3 de setembro

O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Fritz Pregl
Fritz Pregl.

Mortes

IvanTurgenev.jpeg
Iván Turguiéñef.

Outros

  • Santoral: San Gregorio Magno.

Os 366 días do ano

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

Carl David Anderson

Carl David Anderson, nado en Nova York o 3 de setembro de 1905 e finado en San Marino (California) o 11 de xaneiro de 1991, foi un físico estadounidense.

Fritz Pregl

Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.

Pío X, papa

Pio X, nado Giuseppe Melchor Sarto (Riese, 2 de xuño de 1835 — Roma, 20 de agosto de 1914).

Relixioso italiano, papa (1903 a 1914) e santo católico.

Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pobo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.

Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.

A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.

Ryoji Noyori

Ryoji Noyori (野依良治), nado o 3 de setembro de 1938 en Kōbe (神戸市, Kōbe-shi) (Xapón), é un químico xaponés gañador do premio Nobel de Química en 2001. Noyori compartiu a metade do premio con William Standish Knowles polo estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales; a segunda metade do premio foi para K. Barry Sharpless polo seu estudo das reaccións de oxigenación utilizando catalizadores quirales.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.