29 de xullo

O 29 de xullo é o 210º día do ano do calendario gregoriano e o 211º nos anos bisestos. Quedan 155 días para finalizar o ano.

<< Xullo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Alexis de tocqueville
Alexis de Tocqueville.

Mortes

Robert Schumann 1839
Robert Schumann.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Santa Beatriz, Santa Serafina mártir, Santa Marta.

Os 366 días do ano

1900

1900 foi o último ano do século XIX e o primeiro da década de 1900.

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

1999

1999 foi Ano Santo Xacobeo.

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Benito Mussolini

Benito Mussolini, nado en Predappio o 29 de xullo de 1883 e fusilado en Dongo o 28 de abril de 1945, foi o primeiro ditador fascista de Europa. Acadou o poder en outubro de 1922, trala Marcha sobre Roma, e ocupou o cargo de primeiro ministro do Reino de Italia ata 1943, cando foi obrigado a entrega-lo poder. Fuxiu ó norte onde proclamou a República Social Italiana de Saló. Detido pola resistencia, morreu fusilado xunto coa súa amante, Clara Petacci.

Dorothy Crowfoot Hodgkin

Dorothy Crowfoot Hodgkin, nada no Cairo o 12 de maio de 1910 e finada en Ilmington o 29 de xullo de 1994, foi unha química británica. Recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía.

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Isidor Isaac Rabi

Isidor Isaac Rabi, nado en Rymanów en 1898 e finado en Nova York en 1988, foi un físico estadounidense de orixe austríaca. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1944.

Urbano II, papa

Urbano II (de nome Odón de Chantillon), nado en Lagery, Francia, no 1042 e finado en Roma, o 29 de xullo de 1099, foi un papa da Igrexa católica de 1088 a 1099.

É coñecido por predicar a primeira cruzada en Oriente Próximo, aínda que morreu antes da culminación desta coa toma de Xerusalén. Tamén estableceu a Curia romana na súa forma actual.

Urbano VIII, papa

Urbano VIII (Abril 1568 – 29 de xullo de 1644), nome Maffeo Barberini, foi Papa desde 1623 a 1644.

De nobre ascendencia florentina, era doutor en dereito, exercendo os cargos eclesiásticos de arcebispo de de Nazaret e de Spoleto, nuncio papal en Francia e cardeal.

Xogos Olímpicos de 1948

Os Xogos Olímpicos de 1948, coñecidos oficialmente como Xogos da XIV Olimpíada, foron realizados por segunda vez en Londres do 29 de xullo ó 14 de agosto daquel ano. Así como os Xogos Olímpicos de 1920 se realizaran en Antuerpen como homenaxe do Comité Olímpico Internacional ó sufrimento do pobo belga durante a I Guerra Mundial, Londres tivo a honra de celebrar os xogos por segunda vez en virtude do martirio que a cidade sufrira durante a guerra, especialmente cos bombardeos perpetrados pola forza aérea nazi durante o período de 1940-41, que devastaron a capital inglesa.

Despois de seis anos dun conflito con millóns de vítimas e un custo financeiro imposible de calcular, Europa, e polo tanto Gran Bretaña estaban arrasadas economicamente, o que tornou extremadamente ardua a tarefa de organizar os Xogos. De calquera modo, os organizadores conseguiron facer un evento digno, restaurando o famoso Estadio de Wembley para servir como palco central dos Xogos Olímpicos, que contou coa participación de 59 estados, coa presenza de 4.104 atletas, 370 deles mulleres, en 17 modalidades e foron abertos polo Rei Xurxo VI en persoa.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.