30 de abril

O 30 de abril é o 120º día do ano do calendario gregoriano (121º nos anos bisestos). Quedan 245 días para finalizar o ano.

<< Abril >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Carl Friedrich Gauss
Carl Friedrich Gauss.

Mortes

J. M. Lopez - Édouard Manet
Édouard Manet.

Festas e celebracións

  • Día internacional do Jazz

Outros

Os 366 días do ano

Amador Montenegro

Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e falecido en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.

Antonio Meijide Pardo

Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.

Harold Walter Kroto

Harold Walter Kroto ou Harold Krotoschiner, nado o 7 de outubro de 1939 en Wisbech, Inglaterra, e finado o 30 de abril de 2016, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

Natasha Vázquez Ruiz

Natasha Vázquez Ruiz, nada en Moscova o 30 de abril de 1967 é unha xornalista e cineasta cubana de orixe galega.Ten dirixido e producido diversos documentais, a maioría relacionados coa emigración galega a Cuba, cos que gañou numerosos premios, entre eles a Medalla Castelao.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.