3 de agosto

O 3 de agosto é o 215º día do ano do calendario gregoriano e o 216º nos anos bisestos. Quedan 150 días para finalizar o ano.

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

James Wyatt
James Wyatt.

Mortes

Joseph Conrad
Joseph Conrad.

Festas e celebracións

  • En Nixer é o Día da Independencia

Outros

Os 366 días do ano

2008

2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.

Foi designado:

O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezará o 7 de febreiro, ate esa data seguiremos no ano do porco.

Ano Internacional das Linguas.

Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO.

Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONU.

Ano Europeo do Dialogo Intercultural.

Ano Internacional do Saneamento.

2 de agosto

O 2 de agosto é o 214º día do ano do calendario gregoriano e o 215º nos anos bisestos. Quedan 151 días para finalizar o ano.

4 de agosto

O 4 de agosto é o 216º día do ano do calendario gregoriano e o 217º nos anos bisestos. Quedan 149 días para finalizar o ano.

Alexandre III, papa

Rolando Bandinelli, nado en Siena e finado en Civita Castellana o 3 de agosto de 1181, foi Papa da Igrexa católica desde 1159 co nome de Alexandre III.

Biblioteca Apostólica Vaticana

A Biblioteca Apostólica Vaticana (en latín: Bibliotheca Apostolica Vaticana), máis comunmente coñecida como Biblioteca Vaticana ou simplemente como Vat, é a biblioteca da Santa Sé, situada na Cidade do Vaticano. Leva o nome de "apostólica", porque é unha institución que dende a súa fundación se considera a "Biblioteca do papa", xa que lle pertence directamente. É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e custodia unha moi importante colección de textos históricos. Ten arredor de 75 000 códices de tódalas épocas da historia, así como 1,1 millóns de libros impresos, que inclúen 8 500 incunables.

Fairyland

Fairyland é o single nº 36 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 3 de agosto do ano 2005.

Koichi Tanaka

Kōichi Tanaka (田中耕一), nado en Toyama o 3 de agosto de 1959, é un químico xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.

Liverpool

Liverpool é unha cidade inglesa de 439.476 habitantes, capital do distrito metropolitano homónimo e do condado metropolitano inglés do Merseyside. A cidade esténdese ao longo do esteiro do Mersey cara ao Mar de Irlanda non moi lonxe de Gales. Limita polo norte co concello metropolitano de Sefton, polo leste co de Knowsley, polo sur e oeste co devandito río. Foi fundada como vila en 1207 e tivo ese status até 1880, cando recibiu o título de cidade. Segundo o último censo oficial, que data de 2001, Liverpool tiña unha poboación de 439 473 habitantes; esta cifra aumenta lixeiramente até os 454 654 habitantes segundo estimacións para o ano 2009. A cidade atópase no centro da Área Metropolitana de Liverpool, cuxa poboación ascende a 816 216 habitantes.

Historicamente pertencente ó condado de Lancashire, a urbanización e expansión de Liverpool debeuse en gran parte á súa condición de cidade portuaria importante. No século XVIII, o comercio coas Indias Occidentais, coa Europa continental e o tráfico de escravos no Atlántico promoveu a expansión económica da cidade. A comezos do século XIX, o 40% do comercio marítimo mundial pasaba polos peiraos de Liverpool. No presente, é o segundo porto do Reino Unido en volume de exportacións tralo de Londres.

A popularidade de The Beatles (tamén salientaron outros grupos como por exemplo The Scaffold) e do equipo de fútbol Liverpool Football Club contribúen a converter a Liverpool nun destino turístico; o turismo xoga un papel significante na economía da cidade. En 2007 celebrou o seu 800.º aniversario, e no ano seguinte foi Capital Europea da Cultura xunto á cidade norueguesa de Stavanger.En 2004, varias zonas ó largo do centro da cidade foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Coñecido como a «Cidade mercantil marítima de Liverpool», o lugar abrangue seis localizacións separadas na cidade, incluíndo «Pier Head», «Albert Dock» e a «rúa William Brown»; inclúe a maioría dos puntos de interese con máis sona da cidade.

Richard Martin Willstätter

Richard Martin Willstätter, nado en Karlsruhe (Baden) o 13 de agosto de 1872 e finado en Muralto (Distrito de Locarno, Suíza), o 3 de agosto de 1942, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1915.

Xogos Olímpicos de 1980

Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Xogos Olímpicos de 1956|Melbourne 1956]], debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.

No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.

Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.