30 de xuño

O 30 de xuño é o 181º día do ano do calendario gregoriano e o 182º nos anos bisestos. Quedan 184 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

SusanHaywardinSmashUp
Susan Hayward.

Mortes

Edouard Manet 048
Henri Rochefort.

Festas e celebracións

  • Día Internacional dos Asteroides [1]

Festas cristiás

  • Na Igrexa Católica:
  • San Marcial
  • San Teobaldo de Provins
  • Primeiros Mártires da Igrexa de Roma
  • Nas Igrexas Ortodoxas
  • San Miguel de Atenas
  • Santo André Bogoliubski

Outros

Os 366 días do ano

29 de xuño

O 29 de xuño é o 180º día do ano do calendario gregoriano e o 181º nos anos bisestos. Quedan 185 días para finalizar o ano.

Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán».

Charlotte Hornets

Os Charlotte Hornets son un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. O propietario da franquía é Michael Jordan, quen adquiriu o equipo no ano 2010. Xogan os seus encontros coma locais no Spectrum Center, situado no centro da cidade de Charlotte.

Os Hornets foron creados en 1988 coma un equipo de expansión, pero na tempada 2001-02 trasladáronse a Nova Orleáns. En 2004 un novo equipo de expansión, os Charlotte Bobcats, foi creado. Tras 10 tempadas co nome de Bobcats, o equipo cambiou o seu nome a Charlotte Hornets para a tempada 2014-15, un ano despois de que a franquía de Nova Orleáns renunciara ó nome de Hornets e o cambiara polo de Pelicans. Ademais, a franquía de Charlotte recuperou a historia e os récords dos Hornets orixinais dos anos 1988-2002, converténdose así nunha continuación da franquía orixinal.

Czesław Miłosz

Czesław Miłosz, nado en Steiniai (Lituania) o 30 de xuño de 1911 e falecido en Cracovia o 14 de agosto de 2004, foi un escritor polaco. Premio Nobel de Literatura en 1980. A súa familia era orixinaría de Lituania, aínda que de lingua, tradición e cultura polaca. Durante toda a súa vida mantívose moi unido ao que consideraba o seu territorio histórico: o Gran Ducado de Lituania.

John William Strutt

John William Strutt, terceiro Barón de Rayleigh, nado en Langford Grove, Essex, o 12 de novembro de 1842 e finado en Witham, Essex, o 30 de xuño de 1919, foi un físico e profesor universitario británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1904.

Leandro de Saralegui Medina

Leandro de Saralegui Medina, nado en Tui o 30 de xuño de 1839 e finado en Ferrol o 6 de outubro de 1910, foi un militar naval e escritor galego en lingua castelá.

Metro-Goldwyn-Mayer

Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (ou simplemente MGM) é unha gran compañía, involucrada principalmente na produción e distribución de películas de cine e programas de televisión. Os seus principais subsidiarios foron MGM Studios Inc., United Artists Corporation e Orion Pictures Corporation (adquirida en 1997). Nunha importante operación mercantil, a empresa foi vendida a un grupo de compañías encabezadas por Sony Pictures Entertainment que é tamén propietaria de Columbia Pictures. MGM ten a súa sede en Beverly Hills dende o 22 de agosto de 2011. Antes desta data, MGM tiña a súa sede na MGM Tower de Century City, Os Ánxeles.O nome nace das tres compañías que formaron unha fusión corporativa para crear MGM Studios en 1924; Metro Picture Corporation (fundada en 1915), Goldwyn Pictures Corporation (fundada en 1923), e Louis B. Mayer Pictures (fundada en 1918). Louis B. Mayer converteuse no xefe do estudio e Irving Thalberg en xefe de produción. O seu lema é Ars Gratia Artis (arte pola arte mesma) e o seu emblema, creado en 1928, é un característico león.

Metro-Goldwyn-Mayer non está afiliado con MGM Mirage, MGM Distribution, MGM Resorts, MGM Grand Garden Arena nin con MGM Grand Las Vegas.

A empresa declarouse en bancarrota e botou o peche o 30 de xuño de 2010, tras non poder pagar unha débeda duns 3.500 millóns de dólares, o que significaba a fin dunha traxectoria de case 90 anos de existencia, éxito e filmes como Foise co vento (1939), Singin' in the Rain, 2001: A Space Odyssey, The Wizard of Oz (1939) ou Ben-Hur (1959). A MGM informou o 14 de xullo do 2010 que obtivo unha nova prórroga para pagar parte da débeda de 3.700 millóns. O 11 de novembro do 2010, Metro-Goldwyn-Mayer declárase en quebra, presentando a declaración de insolvencia ante un Tribunal de Manhattan. Baixo a protección da Lei de Quebras estadounidense, MGM poderá liberarse das súas deudas, que ascendían a preto de 4.000 millóns de dólares por JP Morgan.

Paul Berg

Paul Naim Berg, nado o 30 de xuño de 1926 en Brooklyn, Nova York (USA), é un bioquímico e profesor emérito da Universidade Stanford, galardonado co premio Nobel de Química de 1980.

Terceira división española 2012/13

A tempada 2012–13 da Terceira División de España foi a 79º edición deste torneo. Iniciouse o 26 de agosto de 2012 e finalizou o 30 de xuño de 2013 coas eliminatorias de promoción finais.

Xosé Pérez Ballesteros

Xosé Pérez Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e falecido na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, e investigador do folclore galego do rexurdimento, que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo, un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega, considerado como un dos precursores. A súa obra máis destacada foi a edición, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.