379

379
Calendario gregoriano379
CCCLXXIX
Ab urbe condita1132
Calendario armenioN/A
Calendario chinés3075 – 3076
Calendario hebreo4139 – 4140
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat434 – 435
 ·  Shaka Samvat301 – 302
 ·  Kali Yuga3480 – 3481
Calendario persa243 BP – 242 BP
Calendario musulmán251 BH – 250 BH
Calendario rúnico629
Década de 370
375 376 377 378 379 380 381 382 383

Acontecementos

América

Asia

  • Ardashir II sobe ao trono sasánida, sucedendo a Sapor II (até 383).

Mundo Mediterráneo

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Abegondo, Abegondo

Santaia de Abegondo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 744 habitantes (365 homes e 379 mulleres) distribuídos en 24 entidades das cales están efectivamente poboadas 16, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 685 habitantes e ao ano 1999 cando tiña 588 habitantes.

Adina, Sanxenxo

Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 4.783 habitantes (2.404 mulleres e 2.379 homes), o que supón un lixeiro incremento respecto ó ano 2009, cando tiña 4.662 habitantes, e 2008, cando eran 4.667.

Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur co océano Atlántico aberto e a ría de Pontevedra, ó este coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.

Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.

Arlington, Texas

Arlington é unha cidade estadounidense do estado de Texas, dentro da área metropolitana Dallas–Fort Worth–Arlington e do Condado de Tarrant. Segundo o censo estimado de 2010, a cidade tiña unha poboación de case 379 577 a finais de 2013, sendo o terceiro maior concello da área metropolitana.

Cambeda, Vimianzo

San Xoán de Cambeda é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 335 habitantes (178 mulleres e 157 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 460 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 379 habitantes, sendo 180 homes e 199 mulleres.

Casaquistán

Casaquistán ou Kazhakhstán é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio.

É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².

Casaquistán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.

Cuns, Coristanco

San Vicenzo de Cuns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 243 habitantes, sendo 120 homes e 123 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 379 habitantes (192 mulleres e 187 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes.

Na parroquia existe unha lagoa que segue mantendo o seu encanto a pesar de que parte da súa contorna está nun estado de abandono.

Década de 370

A década de 370 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 370 e remata o 31 de decembro de 379.

Luzaide

Luzaide (en castelán: Valcarlos e oficialmente Luzaide/Valcarlos) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na bisbarra de Auñamendi e a 64 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 379 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 44,66 km² e a súa densidade de poboación é de 8,49 hab/km².

San Fiz de Monfero, Monfero

San Fiz de Monfero é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2017 tiña 726 habitantes (379 homes e 347 mulleres) distribuídos en 71 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.001 habitantes.

Século IV

século III < século IV > século V

Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.

Acontecementos relevantes

395, Teodosio o Grande divide o Imperio romano entre os seus fillos Honorio e Arcadio.

Nos últimos anos comeza a crise espiritual, social, económica e militar do Imperio Romano.Personaxes destacadas

Teodosio I, emperador romano.

Santo Agostiño de Hipona

Teodosio I

Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en 346 e finado o 17 de xaneiro de 395, foi emperador romano e emperador bizantino de 379 a 395. Era fillo de Teodosio o Vello.

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

I
 
II
 
III
 
Século IV
 
V
 
VI
 
VII
Década de 400
Década de 390
Década de 380
Década de 370
Década de 360
Década de 350
Década de 340
Década de 330
Década de 320
Década de 310
Década de 300

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.