30 de decembro

O 30 de decembro é o 364º día do ano do calendario gregoriano e o 365º nos anos bisestos. Queda 1 día para finalizar o ano.

<< Decembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Os 366 días do ano

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Fiz I, papa

Fiz I, nado en Roma e finado o 30 de decembro de 274, foi Papa da igrexa católica de 269 a 274.

Gestor de Infraestructuras Ferroviarias

Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) foi un ente público español creado o 30 de decembro de 1996 pola Lei 13/1996 aprobándose o seu estatuto o 25 de abril de 1997 por Real Decreto 613/1997 e clasificado como entidade pública empresarial pola Lei 50/1998 o 30 de decembro de 1998.

Inocencio IX, papa

Giovanni Antonio Facchinetti, nado en Bolonia o 20 de xullo de 1519 e falecido en Roma o 30 de decembro de 1591. Baixo o nome de Inocencio IX (en latín Innocens IX, en italiano Innocenzo IX) foi o 230º papa da igrexa católica e apostólica romana durante 62 días do 29 de outubro ao 30 decembro de 1591.

Antigo xurista, procedente da universidade de Bolonia, despois diplomático, deixou diversos ensaios, un deles opoñéndose a Maquiavelo, Adversus Machiavellem.

En Roma, baixo o seu reinado, homes e mulleres de máis de 14 anos tiveron o dereito de voto.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Saddam Hussein

Saddām Hussein ʻAbd al-Majīd al-Tikrīt (صدام حسين عبد المجيد التكريتي), nado o 28 de abril de 1937 e finado o 30 de decembro de 2006, foi o presidente de Iraq entre 1979 e o seu derrocamento en 2003 por Estados Unidos como cabeza dunha coalición internacional.

Unión Soviética

A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Xaime Quessada

Xaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, nado en Ourense o 14 de xullo de 1937 e falecido en Vilar de Astrés o 30 de decembro de 2007, foi un pintor, escultor e escritor galego. É irmán do debuxante Fernando Quesada.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.