3 de abril

O 3 de abril é o 93º día do ano do calendario gregoriano e o 94º nos anos bisestos. Quedan 272 días para finalizar o ano.

<< Abril >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
2019
Todos os días
Fernando Alonso 2009 Australia
En 2005 Alonso gaña
o G.P. de Bahréin.
Henry4
Henrique IV de Inglaterra naceu o 3 de abril de 1367.
Marlon Brando 1948
Marlon Brando
naceu o 3 de abril de 1924.
Kiko veneno (2005)
Kiko Veneno
naceu o 3 de abril de 1952
.
Miguel bose
Miguel Bosé
naceu o 3 de abril de 1956.
PopeOnorioIV
Honorio IV,
finado o 3 de abril de 1287.
Jesse james portrait
Jesse James,
asasinado o 3/04/1982.
St Richard Chichester
Estatua a San Ricardo.

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

  • Santoral: Ricardo de Chichester, bispo.

Os 366 días do ano.

Notas

  1. Páxina oficial de Boca Juniors Arquivado 06 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
  2. Artigo no xornal ABC (en castelán).
  3. La web de los periodistas del Atleti Arquivado 08 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).
  4. Urtain agotó el AS..., artigo no xornal As (en castelán).
  5. La doctora Noelia de Mingo pasará hasta 25 años en un psiquiátrico, artigo no xornal ABC (en castelán).
  6. Centro Virtual Cervantes (en castelán).
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Persoeiros que cumpren anos o 3 de abril segundo IMDb (en inglés).
  8. "Carné de identidad" nun artigo do xornal El País (en castelán).
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Persoeiros falecidos en 3 de abril segundo IMDb (en inglés).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

2 de abril

O 2 de abril é o 92º día do ano do calendario gregoriano e o 93º nos anos bisestos. Quedan 273 días para finalizar o ano.

4 de abril

O 4 de abril é o 94º día do ano do calendario gregoriano e o 95º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

Condado de Gotland

O condado de Gotland (Sueco: Gotlands län) é a maior illa de Suecia e do mar Báltico. A illa está situada ó leste de Suecia e ó norte de Polonia. É tamén un condado de Suecia. A súa capital e maior cidade é Visby, que ten o redor de 23 600 habitantes. Visby é unha antiga cidade hanseática fundada no século X, ornada de muros e edificios practicamente intactos.

A principal fonte de ingresos da illa é o agro, xunto co procesamento de alimentos, o turismo, servizos de tecnoloxía da información o deseño e algunhas industrias pesadas como a fabricación de cemento a partir de pedra calcaria extraída localmente. Dende un punto de vista militar, a illa ocupa unha posición estratéxica no mar Báltico.

Honorio IV, papa

Giacomo Savelli baiso o nome de Honorio IV, nado en Roma cara o ano 1210 e finado o 3 de abril 1287, foi o papa n.º 190 da Igrexa católica de 1285 ata 1287.

Izquierda Republicana

Izquierda Republicana (IR) é un partido político español republicano de esquerdas formado o 3 de abril de 1934 pola unión da Acción Republicana, Acción Socialista, o sector esquerdista do Partido Republicano Radical Socialista e a Organización Republicana Gallega Autónoma.

Lingua inglesa

A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés. O inglés é a lingua oficial ou unha das linguas oficiais de case 60 estados soberanos. É a lingua máis falada no Reino Unido, nos Estados Unidos, no Canadá, en Australia, Irlanda e Nova Zelandia e está moi estendida nalgunhas áreas do Caribe, África e sur de Asia. É a terceira lingua nativa máis falada do mundo, despois do mandarín e do castelán. É tamén a segunda lingua máis aprendida e lingua oficial da Nacións Unidas, da Unión Europea, e de moitas outras organizacións mundiais e rexionais. É a lingua xermánica máis falada, representando polo menos o 70% dos falantes desta póla da familia indoeuropea.

O inglés desenvolveuse ó longo de máis de 1 400 anos. As formas máis antigas do inglés, unha serie de dialectos anglofrisios, chegaron a Gran Bretaña polos colonos anglosaxóns no século V, son chamadas inglés antigo. O inglés medio desenvolveuse no século XI coa conquista normanda de Inglaterra, nun período no que a lingua foi influída polo francés. O inglés moderno comezou a finais do século XV coa introdución da imprenta en Londres, a Biblia do Rei Xacobe e o comezo da Gran mudanza vocálica. A través da influencia mundial do Imperio Británico, o inglés moderno espallouse por todo o globo dende o século XVII até a metade do século XX. A través dos diversos medios impresos e electrónicos, así como o xurdimento dos Estados Unidos como superpotencia mundial, o inglés converteuse na lingua principal das relacións internacionais e a lingua franca en moitas rexións e en contextos profesionais como a ciencia, a navegación e a lei.O inglés moderno ten pouca flexión en comparanza con outras linguas, e susténtase moito en verbos auxiliares e na orde de palabras para a expresión de tempos complexos, aspectos e modo, así como de construcións pasivas, interrogativas e algunhas negacións. Malia as notables variacións dos acentos e dialectos do inglés empregados en diferentes rexións e países – en termos de fonética e fonoloxía, e ás veces en vocabulario, gramática e deletreo – os falantes de inglés en todo o mundo son quen de comunicarse cos outros con relativa facilidade.

Organización das Nacións Unidas

A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial.

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

Tropicos

Tropicos é unha base de datos de botánica que contén información taxonómica das plantas, principalmente da ecozona neotropical (América Central e América do Sur). É mantido polo Xardín Botánico de Missouri e foi estabelecido hai 25 anos. A base de datos contén imaxes e datos taxonómicos e bibliográficos de máis que 4,2 millóns de especies de plantas. Ademais, contén datos de 49.000 publicacións científicas. A base de datos pode ser consultada en inglés, francés, e español. Os rexistros máis antigos na base de datos son de 1703.

Wilhelm Ostwald

Friedrich Wilhelm Ostwald (letón: Vilhelms Ostvalds); nado en Riga (Imperio Ruso) o 2 de setembro de 1853, e finado en Grossbothen (Alemaña) o 3 de abril de 1932, foi un químico, profesor universitario e filósofo alemán, premio Nobel de Química en 1909.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.