficas.

Montcada i Reixac

Montcada i Reixac é unha cidade e municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental.

Forma parte do área metropolitana de Barcelona e limita con Barcelona, Cerdanyola del Vallès, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Ripollet e Mollet del Vallès.

Peada de Mercia

Peada de Mercia, finado en 656, fillo de Penda, foi brevemente rei do sur de Mercia desde a morte do seu pai en novembro de 655, até a súa propia morte na primavera do ano seguinte.

Pello

Pello é un concello de Finlandia que se atopa aproximadamente a 20 km ó norte do Círculo Polar Ártico. No 2015 tiña unha poboación de 3 656 habitantes.

San Pantaleón das Viñas, Paderne

San Pantaleón das Viñas é unha parroquia do concello de Paderne, na comarca de Betanzos (provincia da Coruña). Segundo o IGE en 2011 tiña 656 habitantes (342 mulleres e 314 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto do ano 1999, cando tiña 655 habitantes.

Está situada ao norte do concello, e linda coas parroquias de Souto e Vilouzás.

Sixeberto III

Sixeberto III, nado cara o 630 e finado en 660, foi rei de Austrasia, fillo primoxénito de Dagoberto I.

Para satisfacer as esixencias de autonomía da aristocracia local, o seu pai cédelle no ano 632 o reino de Austrasia e instálase en Metz no ano 634, pero segue estando baixo a tutela do rei franco ata a morte de Dagoberto no ano 639. Nese ano, Sixeberto recibe como herdanza Austrasia, aínda que agora liberada de toda dependencia de Neustria.

Intenta inutilmente someter a Radulfo, duque de Turinxia, que o vence no ano 640.

Durante o seu reinado é cando o mordomo de palacio empeza a ter un papel importante na vida política de Austrasia.

Deixou o goberno en mans do mordomo Grimoaldo, que era fillo de Pipino de Landen que o convence para que adopte ao seu propio fillo, ao que bautizou como Khildeberto, un nome de rei merovinxio. Posteriormente Sixeberto tivo un fillo, o futuro Dagoberto II, pero o mordomo séntese ameazado e á morte do rei, obrígao a ingresar nunha comunidade monástica e exíliao a Irlanda.

Szekszárd

Szekszárd e unha cidade de Hungría e capital do condado administrativo de Tolna.

Szekszárd atópase na zona dos outeiros Transdanubiás na gran chaira Húngara.

Pola súa poboación (34.656) Szekszárd é a capital de condado menor de Hungría; despois de Tatabánya é a capital máis pequena en superficie.

Século VII

século VI < século VII > século VIII

Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro de 601 ata o 31 de decembro de 700 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Héxira de Mahoma, primeira expansión do islam fóra de Arabia.

O Imperio bizantino perde Siria, Exipto e Palestina fronte ós árabes musulmáns. Helenización do Imperio, clave para a súa supervivencia.

África: Grupos bantos alcanzan a zona dos Grandes Lagos.Personaxes destacadas

Mahoma, profeta e fundador do islam.

Santo Isidoro.

Villafufre

Villafufre é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Santa María de Cayón, polo sur con Villacarriedo, polo oeste con Santiurde de Toranzo e polo leste con Saro. O municipio atópase na comarca do Pas-Miera (comarca dos Valles Pasiegos) e polo seu territorio discorre o río Pisueña, principal afluente do río Pas.

Esténdese sobre unha superficie de 30,1 km² no límite norte da comarca pasiega, entre as cabeceiras dos vales de Toranzo e Carriedo, atravesados polos ríos Pas e Pisueña respectivamente.

Os núcleos de poboación do concello (ten 1115 habitantes) aséntanse ao sur da Serra Manzano, a cal coroa os cotos de Sopeña (532 metros) e Caballar (656 metros). No centro elévase o coto de San Martín (319 metros), que ten dúas vertentes, pola occidental descende o arroio de La Plata e pola oriental numerosos regos que dan ao río Pisueña (Bustillo, Socorral, Álamos).

Vilviestre del Pinar

Vilviestre del Pinar é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 656 habitantes (INE 2012).

Xerez Club Deportivo

O Xerez Club Deportivo é un club de fútbol español, con sede na cidade de Xerez da Fronteira (Cádiz, Andalucía). Foi refundado o 24 de setembro de 1947.

Durante a tempada 2008-09, na que contou co apoio de 9.656 abonados, militou na Segunda División de España e logrou o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia, ao que se sumou o título de campión da categoría de prata. Actualmente conta con 16.216 abonados. Nesa tempada quedou 20º e volveu descender á Segunda División.

Zuheros

Zuheros é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2006 tiña 821 habitantes. A súa extensión superficial é de 42 km² e ten unha densidade de 19,9 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 32' N, 4º 19' O. Encóntrase situada a unha altitude de 656 metros e a 76 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Atópase na Serra da Subbética, entre os pobos de Doña Mencía e Luque.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.