31 de xaneiro

O 31 de xaneiro é o 31º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 334 días para finalizar o ano, 335 nos anos bisestos.

<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Concepción Arenal
Concepción Arenal.
Manuel Amor Meilán 1933
Manuel Amor Meilán.

Mortes

John galsworthy
John Galsworthy.
Uio frisch 2006 0025
Ragnar Frisch.

Outros

  • Santoral: San Xoán Bosco.

Os 366 días do ano

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

Evolution

"Evolution" é o single nº 20 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 31 de xaneiro do ano 2001 baixo o selo avex trax. É o seu segundo single composto por ela mesma (baixo o nome de CREA) e vendeu máis de 500.000 copias na súa primeira semana no mercado, debutando na primeira posición da lista de ventas de Oricon. "Evolution" é o single de maiores ventas ata o lanzamento de "H” no ano 2002, vendendo máis de 950.000 copias (máis dun millón según o RIAJ). Sinalar que a canción que da nome o single foi utilizado nun comercial da marca KOSÉ onde saía a mesma Ayumi.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Irving Langmuir

Irving Langmuir, nado en Brooklyn (Nova York) o 31 de xaneiro de 1881 e finado en Woods Hole (Massachusetts) o 16 de agosto de 1957, foi un físico e químico estadounidense coñecido polo seu traballo en distintos campos da química e galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1932.

Manuel Amor Meilán

Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.

Nova Zelandia

Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.

Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fixi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés.

A xefa de Estado de Nova Zelandia é Isabel II do Reino Unido, como raíña de Nova Zelandia, e está representada por un gobernador xeral, mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo.

Rudolf Mößbauer

Rudolf Ludwig Mößbauer, nado en Múnic o 31 de xaneiro de 1929 e finado en Múnic o 14 de setembro de 2011, foi un físico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.

Theodore William Richards

Theodore William Richards, nado en Germantown, Pensilvania, (USA) o 31 de xaneiro de 1868 e finado en Cambridge, Massachusetts, (USA) o 2 de abril de 1928, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química de 1914.

Unión Africana

A Unión Africana (UA), foi creada en 2002 como sucesora da Organización para a Unidade Africana (OUA).

Baseada no modelo da Unión Europea (pero actualmente con poderes máis próximos ó da Commonwealth británica), axuda a promoción da democracia, dereitos humanos e desenvolvemento de África, especialmente o aumento dos investimentos estranxeiros no programa New Partnership for Africa's Development (NEPAD). O primeiro presidente da UA foi o surafricano Thabo Mbeki.

WikiTree

WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia. O 20 de xaneiro de 2017, a páxina WikiTree tiña uns 394 000 membros rexistrados e mantén arredor de 13 millóns de perfís de devanceiros. A revista GenealogyInTime clasificou WikiTree como a 15ª páxina máis popular sobre xenealoxía en xaneiro de 2016.

Xoán Bosco

Xoán Bosco, nado en I Becchi en 1815 e finado o 31 de xaneiro de 1888 en Valdocco, foi o fundador da orde dos salesianos. Corenta e seis anos despois do seu pasamento foi canonizado por Pío XI. A súa festa celébrase o 31 de xaneiro. Está considerado como patrón dos editores.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.