469

469
Calendario gregoriano469
CDLXIX
Ab urbe condita1222
Calendario armenioN/A
Calendario chinés3165 – 3166
Calendario hebreo4229 – 4230
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat524 – 525
 ·  Shaka Samvat391 – 392
 ·  Kali Yuga3570 – 3571
Calendario persa153 BP – 152 BP
Calendario musulmán158 BH – 157 BH
Calendario rúnico719
Década de 460
465 466 467 468 469 470 471 472 473

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Aeroporto de Logroño-Agoncillo

O Aeroporto de Logroño-Agoncillo é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Agoncillo, 14 km ao leste do centro urbano da cidade de Logroño.

As orixes do aeroporto remóntanse á base militar de Recajo, unha base aérea secundaria construída entre 1924 e 1928. Por entón, o campo de voos era de 1.000 metros de longo e 600 de ancho. O 5 de febreiro de 1932, cámbiase o seu nome polo de Aeródromo de Agoncillo. En 1946 ábrese ao tráfico aéreo civil, con todo, e ata data recente, o seu uso como tal foi bastante moderado, exceptuando as operacións do Aeroclub de Logroño.

En 1996, o Goberno da Rioxa decide impulsar a creación do aeroporto de Logroño. É o 21 de setembro de 1998 cando culminan eses esforzos, declarándose o aeroporto de Logroño-Agoncillo como "aeroporto de interese xeral" e poñendo en marcha os proxectos necesarios para a súa reforma, ata a súa inauguración en maio de 2003, logo dun investimento de 17 930 000 euros.

É un dos aeroportos españois con menor tráfico aéreo, xestionando en 2005 36.560 pasaxeiros e 3.061 operacións. En 2006 houbo 55.469 pasaxeiros, cun incremento con respecto ao ano anterior dun 41,7%, e as operacións foron 3.334, un 8% máis. En 2010, o aeroporto deu servizo a un total de 24.522 pasaxeiros debido á eliminación da ruta a Barcelona. En 2012, só houbo 19.263 pasaxeiros e 2.630 operacións.

Brexo, Cambre

San Paio de Brexo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 949 habitantes (480 homes e 469 mulleres), o que supón unha diminución en 10 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia ten 15 lugares.

Donas, Gondomar

Santa Baia de Donas é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.318 habitantes (666 mulleres e 652 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 1.469 habitantes, sendo 741 homes e 728 mulleres.

Década de 460

A década de 460 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 460 e remata o 31 de decembro de 469.

Fruiz

Fruiz é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 469 habitantes (2011).

Frumario

Frumario foi un xefe militar suevo que destronou a Remismundo ó pouco de se converter rei, en 459, e gobernou o sur do reino suevo, mentres Requimundo facíao no norte. Mantivo unha guerra civil contra Requimundo, morrendo os dous en 463, facendo de novo a Remismundo monarca de todo o Reino Suevo.

Hidacio

Hidacio coñecido en Portugal como Idácio de Chaves e tamén Hidácio ou Hidacio da Limia, nado no ano 390 e finado no 469, foi un cronista, eclesiástico e dirixente da Gallaecia do turbulento século V.

Lista de reis suevos

A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C., o entendemento cos máis dos numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano, consolidan finalmente un reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma "reis de Galicia".

Moeche

Moeche é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 1.226 habitantes (1.401 no 2010, 1.437 no 2006, 1.469 no 2005, 1.461 no 2004, 1.478 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é modestino.

Oslo

Oslo, chamada Christiania entre 1624 e 1878 e Kristiania entre 1878 e 1924, é a capital e a cidade máis habitada de Noruega, amais de ser o seu centro político, económico e cultural. Políticamente constitúe un concello e a vez unha das dezanove provincias do país. En 2018 a súa poboación era de 673 469 habitantes,​ un 12% da poboación total de Noruega, sendo a terceira cidade e área urbana máis poboada de Escandinavia, só superada por Copenhague e Estocolmo. O 25% da poboacíon da cidade está composta por inmigrantes.

A súa área metropolitana esténdese aos arredores da provincia de Akershus e ten unha poboación de 1 588 457 habitantes. A superficie total comprendida por Oslo é de 144 km², dos cales 115 km² son urbanos e 7 km² rurais. Os espazos abertos dentro da área urbana suman un total de 22 km². O centro de Oslo sitúase no final do Oslofjord, dende o cal a cidade se estende polas dúas beiras do fiorde.

Paradela, Meis

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Remismundo

Remismundo (finado no 469) foi un rei suevo de Gallaecia dende o 459 até a súa morte.

De acordo con Isidoro de Sevilla, Remismundo foi o fillo de Maldras. No 459, a pouco de chegar suceder ó seu pai, foi destronado por Frumario e tivo que batallar nunha guerra civil contra este e contra Requimundo, tornándose de novo rei no ano 463, trala morte dos seus contrincantes[Cómpre referencia]. Casou coa filla do rei visigodo Teodorico II. Converteuse ó arianismo no 465, e no 467, despois do asasinato de Teodorico polo seu irmán Eurico, mandou saquear Conímbriga. No ano 468, ocupou Lisboa. Coa súa morte en 469, iníciase un período escuro na historia dos Suevos, do que existen poucos datos.

San Martín de Ozcos

San Martín de Ozcos (en español San Martín de Oscos) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Eilao, ao sur con Grandas de Salime, ao leste con Pezós e ao oeste con Santalla de Ozcos e Vilanova de Ozcos. O concello cobre unha superficie de 67 km² e contaba cun total 469 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 7 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «samartiego».

Século V

século IV < século V > século VI

Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

400, Macrobio, vigairo de Hispania é multado polo seu uso fraudulento, sen causa xustificada, do cursus publicus.

400, I Concilio de Toledo.

411, establecemento dos Suevos na Gallaecia.

Invasións de pobos xermánicos en todo o Imperio romano de Occidente rematan por desface-la unidade política no 476.Personaxes destacadas

Atila o Huno.

Ricimer, magister militum do Imperio Romano Occidental (456-472).

Sócrates

Sócrates foi un célebre e controvertido filósofo grego que viviu en Atenas entre os anos 469 e 399 a.C.

Sócrates non deixou testemuños escritos, mais coñecemos as súas doutrinas principalmente por Platón (que ten a Sócrates como principal personaxe dos seus Diálogos) e Aristóteles, Xenofonte (militar ateniense que deixou información sobre Sócrates no escrito Memorables) e Aristófanes (escritor grego que ridiculiza a Sócrates na comedia As nubes).

Unión Demócrata Cristiá de Alemaña

A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional.

A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo.Angela Merkel é a actual líder da CDU, que goberna en Alemaña en coalición co Partido Socialdemócrata de Alemaña. O CDU ten 469.575 militantes (2013), 255 deputados no Bundestag (sobre 630) e goberna en solitario ou en coalición en 11 dos estados federais.

Viladesuso, Oia

San Miguel de Viladesuso é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE en 2013 tiña 469 habitantes (246 homes e 223 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 476 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.