356

356
Calendario gregoriano356
CCCLVI
Ab urbe condita1109
Calendario armenioN/A
Calendario chinés3052 – 3053
Calendario hebreo4116 – 4117
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat411 – 412
 ·  Shaka Samvat278 – 279
 ·  Kali Yuga3457 – 3458
Calendario persa266 BP – 265 BP
Calendario musulmán274 BH – 273 BH
Calendario rúnico606
Década de 350
352 353 354 355 356 357 358 359 360

Acontecementos

Asia

Europa

  • O césar Xuliano prosegue as campañas iniciadas no ano anterior contra os pobos xermánicos que ameazan as fronteiras romanas do Rin.
  • Constancio II confirma todas as inmunidades outorgadas á Igrexa cristiá desde 343. Paralelamente ordéase pechar os templos paganos e confiscar os seus bens.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

10 de xaneiro

O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 355 días para finalizar o ano, 356 nos anos bisestos.

9 de xaneiro

O 9 de xaneiro é o 9º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 356 días para finalizar o ano, 357 nos anos bisestos.

Alexandre o Grande

Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño 323 a.C. en Babilonia, foi rei de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.

Amoeiro

Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amoeirés».

Begonte, Begonte

San Pedro de Begonte é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 313 habitantes (147 homes e 166 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 356 habitantes, sendo 170 homes e 186 mulleres.

Cambeo, Coles

Santo Estevo de Cambeo é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 356 (168 homes e 188 mulleres), 18 máis ca en 2007 (164 homes e 174 mulleres) e 21 máis ca en 2000.

Carballido, Alfoz

San Sebastián de Carballido é unha parroquia do concello de Alfoz. En 2004 tiña 356 habitantes distribuídos en 17 entidades de poboación e un lugar, cunha densidade media de 43'7 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 142 homes e 148 mulleres.

Ten unha superficie de 8,14 km². Limita coas parroquias do Castro de Ouro, Adelán, Bacoi e cos concellos de Foz e Mondoñedo. Pertence ao arciprestado do Valadouro.

Dima

Dima é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 1.356 habitantes (2011).

Década de 350

A década de 350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 350 e remata o 31 de decembro de 359.

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Iria Flavia, Padrón

Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.

Pireneos

Os Pireneos (en aragonés: Perinés, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.

Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.

A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.

Porsche

Porsche AG é unha empresa alemá fabricante de automóbiles, especializada no sector dos coches deportivos. Fundada en 1931 polo enxeñeiro austrohúngaro Ferdinand Porsche e o seu fillo Ferry, a empresa ten a súa sede na cidade de Stuttgart.

En 1999 Ferdinand Porsche foi nomeado Enxeñeiro Automobilístico do Século XX a título póstumo.

Queixeiro, Monfero

San Xurxo de Queixeiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Monfero. Segundo o IGE en 2013 tiña 286 habitantes (138 homes e 148 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 356 habitantes.

Roo, Outes

San Xoán de Roo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 736 habitantes (356 homes e 370 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 907 habitantes.

Soutomaior

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Século IV

século III < século IV > século V

Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.

Acontecementos relevantes

395, Teodosio o Grande divide o Imperio romano entre os seus fillos Honorio e Arcadio.

Nos últimos anos comeza a crise espiritual, social, económica e militar do Imperio Romano.Personaxes destacadas

Teodosio I, emperador romano.

Santo Agostiño de Hipona

Torea, Muros

San Xián de Torea é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 356 habitantes (189 mulleres e 167 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 462 habitantes.

I
 
II
 
III
 
Século IV
 
V
 
VI
 
VII
Década de 400
Década de 390
Década de 380
Década de 370
Década de 360
Década de 350
Década de 340
Década de 330
Década de 320
Década de 310
Década de 300

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.