561

561
Calendario gregoriano561
DLXI
Ab urbe condita1314
Calendario armenio10
Calendario chinés3257 – 3258
Calendario hebreo4321 – 4322
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat616 – 617
 ·  Shaka Samvat483 – 484
 ·  Kali Yuga3662 – 3663
Calendario persa61 BP – 60 BP
Calendario musulmán63 BH – 62 BH
Calendario rúnico811
Década de 560
557 558 559 560 561 562 563 564 565

Acontecementos

Asia

  • Wu Cheng Di sucede a Xiao Zhao Di como soberano da dinastía Qi na China setentrional .

Europa

Oriente Próximo

  • Xustiniano e Cosroes I asinan un novo tratado, que fixa os límites do imperio bizantino e o persa. Xustiniano acepta pagar un tributo anual aos persas.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bandeira Azul

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía. A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, e a Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Boloña

Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romagna. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia.

Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un centro histórico ben conservado (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e as destrucións bélicas.

Boloña é un importante nó de comunicacións de estradas e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentarias. É sede de importantes institucións culturais, económicas e políticas.

Calo, Vimianzo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 374 habitantes (189 homes e 185 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 561 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 417 habitantes, sendo 206 homes e 211 mulleres.

Cariberto I

Cariberto I, nado c. 521 e finado en París en 567, foi rei de París de 561 a 567.

Clotario I

Clotario I foi o fillo menor de Clodoveo e Clotilde. Foi rei de Neustria (511-561), de Orleáns (532-561), de Borgoña, compartido co seu irmán Khildeberto (534-558), de Austrasia (555-561) e de París e de Borgoña (558-561).

Dinastía Merovinxia

Dinastía merovinxia, familia de estirpe xermánica que gobernou a actual Francia e parte de Alemaña entre os séculos V e VIII. Eran descendentes de Meroveo, xefe militar franco, fundador da dinastía. Clodoveo I (466 ? - 511) foi o primeiro monarca da dinastía.

Á súa morte o reino franco foi dividido entre os seus fillos, segundo o costume dos merovinxios. Outro monarca destacado da dinastía foi Dagoberto I (?- 639) que logo de moitos anos de división territorial, volveu unir os reinos francos baixo o seu goberno. Despois de Dagoberto I, o poder dos merovinxios foise disgregando e a medida que pasou o tempo, os Mordomos de palacio acabaron por seren os verdadeiros dirixentes do reino franco. Os mordomos de palacio Carlos Martel, e o seu fillo Pipino o Breve (fundador da dinastía carolinxia), acabaron co poder dos monarcas merovinxios e Pipino destronou ao último rei merovinxio, Khilderico III, para se proclamar rei dos francos. A dinastía merovinxia, foi substituída entón pola dinastía carolinxia.

Francos

Os francos aparecen nos inicios do primeiro milenio nas fontes latinas. O termo designa probabelmente unha liga ou confederación de pobos xermánicos instalados na ribeira dereita do Rin inferior, alén das fronteiras do Imperio Romano, e que non se sometían ao Imperio ou a outro pobo máis importante. O latín francus, franci tende a probar que se chamaban así posto que frank significa "libre" en lingua xermánica. Dado que a raíz frank non pertence á lingua xermánica primitiva, pénsase tamén que podería derivar de frei-rancken (libere vacantes) que significa viaxeiros libres.

Gontrán

Gontrán I, (545- 592), fillo de Clotario I. Rei de Borgoña e de Orleáns no ano 561, á morte do seu pai que divide o reino de Francia en catro partes.

Khilderico III

Khilderico III, nado cara o 714 e finado en 755, foi o último rei franco da dinastía Merovinxia. Foi ascendido ao trono de Austrasia e Neustria polo mordomo de palacio Pipino o Breve. No 751, Pipino quixo facerse co trono franco e destronouno enviándoo ao mosteiro de Saint Omer onde permaneceu ata os seus últimos días.

Khilperico I

Khilperico I, nado cara o 539 e finado no 584, foi rei de Neustria no 561 á morte do seu pai Clotario I, rei dos francos, o cal divide o reino entre os seus catro fillos.

Khilperico apodérase do tesouro de Soissons e ocupa París. Pero os seus irmáns obrígano a respectar a partición.

Repudia á súa primeira esposa, Audovera.

No 566, casa con Galswinta, filla do rei visigodo Atanaxildo e irmá de Brunequilda, esposa de Sixeberto I, o seu irmán, que herdara Austrasia.

No 567, Galswinta foi asasinada (esganada na súa cama). Sixiberto decide vingar á súa cuñada e é o comezo da guerra entre Neustria e Austrasia, que durará moito tempo. Foi continuada polos seus descendentes.

Casa con Fredegunda. E o mesmo ano, a morte de Cariberto I faille gañar o reino de París.

Batido polo seu irmán Sixeberto, debe o seu trono ao asasinato deste no ano 575.

No 584, foi morto durante unha cacería. O seu fillo Clotario II herda o reino á idade de catro meses, baixo a tutela da súa nai Fredegunda e a protección do seu tío Gontrán I, rei de Borgoña, que así recupera o reino de París.

Laraño, Santiago de Compostela

San Martiño de Laraño é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.180 habitantes (561 homes e 619 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.

Noalla, Sanxenxo

Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa, na práctica, unha poboación estable respecto ós últimos anos: en 2009 tiña 2.561 habitantes; en 2008, 2.533; e en 2000, 2.453.

Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó este coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa, distribuída en 17 entidades de poboación.

Paio I, papa

Paio I nado en Roma cara ao ano 500, e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 561, foi o papa n.º 60 da Igrexa católica dende o ano 556 ata súa morte.

Perbes, Miño

San Pedro de Perbes é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 622 habitantes (318 homes e 304 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 561 habitantes.

Nesta parroquia estaban soterrados o ex presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga e mais a súa muller, Carmen Estévez, que veraneaban no lugar.

Santa Eufemia, Córdoba

Santa Eufemia é un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. Atópase no Valle de los Pedroches, a 561 metros de altitude e a 101 km de Córdoba.

Tiña en 2015 unha poboación de 859 habitantes.

Sixeberto I de Austrasia

Sixeberto I, nado no ano 535 e finado en Vitry en decembro de 575, foi o primeiro rei de Austrasia, trala división do reino de Francia logo da morte de seu pai Clotario I no 561. A súa nai era Ingunda.

Século VI

século V < século VI > século VII

O século VI é o período de tempo dende o 501 ata o 600 da era cristiá.

Tabeirós, A Estrada

Santiago de Tabeirós é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 344 habitantes (194 mulleres e 150 homes), distribuídos en 13 entidades, o que supón unha diminución respecto do ano 1986 cando tiña 603 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 561 persoas.

Xogos Olímpicos de 1920

Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Antuerpen, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sufrimento inflixido ó pobo belga durante a I Guerra Mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2.561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.

Os Xogos de Antuerpen foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de waterpolo Victor Boin.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.