5 de xaneiro

O 5 de xaneiro é o quinto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 360 días para rematar o ano e 361 nos anos bisestos.

<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días
Cabalgata reis magos-Dromedarios
Cabalgata dos reis magos.

Acontecementos

  • 1387 - Xoán I é nomeado rei da Coroa de Aragón trala morte de seu pai Pedro IV o Ceremonioso.
  • 1543 - Desembarca no porto de San Francisco de Campeche (México), o frade español Bartolomé de las Casas, que se fará evanxelizador, educador, historiador e defensor do indíxena.
  • 1728 - Fundación da Universidade da Habana (Cuba).
  • 1762 - Pedro II asume o trono do imperio Ruso o fina-la súa tía, a emperatriz Elizabeth.
  • 1798 - Inaugúrase o cemiterio San Xoán Evanxelista de Baiamo, primeiro de Cuba e de América.
  • 1809 - O imperio Otomán e Gran Bretaña firman o Tratado dos Dardanelos.
  • 1813 - O Tribunal da Inquisición é suprimido polas Cortes de Cádiz.
  • 1814 - A Rexencia do Reino é trasladada dende Cádiz a Madrid.
  • 1835 - Editase a primeira revista gráfica, O artista.
  • 1855 - Inauguración do primeiro ferrocarril en Panamá, de 75 quilómetros de percorrido.
  • 1895 - Caso Dreyfus: o oficial francés de orixe xudía Alfred Dreyfus perde a súa patente oficial e é sentenciado a prisión perpetua na Illa do Diaño, Güiana Francesa.
  • 1896 - O Wiener Presse publica un descubrimento de Wilhelm Roentgen, unha radiación que logo se chamaría Raios X.
  • 1900 - Estréase en Roma a ópera Tosca de Giacomo Puccini.
  • 1900 - O líder unionista John Edward Redmond chama a os irlandeses a rebelarse contra o Reino Unido.
  • 1905 - Charles Perrine anuncia o descubrimento de Elara, o 7º satélite de Xúpiter.
  • 1914 - Ford anuncia un salario de 5 dólares por xornada de 8 horas diarias na súa fábrica de automóbiles.
  • 1916 - Antón Villar Ponte comeza dende La Voz de Galicia a campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego, orixe das Irmandades da Fala
  • 1917 - Islandia obtén de Dinamarca unha limitada autonomía administrativa.
  • 1919 - Fúndase o Partido Nacional Socialista Alemán (NSDAP). Partido ao que pertenceu Adolf Hitler co carné número 7.
  • 1920 - Por orde gobernamental son clausurados en España os sindicatos obreiros e o xornal Solidaridad Obrera, tralo atentado contra o presidente da patronal.
  • 1930 - O Goberno soviético anuncia a creación de cooperativas agrícolas de produción, chamadas koljós.
  • 1933 - Comenzan os traballos de construción do Golden Gate (San Francisco, EUA).
  • 1940 - Estréase en Barcelona a película La tonta del bote, baseada na obra de Pilar Millán Astray.
  • 1940 - Realízase a primeira demostración da radio FM.
  • 1941 - Remátanse as obras do túnel de Viella, que comunica o Val de Arán co resto de España.
  • 1950 - Gran Bretaña rompe as súas relacións diplomáticas coa China nacionalista e, o día seguinte, recoñece o réxime de Mao Zedong.
  • 1953 - Primeira representación da obra de teatro de Samuel Beckett Á espera de Godot.
  • 1955 - O ministro francés do Interior, François Mitterrand, propón que Alxeria se integre en Francia.
  • 1959 - Alasca, despois da admisión solicitada hai 2 días, convertese no 49 estado da Unión norteamericana.
  • 1961 - Cuba expón no consello de Seguridade da ONU o seu temor de que Estados Unidos prepare a invasión da illa.
  • 1961 - Publícase Memorias dun neno labrego pola editorial Follas Novas fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en Arxentina.
  • 1969 - A Unión Soviética lanza unha sonda espacial a Venus.
  • 1975 - Cantarero del Castillo constitúe Reforma Social Española, primeira asociación política autorizada.
  • 1977 - Suprímese en España o Tribunal de Orde Pública, e crease a Audiencia Nacional, ademais de deroga-lo Decreto-Lei sobor terrorismo.
  • 1978 - Entra en vigor a preautonomía do País Vasco.
  • 1985 - Nacen nun hospital de París os primeiros trixemelgos europeos concibidos por medio da fecundación in vitro.
  • 2000 - O Goberno de Aragón confirma a morte, dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, do derradeiro exemplar de bucardo.

Nacementos

Nicole-Reine Lepaute
Nicole-Reine Lepaute
Maruja Mallo
Maruxa Mallo

Mortes

Vilanova de Arousa.Galicia.24
Ramón María del Valle-Inclán
10 diaz-pardo 0286
Isaac Díaz Pardo

Festas e celebracións

Santoral

  • San Telesforo (Papa); Xoán Neuman (Bispo); Teodoro, Odulfo e Onoberto (Confesores); Simeon estilita (Anacoreta); Eduardo, Rogerio e Simon (Mártires); Amelia, Tatiana, Tania, Ciara, Emiliana, Apolinaria e Sincletica (Virxes); Amada (Abadesa); Calendario Romano: Compitalia.

Outros

Os 366 días do ano

Notas

  1. Calendario 2014 MUNCYT.
1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

1993

1993 foi Ano Santo Xacobeo.

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Harold Urey

Harold Clayton Urey, nado o 29 de abril de 1893 en Walkerton (Indiana) e finado o 5 de xaneiro de 1981 no barrio de La Jolla (San Diego), foi un químico e profesor universitario estadounidense, pioneiro en traballar con isótopos co que gañou o Premio Nobel de Química en 1934 e máis tarde conduciuno a Teoría da Evolución Paleontolóxica.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Max Born

Max Born, nado en Wrocław (Polonia) o 11 de decembro de 1882 e finado en Göttingen (Alemaña) o 5 de xaneiro de 1970, foi un matemático e físico británico, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1954 pola súas investigacións en mecánica cuántica.

Xoán IX, papa

Xoán IX, nado en Tívoli e finado en Roma o 5 de xaneiro de 900, foi Papa da Igrexa católica de 898 a 900.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.